20.4.07
12.4.07
IV ANIVERSARIO MUNDO VERMELLO
4.4.07
...............BOXX................
Boxx é unha exposición inaugurada o pasado xoves no Bar Asociación cultural Reviravolta, en Pontevedra (ó lado do Campillo, pola carreteira que circunvala e que vai dar cara o Lerez dende o concello). Está aberta a partir das 18H. A mostra é de 7 alumnos de belas artes e as imaxes son da inauguracion. Os seus psudonomes ou motes artísticos son Canya, Muru, Pou, Güi, N.R, Ár Bones, Lou.
A maioría do exposto está a venda. Permanecerá aberta durante 15 días, así que si pasades estas vacións por Pontevedra pasade a tomar unha birra, escoitar música gherrilleira e comprar unha xoia.
29.3.07
BARSOWIA #9
"Presentando unha ducia de nomes do país e dous ilustres convidados lusos, Barsowia continúa a ser a publicación de cómic mundial con máis autores galegos de banda deseñada... ¡E de primeira liña! Coa factura inmellorable dunha portada de Brais Rodríguez e un novo deseño de publicación de Álvaro López, o Barsowia é como sempre 100% cómic e contén catorce historias cun pleno case total do actual plantel do colectivo independente Polaqia.
Barsowia gañou o Premio do Público do Saló de Barcelona ao mellor fanzine de España en 2005 e este ano opta ao mesmo galardón na categoría oficial.
Abre o número unha historia do Oeste moi distinta ao típico duelo de pistoleiros: "Westernland", por un David Rubín en estado de graza e flamante acaparador de catro candidaturas aos premios de Barcelona. En "Domésticos", Kike Benlloch e Brais Rodríguez desvelan coma ninguén o que hai realmente tras iso ao que lle chaman verdadeira amizade... No seu estilo inconfundible, Susa Monteiro lévanos ao mar de sombras de "Adeus tristeza", mentres que Hugo Covelo asina nada máis e nada menos ca "O correo de Barsowia", e dá resposta ás innumerables misivas que invaden el Correo Imperial Polaqo. Jose Domínguez e Kike Benlloch en "O ladrón da choiva", Diego Blanco ("Tanque Familiar") nun relato sen título e, de novo, o gran Brais Rodríguez en "A pantasma de Breixo", usan con destreza o pincel a modo de bisturí para que afloren sentimentos que, a miúdo nos escapan no día a día. Mentres, o tándem formado por Andrea López e Kike Benlloch explora un universo onírico en "A igrexa do coñecemento", Roque Romero continúa a súa hipnótica evolución formal con "E vivirei no monstro". Paulo Monteiro realiza un impresionante despregue gráfico levándonos mediante "A canção do soldado" ás trincheiras da I Guerra Mundial. Tamén encontrarás un conto de bichos raros sen escrúpulos titulado "Recadadores" por Gochi e Kike e a continuación do universo de Álvaro López ("Feliz Cumpleaños, May", "El Jardín Atómico") mediante un novo capítulo de "Habitación 13" iniciado no tomo "Barsowia en Chamas". Inicio tamén, e de luxo, o da serie de Emma Ríos ("A Prueba de Balas") para o Barsowia: Un western chamado "Entre os ollos" digno de competir coa mesmísima Deadwood. E como guinda final, Sergio Covelo fainos gozar de "Un día perfecto". "
20.3.07
dulces sueños con Pablo Pérez
Pablo Pérez, a quen entrevistamos no fanzine Despregable, inaugura exposición este venres. Máis datos baixo todas estas liñas que él mesmo enviounos explicando a grandes rasgos esta mostra:
"Sweet Dreams are Made of this (Who am I to disagree), se asoma, a través de diferentes personajes, al fin de las utopías y los sueños que marcan el fin de adolescencia y el comienzo de la vida adulta. Tomando como título, la oscura y bonita canción que popularizaron Eurithmics, Sweet dreams presenta diferentes retazos de un estado de vigilia, que preguntan al espectador si ese yo adolescente que todos mantenemos en reserva sigue todavía temiendo a la oscuridad, y si todos aquellos falsos anhelos, y placebos propios de la condición adulta pueden hacer algo al respecto…
haciendo equilibrios entre nihilismo y hedonismo, Sweet dreams configura, sin salir de cama, una estética de la resistencia que nos atañe a todos, ya que abarca siempre importantes procesos emocionales y cognitivos, y apunta, fugazmente y con el dedo, hacia el lugar donde van a morir los sueños…"
Sweet Dreams Are Made Of This (Who Am I To Disagree?)
Viernes 23 Marzo/ 20:00h
Galería Espacio 48. Rúa do Vilar 48, Santiago de Compostela
tf: 981 575 568
haciendo equilibrios entre nihilismo y hedonismo, Sweet dreams configura, sin salir de cama, una estética de la resistencia que nos atañe a todos, ya que abarca siempre importantes procesos emocionales y cognitivos, y apunta, fugazmente y con el dedo, hacia el lugar donde van a morir los sueños…"
Sweet Dreams Are Made Of This (Who Am I To Disagree?)
