24.8.06

NoiTe de MeiGas


As bruxas, fantasmas, espíritos, almas e pena e demais manifestacións do esotérico e o descoñecido son, por unha fin de semana, benvidos en Vilagarcía. A cidade despide o seu programa “Verán Vilagarcía” coa Noite de Ánimas, o venres, e a Noite das Meigas, o sábado.

21.8.06

Carlos Otero... mangámoslle este debuxo do seu fotolog, 3w.fotolog.com/krloshbueu esperemos que non lle pareza mal... impactounos moito e queremos que o coñezades.

Tamén aproveito para animar a todos aqueles que queiran colaborar co noso fanzine Despregable a enviar os seus comentarios de discos, de exposicións, imaxes fotográficas ou ilustracións, comics... sempre que vos apeteza publica-lo... xa que empeza a edición do #10
Gracias Carlos!

16.8.06

AGUA AGUA AGUA!!!!

Xaime Asensi envíanos esta ilustración, que representa claramente a rabia e a frustración que sentimos polo estrago ecolóxico que sufrimos estas dúas semanas.
A auga chega o famoso día da auga en Vilagarcía, pero aínda que relaxa a idea de que as lapas finalmente se apagen, a xente do mar comeza agora cunha nova preocupación, que as cinzas cheguen as rías e perxudiquen ao seu medio de vida, a pesca.
....quen e por que, e que soluciones hai é o que nos urxe agora....

14.8.06

GALICIA EN FOCO 2005 EN VILAGARCÍA


Galicia en Foco naceu en Ferrol no 1989.
É o primeiro movemento fotográfico que reivindica o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia.
Gracias a esta cita, pódese desfrutar das mellores imaxes fotoxornalísticas, sendo moitas delas tan curiosas coma a imaxe superior. Por outra banda resulta moi interesante o resumo que resulta do que foron as noticias do ano, dende as numerosas catástrofes que estamos a sufrir na nosa comunidade ata as situacións máis divertidas.
A exposición permanecerá aberta, na casa da cultura de Vilagarcía ata o 4 de setembro.
(A imaxe que acompaña este post foi a gañadora no ano 2005.)

8.8.06

REDE DE CURTAS NA RÚA

UNHA NOVIDADE ENVIADA POLO CONCELLO DE VILAGARCÍA:
Non olvides que a partir do 7 de agosto está aberto o prazo para o curso de Curtametraxes. Recorda que o curso está destinado a mozos e mozas a partires de 16 anos.

Cine na rúa:
11 de agosto ás 23.00 h.
Curtas:
O Boiro, Sólo para Chelo; El examinador; Sirenito; Choque; Sintonía; Birth, School Work death; Máis Madeira.

7.8.06

REPÍTESE A HISTORIA MULTIPLICADA POR MIL


PASARÁN ANOS E ANOS E ANOS E SEGUIRÁN SEN ATOPAR UNHA SOLUCIÓN AO PROBLEMA DE SEMPRE, AO PUTO PROBLEMA DE TÓDO-LOS VERÁNS EN GALICIA, HOXE DA MÁIS MEDO QUE NUNCA.
.SEN NATUREZA NON HAI NADA.

31.7.06

---O MARISQUIÑO---Oh! CAMARÓN---


4-5-6 de a-gusto
"la puresa no se puede perdé nunca cuando uno la lleve dentro de verdá no? entonsé lo único que veo es que la gente no me comprende no? como yo canto, mi manera de sentí todavía la gente no la ha entendío entonse yo...
no le echo cuenta..."

27.7.06

SEGUNDA FEIRA DO DISCO

ONTE COMEZOU NO VINILO A SEGUNDA FEIRA DO DISCO COA PRESENZA, ENTRE OUTROS, DO DESPREGABLE E DO SELO DE JAZZ FREE CODE RECORDS NO MESMO STAND.
HOXE SERÁ NO PUB EL AGENTE NARANJA EN PORTONOVO E MAÑÁ NA FÁBRICA DE CHOCOLATE EN VIGO.
UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA PARA ATOPAR ESES DISCOS E RAREZAS VARIAS QUE FAN TANTA ILUSICÓN. CON JUAN DE PABLOS DE AMENIZADOR MUSICAL E HOXE CONCERTO DE CORNELIUS.
AHÍ QUEDA!!

