7.8.06
31.7.06
---O MARISQUIÑO---Oh! CAMARÓN---
27.7.06
SEGUNDA FEIRA DO DISCO
ONTE COMEZOU NO VINILO A SEGUNDA FEIRA DO DISCO COA PRESENZA, ENTRE OUTROS, DO DESPREGABLE E DO SELO DE JAZZ FREE CODE RECORDS NO MESMO STAND.25.7.06
M3STURAS E O SON
Foi unha noite longa pero valeu a pena a espera. Non se pode dicir que non houbera variedade de estilos, públicos e tendencias á hora de subirse ao escenario, o cal xa é bon dabondo por si mesmo.
O tango máis canalla con Tenderete, o "panki" de Peinados Rebeldes, a lúdica frescura "electro-pop" de 6 p.m. , a experiencia de Airas e as boas dosis de rap de Nueva Radio F.M.
Polo momento non nos guía a experiencia
así que os asistentes teredes que perdoar a desorbitada tardanza no comezo dos concertos.
O venres que ven (28) nova sesión audiovisual no auditorio de Cambados,
as 21 hrs.
deicantón
12.7.06
6.7.06
y no más. y no más.
un gran concerto "non todo o mundo pode levar eses mini pantalóns"esperamos outra visita pronto ou perto locococuraaaaaaaahh
Aproveitamos para contarvos algo que non ten nada que ver con COCOROSIE (neste post nada ten que ver con nada...); é a creación dun Centro Coreográfico Galego en Coruña....
que será será?? whatever will be will be??
uxi profesora!!!
5.7.06
4.7.06
EXPECTANTES ANTE A APARICIÓN
3.7.06
M3STURA2 (II PARTE)
26.6.06
ISTO É EN PÉ
Como cada ano, este festival de danza fainos pasar uns días incribles en Santiago, e non so pola calidade das súas actuacións (Umeda, na imaxe, ¡que grande!) senón polas boas vibraciones que se perciben nos espectáculos.15.6.06
Ainda que pareza mentira esta non é a p.páxina do MARCO pero é que non témo-la culpa de que os LUDD, vaian a actuar alí coa sua "obra_performance_concerto..." Census, o próximo sábado na clausura de Urbanitas.
12.6.06
Performances das CHICKS ON SPEED

Durante os días 13, 14 e 15 (ou o que é o mesmo, mañá, pasado e o seguinte) as CHIKS ON SPEED farán unha serie de performance no MARCO de Vigo. A entrada é de balde e titúlase Musical Illustrations. Defínese coma un laboratorio-taller no que se experimentarán as conexións entre música, medios dixitais, analóxicos etc...
Toda esta experiencia está aberta ao público xa que o proceso creativo é en directo e ante unha audiencia.
http://www.chicksonspeed.com/
11.6.06
***AS NOITES PRUSIANAS***
Xa andamos coa redacción do # 9 do Despregable, o dicimos por se alguén que lexa este blog quere colaborar con nós i enviarnos algún tipo de expresión artística (provocada ou non pola inxestión de sustancias dopantes).Hoxe queremos felicitar ao fanzine Barsowia que acadou o premio do público ao mellor fanzine no Saló do Comic de Barcelona, noraboa a tódo-los seus creadores.
8.6.06
SWITCH ON THE POWER! Ruído e políticas musicais

Dentro dos actos previstos nesta xornada inaugural, a partir das 22.00 ofrecerase un concerto aberto ao público na praza peonil posterior (rúa Progreso) con actuacións especiais de PAM HOGG, ANAT BEN-DAVID, CHICKS ON SPEED, e ALASKA & NACHO CANUT, artistas presentes na exposición, e que contará tamén coa participación do vigués RNST como Dj invitado."
1.6.06
GRAN DEBUT DE "TENDERETE"
...A EMBAIXADA PRUSIANA PRESENTA...TENDERETE
a primeira banda de tangos de Vilagarcía que fará a súa presentación este SÁBADO día 3 de XUÑO no café VILLAURORA de VILAGARCÍA, na praia de Compostela.
O grupo TENDERETE presentouse no Despregable #8 e agora fan ó seu debut en directo, cos mellores tangos, da man do noso fanzine.
ESPERAMOSVOS ALÍ PARA ESCOITAR BOA MÚSICA Á LUZ DUN CANDIL
28.5.06
¡¡SOMOS POCOS, PERO AÚN QUEDAMOS!!
Onte celebrouse o Silleda Rock, e como podedes ver o Despregable estivo alí acosando aos grupos co obxectivo fotográfico do embaixador Gonzalo Salgado, e preguntas varias.Ainda que "siempre hay alguien que te amarga la existencia" (ou pretende facelo) poñendo dificultades á Embaixada nas súas actividades culturais, outros como Cesar Strawberry ou José Manuel Corredoira(organizador do Silleda Rock) poden dispoñer duns momentos para escoitarnos e apoiarnos... e realmente, esa é a xente que nos importa que nos escoite...
Soziedad Alkohólica, SUTAGAR, Banda Bassotti e os 6 dementes contra o mundo, DEF CON DOS, tocaron ata máis das 4,30 da madrugada e deron moito que botar... esperamos que haxa un II Silleda Rock.
...No número 9 do Despregable, entrevista a César Strawberry...
27.5.06
GRRRANDE DIVINAAAA
23.5.06
15.5.06
9.5.06
DESPREGABLE #8
enma ríos fai comics
the phantom keys fan música, como tenderete, pero doutro estilo
liken fai deseños nas rúas
santiago ximenez tamén deseña pero en outro estilo
mpstk foron a triunfar a londón
a transmediale foi en berlín e irma estivo alí para contárnolo
...(moitos artigos máis)...
___e na portada___
paco charlín que presenta o seu selo discográfico.
(todo local, localmente galego)
se os queredes coñecer máis a fondo estarán nas novas follas-mate do Despregable, a finais desta semana
¿alguén da máis? eh???
(e para os socios un agasallo...)
6.5.06
:::::::::::::::FESTIVAL DO NORTE:::::::::::::::
ainda faltan dúas semanas para que dea comezo o festival do norte, pero imos quentando motores porque este ano ven cargadiño de bos grupos. o fin de semana do 26 e 27 de maio Placebo, The Divine Comedy, Atom Rhumba e por suposto Meu...¿teremos que levarlle ovos a santa clara?
¿facer algún sacrificio para que saia o sol?
esperemos que desta vez o tempo acompañe.
::::::Festival do Norte::::::
28.4.06
¨¨DJ´S E ARTE DIXITAL EN PONTEVEDRA¨¨

