Representacións dos centros de arte galego, comunidades como alg-a, colectivos como sinsal etc...
29.10.06
PROXECTO-EDICIÓN, PONTEVEDRA
Representacións dos centros de arte galego, comunidades como alg-a, colectivos como sinsal etc...
24.10.06
Banda Deseñada do Despregable #10
Aquí tendes a banda deseñada que acompañou ao último Despregable publicado que ainda está nas librerías.
É obra de Dani Abella, un rapaz madrileño colaborador da Embaixada Prusiana.
O apartado de banda deseñada do fanzine tivo colaboradores ata agora, galegos como Ginola, Roi Fernández ou Nuria Díaz.
Se alguén ten interese en publicar algún comic pode escribirnos a embaixadaprusiana@yahoo.es e tentaremos publicalo.
No próximo número viñetas de Xaime Asensi...
18.10.06
CHARLA-OBRADOIRO DE LINUX E SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA
ESTA É A INFORMACIÓN QUE NOS CHEGOU HOXE SOBRE UN OBRADOIRO A CERCA DE LINUX E DO SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA DENTRO DE DOUS FINS DE SEMANA:
"Con esta Charla-Obradoiro o que queremos é reflexionar sobre a importancia de contar con software na propia lingua para avanzar no proceso de normalización, nomeadamente entre a mocidade e no eido socioeconómico (...) Falará Roberto Brenlla, economista pola USC e socio fundador e presidente de AGNIX ata xullo de 2006 (...) Na charla obradoiro ofreceremos aos asistentes un cd co GNIX e outro OpenOffice.org en galego, ademáis de diverso material."
16.10.06
PROGRAMA // MARTES // CERTAME AUDIOVISUAL // VILAGARCÍA
15.10.06
xxxIv certame audiovisual 2006 Vilagarcía de Arousa
Fai unha semana que deu comezo este certame xa coñecido en tódo-los circuitos de creadores audiovisuais, a lo menos, de España. Con importantes premios e cada ano, máis participantes.
Moitas veces pasamos por alto os eventos que están tendo lugar ao noso redor e non disfrutamos deles. Estaría ben apoiar este certame coa presencia de todos, xa que seguro que nos vai gustar e porque ademáis, porque da moita mágoa sair un domingo e atopar árbores recén prantadas rotas e tiradas polo chan. Isto so demostra que o noso nivel cultural sigue tendendo á baixa.
Para a semana que ven temos os seguintes eventos relacionados co certame:
10.10.06
HAIKU INICIA A SÚA XIRA
"Ante la necesidad de definirse con etiquetas que a casi todos/as incomodan, HAIKU se sitúa, por propia iniciativa, como una banda de rock. Una banda que se queda con lo esencial del metal o el hardcore y avanza hacia un estilo propio permitiéndose el lujo de llegar a todos/as sin que nadie pierda su identidad."
Para atopar máis información sobre este grupo pincha na imaxe. O próximo concerto é xa! mañá en Ordes.
-11 Octubre: Festival Desordes (Ordes). 15-12€. 20:00 h.Haiku, Boikot, Konflikto, Zenzar y Kastomá.
Para ver as demáis datas pincha aquí
5.10.06
XVIII XORNADAS DE BANDA DESEÑADA EN OURENSE
«Ainda non está pechado de todo o programa, pero de momento temos confirmadas exposicións dos autores Albert Monteys, Manel Fontdevila, Alberto Vázqez (creador do cartel deste ano) e Miguel Porto do colectivo Polaqia, dos gañadores do Injuve e dos gañadores do concurso Galiza Crea. Estase a estudar a posibilidade de que o Lab·ou fixese un experimento colectivo con todos os autores que estivesen pola cidade. De momento non podemos adiantar moito máis deste tema. Manterémosvos informados das últimas novidades a través deste blog.» Lab·Ou é un novo espacio na rede que tendes que visitar, o link está ahí... á dereita!! Afirman que a maioría das actividades serán esta fin de semana.
2.10.06
JAZZ LIVE!!
"Na miña casa soa jazz... dende que o despregable nº10 chegou por correo co seu rejaliño"
A verdade é que non chegan a nosa "redacción" historias tan profundas coma esta tódo-los días!
Un gran cd, todo hai que dicilo, e dobre! gracias ao seminario pola súas colaboracións, entre todos estamos metendo jazz e despregables en moitas outras casas!