25.7.06

M3STURAS E O SON

Foi unha noite longa pero valeu a pena a espera. Non se pode dicir que non houbera variedade de estilos, públicos e tendencias á hora de subirse ao escenario, o cal xa é bon dabondo por si mesmo.

O tango máis canalla con Tenderete, o "panki" de Peinados Rebeldes, a lúdica frescura "electro-pop" de 6 p.m. , a experiencia de Airas e as boas dosis de rap de Nueva Radio F.M.
Polo momento non nos guía a experiencia
así que os asistentes teredes que perdoar a desorbitada tardanza no comezo dos concertos.

O venres que ven (28) nova sesión audiovisual no auditorio de Cambados,
as 21 hrs.
deicantón

12.7.06

M3STURA2

DE NOVO O M3STURA EN CAMBADOS NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN
MESTURAS AUDIOVISUAIS, ARTÍSTICAS E POR SUPOSTO MUSICAIS EN DISTINTOS PUNTOS DO CENTRO HISTÓRICO DA VILA
ESPERAMOS PODER VERVOS A TODOS POR ALÍ...
(pincha no cartel para ver mellor a programación)



6.7.06

y no más. y no más.

un gran concerto "non todo o mundo pode levar eses mini pantalóns"
esperamos outra visita pronto ou perto locococuraaaaaaaahh

Aproveitamos para contarvos algo que non ten nada que ver con COCOROSIE (neste post nada ten que ver con nada...); é a creación dun Centro Coreográfico Galego en Coruña....
que será será?? whatever will be will be??
uxi profesora!!!

4.7.06

EXPECTANTES ANTE A APARICIÓN



O DESPREGABLE#9 ESTÁ A SAINDO DO HIPERESPACIO. O ATALLO NON SAIU DE TODO BEN POR UNS PROBLEMAS, ASÍ QUE ATERRARÁ COMO MOI CEDO A SEMANA QUE VEN.
MENTRES NÓS SEGUIMOS ESPERANDO (I EXPLORANDO)

3.7.06

M3STURA2 (II PARTE)

MESTURA AUDIOVISUAL II
MESTUR-ARTE II
MESTURAS MUSICAIS II
TODO TIPO DE MESTURAS EN CAMBADOS DENTRO DE 3 SEMANAS
organizan: Embaixada Prusiana + Colectivo Mestura.

esperemos que facilite as cousas: Concello de Cambados.

26.6.06

ISTO É EN PÉ

Como cada ano, este festival de danza fainos pasar uns días incribles en Santiago, e non so pola calidade das súas actuacións (Umeda, na imaxe, ¡que grande!) senón polas boas vibraciones que se perciben nos espectáculos.
Este ano puidemos ver unha gran presenza do teatro tanto a nivel de coreográfico como na profusión de diálogos.
xa comezou o vran, xa foi o en pé de pedra....
Ata o ano que ven.

15.6.06

Ainda que pareza mentira esta non é a p.páxina do MARCO pero é que non témo-la culpa de que os LUDD, vaian a actuar alí coa sua "obra_performance_concerto..." Census, o próximo sábado na clausura de Urbanitas.
Así que ás 20.00 hrs, e de balde, pódese voltar a disfrutar desta gran actuación.
Tamén estará neno escuro (foto superior) a quen vimos nas xornadas alg-as e de quen podo dicir que é moi moi moi moi recomendable.
haberá que ir... vamos, digo eu...

12.6.06

Performances das CHICKS ON SPEED


Durante os días 13, 14 e 15 (ou o que é o mesmo, mañá, pasado e o seguinte) as CHIKS ON SPEED farán unha serie de performance no MARCO de Vigo. A entrada é de balde e titúlase Musical Illustrations. Defínese coma un laboratorio-taller no que se experimentarán as conexións entre música, medios dixitais, analóxicos etc...
Toda esta experiencia está aberta ao público xa que o proceso creativo é en directo e ante unha audiencia.

http://www.chicksonspeed.com/

11.6.06

***AS NOITES PRUSIANAS***

Xa andamos coa redacción do # 9 do Despregable, o dicimos por se alguén que lexa este blog quere colaborar con nós i enviarnos algún tipo de expresión artística (provocada ou non pola inxestión de sustancias dopantes).
Hoxe queremos felicitar ao fanzine Barsowia que acadou o premio do público ao mellor fanzine no Saló do Comic de Barcelona, noraboa a tódo-los seus creadores.