Unha festa do máis prometedora terá lugar o domingo as 22.oo h na ponte do Burgo de Pontevedra. Non só será algo innovador para a cidade, senón que semella que ao fin a administración deixou en mans de xente xoven a organización deste pequeno evento e por fin aparece ante todos nós outra opción moi alonxada dos típicos concertos dos gañadores de O.T.
A programación é completa mesturando música electrónica e arte:
O colectivo LUDD pinchará imaxe e son ata as 00.00 h.
Dj´s José González "malaguita" e Lady B. a continuación.
O colectivo LUDD tamén fará performances con traxes táctiles no cubo xigante de proxeccións colocado preto da ponte na rúa Uruguay.
(((bonito cartel deseñado por Roi Fernández a quen todo-los prusiáns xa coñecedes do número 6)))
26.4.06
////CAMPUS ROCK ' 06////
Este xoves (mañá) celebrarase unha nova edición doCampus Rock no Campus de Elviña da Coruña.
O programa é realmente apetitoso, e non so pola "churrascada repoñedora" do mediodía, senón polos grupos que tocarán durante todo o día, dende o mellorciño do panorama musical coruñés, con Pech Blenda, Meu e Triángulo de amor Bizarro, cerrando o grupo madrileño Spam, ata os dj´s que amenizarán a espera entre concerto e concerto.
Todo isto pola módica cifra de 0 euros.
Organizan Pulso e a U. Coruña.
25.4.06
XA SE LLE VE A PORTADA....
Ata entón, seguimos explorando...
19.4.06
*FESTA DO FANZINE MUNDO VERMELLO EN VILAGARCÍA*
3w.mundovermello.tk
17.4.06
9.4.06
Valle co Despregable!!

Os paparazzi cacharon onte a tarde na zona vella de Pontevedra ao escritor Valle-Inclán paseando co Despregable. Esta foto, captada polos teleobxectivos dos reporteiros gráficos da prensa rosa, fai pública a relación deste insigne literato co famoso fanzine que xa saira na prensa por outros escándalos varios.
4.4.06
A voltA en VilAgArcíA
o díA 7 de Abril
As 21.00 hrs
coAs ActuAcións musicAis de:
Benito MALAsAngre
e
ÁlvAro Gómez
e por suposto o recitAl de
JuAn CArbAllo
nA presentAción do seu libro
NA miñA fiestrA
e outros poemAs de AndAr polA cAsA
28.3.06
"MACRO LIMPADÓN" EN CAMBADOS
Iria Ribadomar nos contou en que vai consistir esta actividade:"Se trata de una recojida de basura por el litoral de Cambados. Pensamos que se podían hacer cuatro grupos y distribuirse en los puntos más críticos: la parte de atrás de Tragove, el muíño da seca, el muelle de Cambados, y el muelle de Santomé con la torre.Después, queríamos aprovechar parte de lo que se recoja para hacer esculturas y cosas así.
El Macro-limpadón es a las cuatro de la tarde en el Half al lado de la casa del mar."
Unha gran oportunidade para facernos un gran favor.
18.3.06
DESPREGABLE #7
16.3.06
volta ás rías galegas en verso
12.3.06
23.2.06
Mostra "PERIFERIAS en Pontevedra
O DESPREGABLE NAS ONDAS

13.2.06
:::::::::··"""CENSUS"""·· ::::::::::
O martes que ven, o 21 de febreiro as 21.30 hrs, se representará na Sala Nasa de Santiago a obra Census. 26.1.06
FESTA PRESENTACIÓN DESPREGABLE #6

