31.5.07

"Refachos" mostra colectiva en Exposalnés

Mañá venres, 1 de xuño, ás 20H30, a Asociación galega de arte e cultura AGAEC, inaugura, no Centro Comarcal do Salnés de Cambados, unha exposición colectiva de pintura, escultura, cerámica e tapiz, na que participan 17 artistas plásticos.
AGAEC é unha entidade sen fins de lucro e de ámbito autonómico que aglutina a máis de 45 artistas plásticos galegos de diferentes idades, tendencias e facetas artísticas, incluido graffiti.
A mostra, títulada "Retallos", reponde a plantexamentos totalmente libres tanto formais como conceptuais.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 15.


ASOCIACION GALEGA DE ARTE E CULTURA (A.G.A.E.C.)
Rua Nova de Abaixo, 10 - 1º soto
Local 314 (Galerías Belén)
15706 Santiago de Compostela
e-mail:
agaec2004@yahoo.es
Centro Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n36630
Cambados

No hay comentarios:

Publicar un comentario

di hola