___Sección de anuncios___
Ofrécese banda de tangos para tocar en bares, cafés ou pubs de boa ou mala morte, interesados contactar no: embaixadaprusiana@yahoo.es

Para rematar, desexarvos unha feliz semana e un BO NADAL....

8.6.06

SWITCH ON THE POWER! Ruído e políticas musicais


No Marco de VIGO "A exposición SWITCH ON THE POWER! reúne a unha serie de artistas procedentes do mundo da arte e da música que comparten estratexias performativas e estéticas. A través de pezas e documentos videográficos, esta mostra trata das interaccións surxidas entre estas disciplinas artísticas.
Dentro dos actos previstos nesta xornada inaugural, a partir das 22.00 ofrecerase un concerto aberto ao público na praza peonil posterior (rúa Progreso) con actuacións especiais de PAM HOGG, ANAT BEN-DAVID, CHICKS ON SPEED, e ALASKA & NACHO CANUT, artistas presentes na exposición, e que contará tamén coa participación do vigués RNST como Dj invitado.
"

1.6.06

GRAN DEBUT DE "TENDERETE"

...A EMBAIXADA PRUSIANA PRESENTA...
TENDERETE
a primeira banda de tangos de Vilagarcía que fará a súa presentación este SÁBADO día 3 de XUÑO no café VILLAURORA de VILAGARCÍA, na praia de Compostela.
O grupo TENDERETE presentouse no Despregable #8 e agora fan ó seu debut en directo, cos mellores tangos, da man do noso fanzine.
ESPERAMOSVOS ALÍ PARA ESCOITAR BOA MÚSICA Á LUZ DUN CANDIL

28.5.06

¡¡SOMOS POCOS, PERO AÚN QUEDAMOS!!

Onte celebrouse o Silleda Rock, e como podedes ver o Despregable estivo alí acosando aos grupos co obxectivo fotográfico do embaixador Gonzalo Salgado, e preguntas varias.
Ainda que "siempre hay alguien que te amarga la existencia" (ou pretende facelo) poñendo dificultades á Embaixada nas súas actividades culturais, outros como Cesar Strawberry ou José Manuel Corredoira(organizador do Silleda Rock) poden dispoñer duns momentos para escoitarnos e apoiarnos... e realmente, esa é a xente que nos importa que nos escoite...

Soziedad Alkohólica, SUTAGAR, Banda Bassotti e os 6 dementes contra o mundo, DEF CON DOS, tocaron ata máis das 4,30 da madrugada e deron moito que botar... esperamos que haxa un II Silleda Rock.

...No número 9 do Despregable, entrevista a César Strawberry...

27.5.06

GRRRANDE DIVINAAAA



Venres.::. Festival do Norte.::. Grande Divine e movemento con Cycle
Echo & the bunnymen e Nacho Vegas este último en exclusiva para o Despregable #9, xa o leeredes...

23.5.06

FESTA DESPREGABLE #8

...outra festa para outro número, este con máis colaboradores do habitual...
o MÉRCORES (mañá) no TUPPERWARE de Santiago as 23.00 comezará unha festa especialmente pluridisciplinar, con música, poesía e arte.
a vida na embaixada é unha pura festa
ESPERÁMOSTE ALÍ!!

15.5.06

alga 19



"Xa temos AQUÍ a nova referencia para o netlabel alg-a!. Trátase dunha colección de nove mini temas, a modo de diálogo regueifeiro entre os sonidos de dous sistemas operativos. O de Is e o de Berio.

9.5.06

DESPREGABLE #8

#8
máis páxinas porque si, porque non nos chegaba o espazo para tanto artista como hai:
enma ríos fai comics
the phantom keys fan música, como tenderete, pero doutro estilo
liken fai deseños nas rúas
santiago ximenez tamén deseña pero en outro estilo
mpstk foron a triunfar a londón
a transmediale foi en berlín e irma estivo alí para contárnolo
...(moitos artigos máis)...
___e na portada___
paco charlín que presenta o seu selo discográfico.
(todo local, localmente galego)
se os queredes coñecer máis a fondo estarán nas novas follas-mate do Despregable, a finais desta semana
¿alguén da máis? eh???
(e para os socios un agasallo...)

