28.7.08

DESPREGABLE #18

Dentro de uns días sairá da imprenta o despregable #18. Moitos traballiños pasamos para sacar este número que sae, con un mes de 31 días de retraso... "all we need is time".
Neste exemplar atoparedes entrevistas sobre humor gráfico da man de Luis Davila, un buenense que xa leva tempo traballando no Faro de Vigo e que acaba de estar nas xornadas de comic de Cangas. De música temos a The Blows un grupo vigués que está a rachar en todos os festiváis, e o festival do norte, a crónica do evento. Na presentación grafitti temos a mr. mono para flipa-lo en cores. Chourizo films é de Cambados e o cine máis underground da comarca. E Juan Carballo de novo de xira cun novo poemario.

Todo isto, e moito máis en Despregable dende O Salnés para o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

di hola