17.4.09

aXustando aXendas

que tal a semana?
Agora queda o mellor!! e aquí tendes algunhas ideas que chegaron á nosa redacción para aproveitar estes chuviosos días de abril.

De concertos...
hoxe, venres, tocará na sala Son de Cangas Sevigny. The Homens, no Bar Liceum de Porriño e Som do Galpón na sala Mardi Gras de Coruña. Todos a partir das 23.00 h. (vía Falcatruada)


Isi Vaamonde presentará novo disco no Rif Rock de Cambados o sábado a partir das 23.30 h.

O sábado en Pontevedra terá lugar a festa de presentación do Festival do Norte na sala Karma coa actuación de Francisco Nixon. Sortearán camisetas, chapas e o máis importante... Abonos para o festival!

En plan cultureta...

Hoxe inaugúrase a mostra de fotografía de Jose Luiz Oubiña na Quinta de San Amaro, en Meaño, as 20.00 h.

A mostra "Luz instantánea" na Fundación Luis Seoane de Coruña, permanece en cartel dendo o pasado xoves. (Esta fundación ten un novo director a quen entrevistaremos no próximo nº 21 do Despregable.)

No Centro de Interpretación da Ría de Arousa (o edificio rosa sobre pilares que hai na praia de Compostela) tamén pódense visitar ata o 5 de xullo as fotos de Miguel Riopa, quen colaborou con nós no fanzine, sobre a America's Cup 08.

Tamén achéganse noticias do Festival de Paredes de Coura, onde estarán NIN e The Rascals.

E na Embaixada, estamos traballando duro para sacar o fanzine nº 21 o antes posible. Estaredes informados a través deste blog!

1 comentario:

  1. tamen un concerto de german coppini cantando temas de Golpes Bajos no teatro Jofre de Ferrol o sabado pola noite. acompañado por entre outros un amigo meu zanfoñista,
    saúdos

    ResponderEliminar

di hola