6.5.06

:::::::::::::::FESTIVAL DO NORTE:::::::::::::::

ainda faltan dúas semanas para que dea comezo o festival do norte, pero imos quentando motores porque este ano ven cargadiño de bos grupos. o fin de semana do 26 e 27 de maio Placebo, The Divine Comedy, Atom Rhumba e por suposto Meu...
¿teremos que levarlle ovos a santa clara?
¿facer algún sacrificio para que saia o sol?
esperemos que desta vez o tempo acompañe.
::::::Festival do Norte::::::

28.4.06

¨¨DJ´S E ARTE DIXITAL EN PONTEVEDRA¨¨


Unha festa do máis prometedora terá lugar o domingo as 22.oo h na ponte do Burgo de Pontevedra. Non só será algo innovador para a cidade, senón que semella que ao fin a administración deixou en mans de xente xoven a organización deste pequeno evento e por fin aparece ante todos nós outra opción moi alonxada dos típicos concertos dos gañadores de O.T.
A programación é completa mesturando música electrónica e arte:
O colectivo LUDD pinchará imaxe e son ata as 00.00 h.
Dj´s José González "malaguita" e Lady B. a continuación.
O colectivo LUDD tamén fará performances con traxes táctiles no cubo xigante de proxeccións colocado preto da ponte na rúa Uruguay.
A-L-E-L-U-Y-A

(((bonito cartel deseñado por Roi Fernández a quen todo-los prusiáns xa coñecedes do número 6)))

26.4.06

////CAMPUS ROCK ' 06////

Este xoves (mañá) celebrarase unha nova edición do
Campus Rock
no Campus de Elviña da Coruña.
O programa é realmente apetitoso, e non so pola "churrascada repoñedora" do mediodía, senón polos grupos que tocarán durante todo o día, dende o mellorciño do panorama musical coruñés, con Pech Blenda, Meu e Triángulo de amor Bizarro, cerrando o grupo madrileño Spam, ata os dj´s que amenizarán a espera entre concerto e concerto.
Todo isto pola módica cifra de 0 euros.
Organizan Pulso e a U. Coruña.
(((+ info en 3w.pulso.ws )))

25.4.06

XA SE LLE VE A PORTADA....


Parece que todo vai ben, está san e ten toda-las páxinas...
¡¡Vai ser un Despregable moi guapo!!
O #8 verá a luz no Hospital Fidalgo a próxima semana, máis ou menos.
Ata entón, seguimos explorando...

19.4.06

*FESTA DO FANZINE MUNDO VERMELLO EN VILAGARCÍA*

3ª Festa de Aniversario do fanzine arousán "mundo vermello"
Será na praza da peixería o Sábado as 22.30 h.
Haberán prezos populares en barra e a entrada é de balde.
Os grupos que tocarán son:
Heissel de Tomiño
Doctor X de Vilagarcía
Noise Project de Valga
Renegados del Funky de Vilagarcía
a súa páxina web está en construcción pero se queredes gardar o link :
3w.mundovermello.tk

17.4.06

===CANCELADO===PACO FERNÁNDEZ EN VILAGARCÍA

=CANCELADO=
CANCELADO
"Paco Fernández, o espantoso home orquestra".
Fontes cercanas ao artista confirmaron esta mañá a cancelación deste bolo en Vilagarcía... ao que añadiron palabras que non pasaremos a reproducir.
.Sentimos as moletias.

9.4.06

Valle co Despregable!!



Os paparazzi cacharon onte a tarde na zona vella de Pontevedra ao escritor Valle-Inclán paseando co Despregable. Esta foto, captada polos teleobxectivos dos reporteiros gráficos da prensa rosa, fai pública a relación deste insigne literato co famoso fanzine que xa saira na prensa por outros escándalos varios.
Dende a Embaixada farase un comunicado oficial próximamente.