Viernes 23 Marzo/ 20:00h
Galería Espacio 48. Rúa do Vilar 48, Santiago de Compostela
tf: 981 575 568
19.3.07
O DESPREGABLE EN MIRAXES
22.2.07
21.2.07
FESTA DE PRESENTACIÓN DESPREGABLE #12
ao fin! o despregable xa está na imprenta dende onte a mañá!!xa podo adiantar contidos, e esta vez hainos de todas as cores e estilos.
The Homens como grupo musical
Fuck Comics como opción comiquera
Pedro Vila Táboas como valor cinematográfico
Conversaciones con Mr. Rocks como rincón filosófico
Arco como crónica dunha viaxe
Kike Benlloch como tira de banda deseñada
Karlos Abal como imaxe a inquedar
e por suposto... un dossier co "mellor" do 2006!
próximamente nas librerías e demáis antros
A PRESENTACIÓN O SÁBADO E O DOMINGO! O SÁBADO NO RIF DE CAMBADOS E O DOMINGO NO CONTINENTAL DA MESMA VILA
SAUDOS PRUSIÁNS
20.2.07
19.2.07
12.2.07
"ELaBoranDo o MeU dEliriO" de Juan Carballo
Será na Casa da Cultura de Vilagarcía
o venres 16 de febreiro ás 21.15 horas.
o venres 16 de febreiro ás 21.15 horas.
Artista convidados:
The Syndicate(Cuarteto de Jazz)
Moncho Nuñez e Karlos Abal (Cantautores) .
Ledicia Costas (Escritora)
Nuria Diaz (Montaxe Audiovisual)
5.2.07
CICLO DE CINE "ENTRE FRONTEIRAS" VIGO
NO AUDITORIO DA CASA DO CONCELLO DE VIGO (PRAZA DO REI S/N)SESIÓNS AS 20:30
Unha selección de filmes que falan das fronteiras e dos límites xeográficos, históricos, reais ou imaxinarios; historias relacionadas cos problemas de identidade, coa integración ou marxinación social, cos conflitos fronteirizos, co nomadismo, co territorio individual e social, e os seus arredores.
PROGRAMA:
luns 5 febreiro
Camping à la Ferme, de Jean-Pierre Sinapi / Francia, 2005, 92’ cor- V.O.S.C.
luns 12 febreiro
Nomadak Tx, de Raúl de la Fuente / España, 2005, 87’ cor-V.O.S.C.
luns 19 febreiro
Todos nos chamamos Alí [Angst Essen Seele Auf], de R. W. Fassbinder / Alemaña, 1973, 93’ cor-V.O.S.C.
luns 26 febreiro
A última lúa [La última luna], de Miguel Littin / Chile, 2005, 105’ cor-V.O.S.C.
23.1.07
EXCURSIÓN MEDIO AMBIENTAL POR CAMBADOS
Chéganos outra nova refernte ao cuidado do medio ambiente, esta vez dende Cambados:POLONOSO estase centrando na realización dun arquivo que reflexe a situación medioambiental do concello, con fichas para identificar os puntos críticos de contaminación, imaxes, videos e información.
Para isto, entre outras cousas, realizaremos unha excursión por diferentes zonas do concello para ir recopilando esta información, ademáis de pasar un día agradable, facendo deporte á vez que tomamos contacto coa natureza e coñecemos a súa problemática, tomaremos nota e ficharemos os vertedeiros incontrolados, os verquidos e as construccións que afean e perxudican as zonas naturais a través de fotografías, videos, anotacións...
(En caso de que chova, trasladarase a data para outro día. Esta vai ser a primeira de moitas saídas que nos fagan coñecer e concienciar a todos sobre a realidade medioambiental de Cambados.)
(En caso de que chova, trasladarase a data para outro día. Esta vai ser a primeira de moitas saídas que nos fagan coñecer e concienciar a todos sobre a realidade medioambiental de Cambados.)
22.1.07
ACTO DE INFORMACIÓN SOBRE O VOLUNTARIADO NOS MONTES

Dende o departamento de Xuventude de Vilagarcía chéganos esta nova:
"A Concellería de xuventude e a asociación Adega levarán a cabo o vindeiro 27 de xaneiro ás 10.45 h. unha xornada de presentación do traballo do voluntariado en defensa do monte en Vilagarcía de Arousa.
Ás 12.00 h farase un percorrido polas principais zonas afectadas.
Prégase confirmación da asistencia no teléfno da Concellería de Xuventude: 986 099200 Extensión 211"
12.1.07
HANOM AUSSE

Non é novo, xa saiu o ano pasado dalgún lugar de Catoira. Non hai excusa para non ter publicado antes esta referencia, so certa deixadez e despiste, pero non ia pasar o 07 sen falar deste gran traballo (tamén recordo o anterior d.r.i.m.i.n. igualmente bo).
"Hanom ausse estivo xuntando anacos e restos e decidíu que era bo tempo de rematar unha etapa. Tres temas para deixar atrás e empezar de cero dende o porvir. 'Grubi Mércores' é un trip rampante po-las ponlas dos carballos que chega ós 14 minutos. Psicodelia de veigas sen niños de nespras. Que o disfruten.
1. Grubi Mércores (14:33) no Sendspace 33,07 mb
2. Hippie das veigas (5:46)
3. Non sei por qué segundos (3:00)"
2. Hippie das veigas (5:46)
3. Non sei por qué segundos (3:00)"
Para escoitalo busca esta imaxe en http://www.aregueifa.net/
29.12.06
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













