26.6.06

ISTO É EN PÉ

Como cada ano, este festival de danza fainos pasar uns días incribles en Santiago, e non so pola calidade das súas actuacións (Umeda, na imaxe, ¡que grande!) senón polas boas vibraciones que se perciben nos espectáculos.
Este ano puidemos ver unha gran presenza do teatro tanto a nivel de coreográfico como na profusión de diálogos.
xa comezou o vran, xa foi o en pé de pedra....
Ata o ano que ven.

15.6.06

Ainda que pareza mentira esta non é a p.páxina do MARCO pero é que non témo-la culpa de que os LUDD, vaian a actuar alí coa sua "obra_performance_concerto..." Census, o próximo sábado na clausura de Urbanitas.
Así que ás 20.00 hrs, e de balde, pódese voltar a disfrutar desta gran actuación.
Tamén estará neno escuro (foto superior) a quen vimos nas xornadas alg-as e de quen podo dicir que é moi moi moi moi recomendable.
haberá que ir... vamos, digo eu...

12.6.06

Performances das CHICKS ON SPEED


Durante os días 13, 14 e 15 (ou o que é o mesmo, mañá, pasado e o seguinte) as CHIKS ON SPEED farán unha serie de performance no MARCO de Vigo. A entrada é de balde e titúlase Musical Illustrations. Defínese coma un laboratorio-taller no que se experimentarán as conexións entre música, medios dixitais, analóxicos etc...
Toda esta experiencia está aberta ao público xa que o proceso creativo é en directo e ante unha audiencia.

http://www.chicksonspeed.com/

11.6.06

***AS NOITES PRUSIANAS***

Xa andamos coa redacción do # 9 do Despregable, o dicimos por se alguén que lexa este blog quere colaborar con nós i enviarnos algún tipo de expresión artística (provocada ou non pola inxestión de sustancias dopantes).
Hoxe queremos felicitar ao fanzine Barsowia que acadou o premio do público ao mellor fanzine no Saló do Comic de Barcelona, noraboa a tódo-los seus creadores.

___Sección de anuncios___
Ofrécese banda de tangos para tocar en bares, cafés ou pubs de boa ou mala morte, interesados contactar no: embaixadaprusiana@yahoo.es

Para rematar, desexarvos unha feliz semana e un BO NADAL....

8.6.06

SWITCH ON THE POWER! Ruído e políticas musicais


No Marco de VIGO "A exposición SWITCH ON THE POWER! reúne a unha serie de artistas procedentes do mundo da arte e da música que comparten estratexias performativas e estéticas. A través de pezas e documentos videográficos, esta mostra trata das interaccións surxidas entre estas disciplinas artísticas.
Dentro dos actos previstos nesta xornada inaugural, a partir das 22.00 ofrecerase un concerto aberto ao público na praza peonil posterior (rúa Progreso) con actuacións especiais de PAM HOGG, ANAT BEN-DAVID, CHICKS ON SPEED, e ALASKA & NACHO CANUT, artistas presentes na exposición, e que contará tamén coa participación do vigués RNST como Dj invitado.
"

1.6.06

GRAN DEBUT DE "TENDERETE"

...A EMBAIXADA PRUSIANA PRESENTA...
TENDERETE
a primeira banda de tangos de Vilagarcía que fará a súa presentación este SÁBADO día 3 de XUÑO no café VILLAURORA de VILAGARCÍA, na praia de Compostela.
O grupo TENDERETE presentouse no Despregable #8 e agora fan ó seu debut en directo, cos mellores tangos, da man do noso fanzine.
ESPERAMOSVOS ALÍ PARA ESCOITAR BOA MÚSICA Á LUZ DUN CANDIL