4.4.06

A voltA en VilAgArcíA

NA CAsA dA CulturA de VilAgArcíA
o díA 7 de Abril
As 21.00 hrs
coAs ActuAcións musicAis de:
Benito MALAsAngre
e
ÁlvAro Gómez
e por suposto o recitAl de
JuAn CArbAllo
nA presentAción do seu libro
NA miñA fiestrA
e outros poemAs de AndAr polA cAsA

28.3.06

"MACRO LIMPADÓN" EN CAMBADOS

Iria Ribadomar nos contou en que vai consistir esta actividade:
"Se trata de una recojida de basura por el litoral de Cambados. Pensamos que se podían hacer cuatro grupos y distribuirse en los puntos más críticos: la parte de atrás de Tragove, el muíño da seca, el muelle de Cambados, y el muelle de Santomé con la torre.Después, queríamos aprovechar parte de lo que se recoja para hacer esculturas y cosas así.
El Macro-limpadón es a las cuatro de la tarde en el Half al lado de la casa del mar."
Unha gran oportunidade para facernos un gran favor.

18.3.06

DESPREGABLE #7


Queridos Prusiáns do Mundo! outro número sabrosón para aledar as tardes dos sábados coma este.
Na portada, Borja Fernández! o rei da interpretación sen método.
No interior... colámonos na festa de cumpreanos de Ruxe Ruxe.
Entrevistamos a Meu, un grupo coruñés que promete.
E ademáisssssss....... un comic de Roi Fernández, os salvadeuses, unha imaxe do fotoxornalista brasileiro José Luiz Oubiña, un poema do famoso cambadés Augusto e as colaboracións habituais, completan un fanzine no que cada vez hai máis producto autóctono do Salnés.
Non hai que ir moi lonxe para atopar un bo espectáculo ou un bo grupo, entre os grelos tamén nacen artistas e no Despregable damos boa conta delo.
Nos vemos en los bares!!! (botellón?? oh! no!)

16.3.06

volta ás rías galegas en verso

VOLTA ás RÍAS GALEGAS en VERSO
Juan Carballo presentará hoxe, no Pub Vinilo do Grove o seu libro de poemas.
O acto consistirá na lectura dalgúns deles e da presentación dunha obra multimedia de Nuria Díaz colaboradora do seu libro no apartado ilustrativo.
A partir das 22.30.
Se non podedes acercarvos hoxe o SABADO farase no Patín de Cambados, e ademáis haberá un pequeno concerto en plan "jam session".
Organiza: e.p.

12.3.06

=..=AGARDANDO POLO # 7=..=

::::::::XA ESTÁ PRONTO A CHEGAR::::::::::
A SEMANA PRÓXIMA O #7 VERÁ A LUZ
MENTRES TANTO SEGUIMOS A EXPLORAR

23.2.06

Mostra "PERIFERIAS en Pontevedra


Tra-lo éxito da mostra que tivera lugar na casa da cultura de Vilagarcía o Decembro pasado, Xaquín Rosales repite pero desta vez na sala Sargadelos de Pontevedra.
A mostra presenta de novo a serie fotográfica "Periferias" con imaxes da actualidade galega, nas que a estética ten unha presenza moi importante.
Mañá venres día 24 as 20:00 horas, terá lugar a inauguración. A cita é na Rúa Oliva, frente a Correos.
(A Embaixada Prusiana é unha das promotoras do evento.)

O DESPREGABLE NAS ONDAS


O martes pasado debutamos no mundo da radio (susssto) grazas a invitación de Xabi Sanmartín e ao seu programa a Ganzúa, en radio obradoiro.

Falamos do noso fanzine Despregable, dos cedes de agasallo para os socios, de como vemos o panorama cultural galego... en fin, dunha morea de cousas, ¡que chegamos para unha entrevista de 15 minutos e tiramos aló case unha hora... !

Toda unha experienza

13.2.06

:::::::::··"""CENSUS"""·· ::::::::::

O martes que ven, o 21 de febreiro as 21.30 hrs, se representará na Sala Nasa de Santiago a obra Census.
É unha mistura de performance, teatro, interactividade e medios dixitais, na que se propón unha nova mirada a emigración dende unha perspectiva moi clarificadora.
É unha obra de Ludd, a plataforma artística que entrevistamos no último número do Despregable, e que está composta por Roi Fernández, Isaac Cordal, Ignacio Muñoz, Miguel Seoane e Nela Quesada.

