16.1.08

EXPOSICIÓN EN EXPOSALNÉS, CAMBADOS


HECTOR GUZMÁN
(Morelia Michoacán , México, 31/10/1968)
Fundador en 2000 en México D.F. do “Taller libre de fotografía RETINA”. Ademais de múltiples exposicións colectivas e individuais da obra fotográfica persoal en México e España. Na actualidade é membro da “Asociación Fotográfica O Potiños” e fotógrafo independente en O Carballiño, Ourense, España (Onde reside).

Apaisoado da fotografía , estudoso da técnica de laboratorio, investigou e experimentou con múltiples fórmulas e materiais fotosensibles. Considérase a si mesmo máis laboratorista que fotógrafo , creando imaxes incluso con caixas de avena ou de zapatos, papeis feitos a man e, seguindo vellas fórmulas, impresionando positivos coa luz do sol. Non renega da fotografía dixital, senón que a adopta como unha ferramenta máis, pola súa efectividade. Impartindo clases ou talleres sempre intentou compartir todo o seu coñecemento teórico e práctico, para facer máis accesible o camiño do alumno.
“Sempre procurei divertirme, gozar co que fago xa sexa un traballo por encargo ou un proxecto persoal, pois como me diría o meu profesor máis entrañable (Don José Conrado Rodríguez): “Traballo que che guste Héctor, non é traballo.”

12.1.08


o seguinte número do despregable, o 16, ven cargado de novidades e descubrimentos de todo tipo.
se queres participar aínda estás a tempo, envía os teus textos ou ponte en contacto con nós, en
embaixadaprusiana@yahoo.es.