22.6.09

flocos.tv

como comenzastes o verán 09? polo salnés empezou moi soleado, esperemos que as nubes que acaban de sair desaparezan deprisa!

fai uns meses atopamos esta páxina, flocos.tv que é coma un cineclube na rede, ao alcance de todos os que teñades internet.

Pódense ver pezas completas de animación, ficción, documental e incluso cine experimental.
cando teñades un rato botádelle un ollo porque paga a pena.
De feito recibiu o premio Mestre Mateo 2008 a mellor obra interactiva.



E o despregable nº 22 xa está en marcha. Supoñemos que xa tendes o 21 nas vosas mans, senón aínda o podedes atopar nas librerías e pubs da zona!

17.6.09

URTAIN de Animalario en Vilagarcía

[O PRÓXIMO VENRES 19 NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA]
Urtain fue España. España acabó con Urtain. Se suicidó.
La idea de Juan Cavestany viene de la posibilidad de hablar de una época de España salida del franquismo hasta el final de su famosa transición marcada por las Olimpiadas de Barcelona 92.
Y por otro lado:
La historia de un hombre pequeño, peleándose de verdad con el mundo, intentando saber quién es, intentando descubrir: «¿Qué he hecho yo para que todo lo que hago sea tan sucio?», como él mismo decía.
La metáfora del boxeador y la lucha por la vida es recurrente, pero en nuestro caso, nuestra España, fue real.
Urtain fue utilizado como símbolo, como marca. La del toro, la del coñac, la España con dos cojones, la España de raza que tanto gustaba a Franco. ¡Y encima era vasco!
Necesitábamos un símbolo que saliera de la pobreza y el catetismo a base de hostias… ¡y lo encontramos!
Los políticos y la prensa se ocuparon de auparlo y cuando estaba en lo más alto del trapecio lo dejaron solo y sin red. Finales de los 70, la transición. Cada cual arrima el ascua a su sardina.
Urtain ya no interesa. El alcohol, el olvido y la falta de recursos se ocupan del resto.
Es paradójico que, mientras el deporte español triunfa en las olimpiadas de Barcelona 92, Urtain se suicida. Siempre he pensado que todo el deporte, la competición, tiene algo de fascista, y en el caso de Urtain su «raza» tampoco le aseguro la pensión.
Andrés Lima (director)

10.6.09

RUSO NEGRO (DOMINGO EN VINILO)



Será o domingo 14 de Xuño ás 22:30h., 5 € de entrada. AFORO LIMITADO

VÍDEOS, FOTOS E DEMAIS INFO EN:
http://www.myspace.com/rusonegro

Ruso Negro é unha compañía galaico-italiana fundada por Ramón Orencio (ex lateral do Tambre Piel Santiago) e Simone Negrin (ex cociñeiro de Laura Pausini) para confundir música con humor.
Xa son moitos os que se riron deles en varias localidades de Galiza, en diversos festivais de Portugal, en distinguidos polígonos industriais de Castela e algún madrileño de vacacións en Baiona. Mofa e Befa, Quico Cadaval e Carlos Blanco son só algúns dos artistas que non pudieron evitar colaborar con Ruso Negro.

(INFO VÍA VINILO)

8.6.09

devino tesoro (D_#21)

Fai xa un ano coñecimos a dous dos autores do fanzine Devino Tesoro, na feira encontro do Proxecto Edición que coordinou o CGAC, Berto Fojo e Nati Umpiérrez. A feira estivo bastante ben, sobre todo por estes grandes descubrimentos, que lle fan a calquera a vida máis alegre. Atopalo é bastante complicado, se unha non se achega a eventos deste estilo, pero estade alerta, poida que a partires de agora o busquedes e o atopedes... todo é cuestión de desexalo con verdadeira convicción.


Despregable: ¿Cal é a característica que definiría ao Devino Tesoro?
Berto Fojo: Realmente non aporta nada novo. É un fanzine de debuxos. Para moitos iso é suficiente. Non temos pretensións nin coñecemos a verdade suprema. E gústanos facelo.

D.: Básicamente é un fanzine de debuxos e bocetos, ¿parécese en algo a un "caderno de artista"?
B.F.: O único sitio onde nos atreviamos a soltármonos algo a melena era nos nosos cadernos. Todo intento de sairmos de aí soía rematar en parálise. E como tampouco é que estiveramos todo o día a rañar na barriga necesitabamos reivindicarnos dalgunha maneira. O resultado foi gracioso, porque os nosos nomes acompañaban a algunhas imaxes das que nos avergoñabamos, auténticas merdas das que xa non podiamos renegar. Ese era o espíritu. Pero ó invitar a outra xente a participar a cousa foise refinando. É o normal. Non coñezo a case ninguén a quen lle guste que se descubran os seus puntos débiles. Veremos onde leva esta sofisticación.

D.: Participades sempre os mesmos colaboradores ou ides variando?
B.F.: Desde o primeiro número mantémonos Nati Umpiérrez, Carletti López Traviesa e mais eu (Berto Fojo), que somos os que o coordinamos. Meu primo Carliños e Pelucas creo que tamén salen desde o principio. E Jaime Olmedo tamén se colou nos dous. Para o próximo número xa temos cousas de Alberto Iglesias, Carlos Pistola Verde, Olmo, Sara García, Manu Griñón... Só xente á que coñezamos e que nos gusten as súas cousas.

