2.7.07

NÓS E A REDE


O "comezo" do "verán" trae algunhas novas dentro da destartalada oficina da embaixada prusiana.

Por un lado estamos a preparar, xa moi agobiados, a próxima entrega do fanzine. Xa podemos anticipar algún artigo, como as entrevista ao grupo vilagarcián Cornelius, ao fotógrafo tamén vilagarcián Xaquín Rosales e a dous artistas (galega e asturiano) que ofrecen unha fresca e descarada visión da arte contemporánea. Moitas outras reportaxes e colaboracións de todo tipo que seguro que vos farán pasar un bo rato.

Por outro lado ao longo do mes de xullo terá lugar o proxecto artístico Nós e a rede. As primeiras intervencións serán en Vilagarcía, despois en Cambados e por último na Illa. A embaixada está metida ata a gorxa neste evento e colabora moi de perto, xunto co artista cambadés Saúl Otero, na organización deste ambicioso proxecto. Haberá performance, exposicións fotográficas, poesía, música e pintura-graffiti. (iremos informando máis detidamente).

A finais de xullo repetiremos por terceiro ano consecutivo o M3STURAS 3, con música de Cornelius, El bosque Ambulante, mostras e proxeccións audiovisuais, todo en Cambados.

Outra opción para o ocio e cultura da fin de seman veraniega.

3 comentarios:

  1. ei grazas polo comentario...pois o debuxo ese do navallas ten que ver coa historia estou a facer deseños de personaxes xa veredes haber se me da tempo teño que ir facer un dia destes fotos por vilagarcia en adiante...na mais dicir que o centro de reunion destes mafiosos sera o Neptuno pro en version anos 20 :)
    inpaciente por que saia o numero :P

    ResponderEliminar
  2. Eu encantado de mandarvos cousas!!! Só tedes que pedilo. Dicideme para cando o queredes e xa está.
    Saudos polaqos.

    ResponderEliminar
  3. Ey, gracias por pasaros. Ya veis nos crecen los pros, jejeje
    La putada es q la peña se nos dedica a mil movidas y nos nos dibuja, jajaja
    Pa la semana empezamos con la previa del 4 y va empezar a echar humo el blog, jeje
    Un saludo y a ver pa cuando el nuevo Despregable

    ResponderEliminar

di hola