Mostrando entradas con la etiqueta newz medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta newz medio ambiente. Mostrar todas las entradas

5.6.09

venres-sábado-domenica

(Por fin chega a fin)
Esta noite na igrexa de San Bieito de Fefiñáns, actuará
Mateo Arnáiz dentro da programación de Espazos Sonoros.
En Santiago terá lugar o Festival Vibracional TPS, con improvisacións durante toda a fin de semana.




hoxe é o día internacional do medio ambiente. a película documental Home dirixida polo fotógrafo Yann Arthus-Bertrand e producida por Luc Besson estrearase en tódo os medios para concienciar e animar a xente a aportar o seu gran de area na conservación do planeta.

(por suposto, tamén se estrea Terminator Salvation)

3.5.08

SALVEMOS A PANIFICADORA DE VIGO!!

dEnde Vigo chéganos esta chamada:
"Estamos recadando sinaturas para salvar a panificadora de Vigo do derrubo, por favor, facede publicidade da web de recollida de sinaturas a fin de evitar que a especulación remate con este belo edificio. Moitas grazas"

23.1.07

EXCURSIÓN MEDIO AMBIENTAL POR CAMBADOS

Chéganos outra nova refernte ao cuidado do medio ambiente, esta vez dende Cambados:


POLONOSO estase centrando na realización dun arquivo que reflexe a situación medioambiental do concello, con fichas para identificar os puntos críticos de contaminación, imaxes, videos e información.
Para isto, entre outras cousas, realizaremos unha excursión por diferentes zonas do concello para ir recopilando esta información, ademáis de pasar un día agradable, facendo deporte á vez que tomamos contacto coa natureza e coñecemos a súa problemática, tomaremos nota e ficharemos os vertedeiros incontrolados, os verquidos e as construccións que afean e perxudican as zonas naturais a través de fotografías, videos, anotacións...
(En caso de que chova, trasladarase a data para outro día. Esta vai ser a primeira de moitas saídas que nos fagan coñecer e concienciar a todos sobre a realidade medioambiental de Cambados.)

22.1.07

ACTO DE INFORMACIÓN SOBRE O VOLUNTARIADO NOS MONTES



Dende o departamento de Xuventude de Vilagarcía chéganos esta nova:
"A Concellería de xuventude e a asociación Adega levarán a cabo o vindeiro 27 de xaneiro ás 10.45 h. unha xornada de presentación do traballo do voluntariado en defensa do monte en Vilagarcía de Arousa.
Ás 12.00 h farase un percorrido polas principais zonas afectadas.
Prégase confirmación da asistencia no teléfno da Concellería de Xuventude: 986 099200 Extensión 211"