D.: Tendes algunha forma de distribución organizada? Por onde o movedes?
B.F.: O máis organizado que chegamos a facer foi pasarlle algunhas copias a Manu Griñón para que nolas movera en Jerseys Para Los Monos, a súa distribuidora de fanzines. Todo o demáis é moi chacho. Casi todo o mundo acaba por levar unha copia gratis aínda que por dentro ardamos coa rabia por non nos atrever a cobrarlles tres miserables euros. Podo prometer e prometo que iso rematou. Estamos botando a andar un proxecto chamado Tronquis baixo o cal pretendemos organizar cun pouco máis de seriedade unha serie de edicións entre as cales se atopa o Devino.

D.: Que vos atrae do formato impreso, se (frente a internnneee) é o máis difícil de materializar e mover?
B.F.: O cheiro a fin do mundo das tintas e a indescriptible sensación que supón ter un árbol morto entre as mans.
O ritual de currar entre os tres a maqueta recortando e pegando é bastante caótico e divertido. Pero creo que iso tamén rematou. Agora vivimos en Madrid e as fotocopias son máis caras que o salchichón. É o momento de pasármonos á maqueta dixitrónica.

D.: Coñecémosvos na feira-encontro do Proxecto-Edición, que tivo lugar en Pontevedra fai un ano, ¿cómo crees que funcionaría unha feira deste tipo se se realizase anualmente en Galicia?
B.F.: Non sei como funcionaría. O meirande problema que vexo en Galicia é toda esa xente que xestiona a cultural sen ter nin puta idea, sen ningún tipo de sensibilidade cara o artístico. Acaba por convertilo todo en simulacros insulsos. O que tocan transfórmano todo en basura, cos seus folletiños e as súas merdas.
¡Buf! Emociónome só de pensar en que un evento así se consolidase. Sería precioso. Imaxino un recinto cheo hasta o teito de fanzines estranos, de borralla, repleto de xente que confía no soporte autoeditado, chorando todos de emoción sen crer o que están a vivir. Oxalá Deus lea esta entrevista.

D.: Está nalgún punto o nome do fanzine relacionado coa bebida alcohólica?
B.F.: Como non sexa que ámbalas cousas dan puto asco...
Transcribo o fragmento da entrevista radiofónica con Cañita Brava que nos iluminou:
-"Nos encontramos en los estudios de locución con Cañita Brava, una de las figuras que vienen este año a las fiestas de San Mamés. Hola, Cañita. ¿Qué tal?"
-"Sí. En el pueblo de Santandé. Se llama el pueblooo... es un pueblooo... muyyy... muy bonito. Por devino te... ¡Devino Tesoro! Este pueblooo... ¡Devino Tesoro!"
Velaí toda a verdade.
D.: Traballades como copyleft o copyrright!? é dicir...
B.F.: É algo que, sinceramente, nunca nos chegamos a plantexar. Os nosos colaboradores tampouco esixiron nunca nada ó respecto. supoño que se confía en que a estes niveles ninguén cha dea. Aínda que hai moito boitre ó axexo. De feito vou anunciar algo: a xente pode facer o que lle saia do espiritu co fanzine, pero como vexamos a alguén sacando euros o facendo o listo coas imaxes, ímoslle meter un trallazo que lle van sair os dentes polo naris. De tódolos xeitos, é difícl lucrarse cos contidos do zine.

D.: O fanzine é autosuficiente ou tendes que recurrir a outras “fontes de ingreso?
B.F.: De autosuficiente nada. E menos vendendo un fanzine de 130 páxinas a 3 euros. E se regalas ou rebaixas o precio da metade da tirada, nin che conto. Fomos bastante pailáns ata o de agora e perdéronse bastantes cartos. Como non estamos para tiralos trataremos de ser máis estrictos coas contas. Ademáis, a aqueles que realmente valoran este tipo de iniciativas non lles importa pagar 3, 4 ou 5 euros. É un intercambio no que ámbalas partes quedan satisfeitas. Diso se trata: nin foder nin que che fodan. E todos contentos. Regalar é de prepotentes.

D.: ¿Para cando un novo número?
B.F.: Está no forno. Non adianto datas, pero tentaremos que o poidas levar á praia.


E nós o levaremos na bolsa, xunto co SPF 50 PLUS e as palas para xogar.
texto: Cristina
(artigo do fanzine despregable #21)

5.6.09

venres-sábado-domenica

(Por fin chega a fin)
Esta noite na igrexa de San Bieito de Fefiñáns, actuará
Mateo Arnáiz dentro da programación de Espazos Sonoros.
En Santiago terá lugar o Festival Vibracional TPS, con improvisacións durante toda a fin de semana.




hoxe é o día internacional do medio ambiente. a película documental Home dirixida polo fotógrafo Yann Arthus-Bertrand e producida por Luc Besson estrearase en tódo os medios para concienciar e animar a xente a aportar o seu gran de area na conservación do planeta.

(por suposto, tamén se estrea Terminator Salvation)

4.6.09

liba colectivo

a fin de semana pasada, coñecimos no Serralves en Festa de Porto ó colectivo liba.

3.6.09

o despregable en washington d.c.


saludos dende Galicia a Washington para a periodista Elvira Palomo quen nos envía esta foto!
ao despregable sempre lle gustou viaxar.