ao fin! o despregable xa está na imprenta dende onte a mañá!! xa podo adiantar contidos, e esta vez hainos de todas as cores e estilos. The Homens como grupo musical Fuck Comics como opción comiquera Pedro Vila Táboas como valor cinematográfico Conversaciones con Mr. Rocks como rincón filosófico Arco como crónica dunha viaxe Kike Benlloch como tira de banda deseñada Karlos Abal como imaxe a inquedar e por suposto... un dossier co "mellor" do 2006! próximamente nas librerías e demáis antros A PRESENTACIÓN O SÁBADO E O DOMINGO! O SÁBADO NO RIF DE CAMBADOS E O DOMINGO NO CONTINENTAL DA MESMA VILA SAUDOS PRUSIÁNS
Será na Casa da Cultura de Vilagarcía o venres 16 de febreiro ás 21.15 horas.
Artista convidados: The Syndicate(Cuarteto de Jazz) Moncho Nuñez e Karlos Abal (Cantautores) . Ledicia Costas (Escritora) Nuria Diaz (Montaxe Audiovisual)
NO AUDITORIO DA CASA DO CONCELLO DE VIGO (PRAZA DO REI S/N) SESIÓNS AS 20:30 Unha selección de filmes que falan das fronteiras e dos límites xeográficos, históricos, reais ou imaxinarios; historias relacionadas cos problemas de identidade, coa integración ou marxinación social, cos conflitos fronteirizos, co nomadismo, co territorio individual e social, e os seus arredores.
PROGRAMA: luns 5 febreiro Camping à la Ferme, de Jean-Pierre Sinapi / Francia, 2005, 92’ cor- V.O.S.C. luns 12 febreiro Nomadak Tx, de Raúl de la Fuente / España, 2005, 87’ cor-V.O.S.C. luns 19 febreiro Todos nos chamamos Alí [Angst Essen Seele Auf], de R. W. Fassbinder / Alemaña, 1973, 93’ cor-V.O.S.C. luns 26 febreiro A última lúa [La última luna], de Miguel Littin / Chile, 2005, 105’ cor-V.O.S.C.
Somos unha asociación cultural do salnés formada no 2005.
Editamos o fanzine Despregable, unha publicación independente composta de entrevistas, reportaxes, crónicas... todas elas relacionadas co mundo da arte e da música.
Intentamos comprender e coñecer mellor o panorama cultural galego i en concreto do salnés, e sobre todo disfrutalo.