A pasada fin de semana (onte!) rematou o festival pLay-dOC de Tui. Estivemos o sábado por alí e damos conta de que é un festi moi ben montado, cunha sala de proxeccións en toda regla e un material moi interesante.As películas foron presentadas polos mesmos directores ou productores, algúns deles vidos de terras lonxanas como Lituania ou Polonia, ofrecéndonos aos espectadores sensacións distintas e moi interesantes sobre a súa obra, e permitindo ao público facer preguntas despois de cada proxección.
Para o ano que ven non faltaremos, e procuraremos avisar aos nosos lectores antes de que se celebre.
Felicidades a toda a organización do festival.
pues si, doy fe de que estuvo muy bien
ResponderEliminar