26.1.06

FESTA PRESENTACIÓN DESPREGABLE #6


CC .... Para esta festa contaremos coa actuación do VMJ Trío, que amenizarán a velada do VENRES 27, no Café Continental de Cambados, onde esperamos atoparvos a partir das 23.00 h da noite.
Outro ano máis queremos dinamizar a oferta cultural do Salnés, desta volta tocou en Cambados, pero se queredes que algún día presentemos o fanzine na vosa vila avisádenos, deste xeito faremos chegar esta iniciativa a tódo-los rincóns da comarca. Deica o venres.... CC

24.1.06

DESPREGABLE #6


¬··Dende o Despregable saudamos ao 2mil6 cunha gran cantidade de contidos, máis dos habituais. Hainos de todo tipo, cine, arte, música, propostas innovadoras... e case todos galegos, o que xa ven sendo sinónimo de "calidade" ¿ou non recordades aquel famoso spot publicitario?
A partir de xa! o podedes atopar en:
¬Vilagarcía: Librerías O rincón do Lector, Limiar ou Pampín.
¬Cambados: Rif Rock pub, A Leria, Café Continental, Café Tetuán, Pub a Cloaca...
¬Santiago: Pub Tupper Ware, A Reixa...
¬Pontevedra: Librería Paz...
... e pronto o distribuiremos en máis puntos ...
**************AtA A festA*************

3.1.06

anuario DESPREGABLE 05

Para recibi-lo noso fanzine so tendes que poñervos en contacto connosco na dirección embaixadaprusiana@yahoo.es. De seguido vos contestaremos para que podades recibi-lo Despregable nas vosas casas, cos seus regalos incluídos.

Vos amosamos a imaxe da portada do anuario que editamos o pasado Decembro, celebrando un ano de fanzine e con un resumo de tódo-los números e de todas-las actividades da embaixada.

En breve o # 6 con interesantes reportaxes

15.12.05

EMBAIXADA AUDIOVISUAL 05


EMBAIXADA AUDIOVISUAL 05
O día 23 de nadal, as 20:30hrs no Auditorio de Vilagarcía, poderedes asistir de forma gratuita, a proxección das curtas gañadoras do Festival de Cans de O Porriño, produccións galegas de gran calidade. Ademáis proxectaremos o documental Mariñeiros en Terra, que trata a catástrofe do Prestige dende o punto de vista dos máis afectados.

Vémonos alí, prusiáns do mundo....

12.11.05

e no interior ... o nº 5!!

Este número 5 ven cerrar o primeiro ano de actividades da Embaixada, a pintura de Fernando Arenaz, The Sonics, Charlie Parker, Cine Asiático, banda deseñada e moito máis ... son algúns dos temas dos que falaremos no Despregable de novembro-decembro
se sodes socios xA o podedes reclamar, senón o atoparedes nos bares e librerías de costume
...e proximamente a festa de presentación...
>>un saúdo prusián<<

6.11.05

PERIFERIAS de Xaquín Rosales


A mostra fotográfica Periferias, pódese ver dende o pasado venres día 4 na Sala Caixanova da Casa da Cultura en Vilagarcía de Arousa.
O feismo urbanístico é o tema principal da serie de fotografías de Rosales, tendo unha segunda lectura na situación de Galicia como periferia da producción artística.
A pesar desta situación a calidade artística da nosa terra pode competir con calquer outro lugar do mundo.
A Embaixada Prusiana foi a promotora do evento, así que esperamos a vosa visita.

23.10.05

O ÚLTIMO DESPREGABLE DO 2005???

Queridos prusiáns, achégase a data final para a recepción das vosas colaboracións ó Despregable nº5.

Collede a máquina de escribir, o ordenador, ou a pluma e non dubidedes en enviarnos as vosas críticas de cine, arte, música, fotos, comics...

24.9.05

DESPREGABLE #4

O mércores que ven sairá da imprenta o despregable máis outonal que temos publicado na vida.
Entre outras cousas falaremos de Uxía Vaello, unha bailarina vilagarciana do máis imaxinativa, tamén temos a colaboración dun catoirense que nos sorprendeu cun freaky comic, e Blanca R. Leal, fotógrafa vilagarciana cun especial sentido do humor. Esto entre outros moitos temas como o cine de David Lynch, The Flaming Lips etc etc...