CC .... Para esta festa contaremos coa actuación do VMJ Trío, que amenizarán a velada do VENRES 27, no Café Continental de Cambados, onde esperamos atoparvos a partir das 23.00 h da noite.
Outro ano máis queremos dinamizar a oferta cultural do Salnés, desta volta tocou en Cambados, pero se queredes que algún día presentemos o fanzine na vosa vila avisádenos, deste xeito faremos chegar esta iniciativa a tódo-los rincóns da comarca. Deica o venres.... CC
24.1.06
DESPREGABLE #6

¬··Dende o Despregable saudamos ao 2mil6 cunha gran cantidade de contidos, máis dos habituais. Hainos de todo tipo, cine, arte, música, propostas innovadoras... e case todos galegos, o que xa ven sendo sinónimo de "calidade" ¿ou non recordades aquel famoso spot publicitario?
A partir de xa! o podedes atopar en:
¬Vilagarcía: Librerías O rincón do Lector, Limiar ou Pampín.
¬Cambados: Rif Rock pub, A Leria, Café Continental, Café Tetuán, Pub a Cloaca...
¬Santiago: Pub Tupper Ware, A Reixa...
¬Pontevedra: Librería Paz...
... e pronto o distribuiremos en máis puntos ...
**************AtA A festA*************
3.1.06
anuario DESPREGABLE 05
Para recibi-lo noso fanzine so tendes que poñervos en contacto connosco na dirección embaixadaprusiana@yahoo.es. De seguido vos contestaremos para que podades recibi-lo Despregable nas vosas casas, cos seus regalos incluídos.Vos amosamos a imaxe da portada do anuario que editamos o pasado Decembro, celebrando un ano de fanzine e con un resumo de tódo-los números e de todas-las actividades da embaixada.
En breve o # 6 con interesantes reportaxes
15.12.05
EMBAIXADA AUDIOVISUAL 05

EMBAIXADA AUDIOVISUAL 05
12.11.05
e no interior ... o nº 5!!
Este número 5 ven cerrar o primeiro ano de actividades da Embaixada, a pintura de Fernando Arenaz, The Sonics, Charlie Parker, Cine Asiático, banda deseñada e moito máis ... son algúns dos temas dos que falaremos no Despregable de novembro-decembrose sodes socios xA o podedes reclamar, senón o atoparedes nos bares e librerías de costume
...e proximamente a festa de presentación...
>>un saúdo prusián<<
6.11.05
PERIFERIAS de Xaquín Rosales

A mostra fotográfica Periferias, pódese ver dende o pasado venres día 4 na Sala Caixanova da Casa da Cultura en Vilagarcía de Arousa.
O feismo urbanístico é o tema principal da serie de fotografías de Rosales, tendo unha segunda lectura na situación de Galicia como periferia da producción artística.
A pesar desta situación a calidade artística da nosa terra pode competir con calquer outro lugar do mundo.
A Embaixada Prusiana foi a promotora do evento, así que esperamos a vosa visita.
23.10.05
O ÚLTIMO DESPREGABLE DO 2005???
24.9.05
DESPREGABLE #4
O mércores que ven sairá da imprenta o despregable máis outonal que temos publicado na vida.Entre outras cousas falaremos de Uxía Vaello, unha bailarina vilagarciana do máis imaxinativa, tamén temos a colaboración dun catoirense que nos sorprendeu cun freaky comic, e Blanca R. Leal, fotógrafa vilagarciana cun especial sentido do humor. Esto entre outros moitos temas como o cine de David Lynch, The Flaming Lips etc etc...
24.8.05
DESPREGABLE #3
8.8.05
PRESENTACIÓN DESPREGABLE #3 EN VILAGARCÍA

O xOves 11 as 10.30 da noite, nas escaleiras do Auditorio, presentamos o noso fanzine.
Un pequeno acto, no que ademáis de pinchar algo de música e presentar a nosa publicación, poderemos ver un solo de danza a cargo de Uxía Vaello que interpretará a súa peza "Paquita".
¡E para rematar brindaremos cun pouco de champán!
Vémonos alí!!!
21.7.05
M3STURA 2005
···aS xorNadas de HomeNaxe A tOÑin feitas realidade: ···Venres 22:
ás 8.30: Mestura pictórica no Auditorio de Cambados
ás 10:00: Mestura Audiovisual
á noite Mixturas sónicas nos locais organizadores.
Domingo 24:
CONCERTOS as 23:00 na praza Alfredo Brañas de Cambados:
-bronkitis crónica
-el bosque ambulante
-new rippers
28.6.05
MOSTRA DIXITAL "delirium"

eSquecíasenos informar deste acontecemento tan prusián!! xa inauguramos a 2ª mostra da embaixada.
Nela poderedes ve-la obra de Nuría Díaz, artista arousá que está a piques de rematar belas artes en Pontevedra e que colaborou connosco no Despregable nº 2, na sección adicada a Banda Deseñada. Todo arte esta rapaza.
Ata o 17 de xullo no café Tetuán de Cambados. Non o perdades!!!






















