16.6.07

EN PÉ DE PEDRA 2007

Outro ano máis poderemos disfrutar deste maravilloso encontro nas rúas da zona vella e xardíns de Santiago de Compostela. Será a próxima fin de semana.
É unha experiencia única e unha visita obligada xa que neste festival conséguese de forma especial unha unión case mística entre pedra-danza-paseante que e imposible non percibir.
Este ano o festival internacional contará cos seguintes artistas:

PARTICIPANTES
DACM Francia
HISAKO HORIKAWA Xapón ESTREA
RARAVIS- ANDRÉS CORCHERO Cataluña
AKEMI TAKEYAAustria presentación en Galicia
ANA MARTINS Portugal presentación en España
EL BAILADERO-MÓNICA VALENCIANO Canarias ESTREA
TANZVEREIN ERDBERG Austria presentación en España
CAPERUCITA POCO ANIMAL Cataluña presentación en Galicia
COMPAÑÍA DANIEL ABREU Madrid
PURO E DURO
Programa de 5 solos consecutivos de danza en un mismo espacio:
UXÍA P. VAELLO Galicia ESTREA (UXÍA GO GO GO!!)
ESTELA LLOVES Galicia ESTREA
LAURA MARRERO Canarias ESTREA
DIEGO ANIDO Galicia ESTREA
ANUSKA ALONSO Galicia ESTREA

Máis información en:

12.6.07

KAMICAZE PISTACATRO en Santiago o Xoves





CDG, Pista Catro
Neste espectáculo cómico, dirixido a todos os públicos, hai teatro, novo circo, ilusionismo e música en directo. Trátase dunha creación colectiva con dirección de Hernán Gené (premio Max 2005 ao mellor espectáculo de teatro por Sobre Horacios y Curiacios de Teatro de La Abadía).


Kamikaze Compañía: Coprodución entre o Centro Dramático Galego e Pista CatroCreación colectiva Dirección: Hernán GenéElenco: Antón Coucheiro, Natalia Outeiro, Manuel Lago, Pablo Reboleiro, Xabier Mera, Borja Fernández e Alfonso MedinaEscenografía e vestiario: Carlos Alonso e Sandra CostasAuxiliar de dirección: Marcos CarballidoProdución: Xosé DíazXefe técnico: Alfonso CastroAdestrador de danza aplicada ao circo: David LoiraAdestrador para os números de acrobacia: Glen


A homenaxe a un amigo recentemente falecido é o pretexto para que o espectáculo cobre vida por medio dunhas misteriosas personaxes, que se dan cita no funeral para mostrar o seu pesar ao tempo que defenden un modo de vida artística tan arriscado como persoal. Os protagonistas son sete persoas que proveñen do circo, do teatro, do ilusionismo e da música e que, arredor do concepto kamikaze, no sentido romántico do termo (un salto ao baleiro, un camiño suicida, camiñar pola corda frouxa...), ensamblan as súas experiencias e coñecementos individuais nunha montaxe innovadora e multidisciplinar.

(copi-pasti da páxina compostela cultura)

5.6.07

PROXECTO EDICIÓN encontro-feira 07

O proxecto edición consta de varias ofertas. Entre as distintas actividades, unha das máis atractivas é o encontro-feira.
Recoméndocho se es desas persoas que disfruta e devora todo tipo de revistas, fanzines e pubicacións orixinais, divertidas, independentes, a información sabrosa e fresca do extra-radio, a arte plasmada en fotocopias.
Non é unha sinxela feira de mostras para captar compradores, é un mercado de ideas, inspirador e innovador onde seguro que vas atopar algo que encenda a bombilla que temos enriba da cabeza, case sempre off, e pases uns días de felicidade regocixándote no placer do recente descubrimento.
Nós esperamos poder estar representados co noso propio stand, e ofrecerte todo o noso entusiasmo selado nesas páxinas semi-satinadas do Fanzine Despregable.
Búscanse colaboradores (cantos máis mellor).
Será para outubro, se repiten a localización do ano pasado, en Pontevedra. Vos manteremos informados en todo momento.

1.6.07

NOVOS HORIZONTES. Artistas contemporáneos de Francia

miniatura de imaxes da mostra de NOVOS HORIZONTES. Artistas contemporáneos de Francia NOVOS HORIZONTES reúne a un grupo de creadores que nos últimos anos comezaron a despuntar na escena artística internacional. A exposición articúlase ao redor de diferentes temas que se entrecruzan e que deixan intuír un fío condutor, unha común preocupación dos artistas cara ao seu contexto social e político. Nados todos eles en Francia, forman parte dunha xeración que aborda temas moi latentes no panorama social, político e cultural da Francia actual.

A selección da comisaria agrupa, de modo intencionado, a unha grande maioría de artistas que son pouco coñecidos fóra das fronteiras do seu país, xunto a outros con máis presenza e traxectoria no contexto internacional, co fin de ofrecer ao público un panorama o máis completo posible da escena artística actual en Francia.
Dentro desta diversidade, a análisie de contidos permite unha clasificación en varios eixos temáticos: as obras que teñen á relixión como tema central —os retratos dunha comunidade de Clarisse Hahn e o problema da identidade nos vídeos de Valérie Mréjen— combínanse coa análise do contexto sociopolítico —as críticas e crónicas modernas do mundo capitalista en Bruno Serralongue e Vincent Labaume; as tramas terroristas e a paranoia colectiva en Alain Declerq— e coas particulares interpretacións da sexualidade e a violencia na instalación de Philippe Meste ou na ambigüidade transgresora de Brice Dellsperger.

A relación co mundo da infancia, do cine e do cómic de Corinne Marchetti, Katia Bourdarel, Amandine Sacquin, ou Virginie Barré, contrasta coa aguda e irónica visión da sociedade actual nas obras de Bruno Peinado, Patrick Jeannes, e nas fotografías de Fabien Rigobert. A reflexión sobre a imaxe en movemento e a súa interacción co público, sexa a través da televisión, o vídeo ou as novas tecnoloxías, está ben representada na instalación visual e sonora de Julien Discrit no panóptico central, o eclipse virtual de Laurent Grasso, o vídeo interactivo de Martín Le Chevallier, ou a videoinstalación de Élodie Huet, que esixe a participación de dous visitantes para ser entendida por completo. Todas estas obras fálannos da relación espazo-tempo, e a súa capacidade de comunicación co espectador.


31.5.07

"Refachos" mostra colectiva en Exposalnés

Mañá venres, 1 de xuño, ás 20H30, a Asociación galega de arte e cultura AGAEC, inaugura, no Centro Comarcal do Salnés de Cambados, unha exposición colectiva de pintura, escultura, cerámica e tapiz, na que participan 17 artistas plásticos.
AGAEC é unha entidade sen fins de lucro e de ámbito autonómico que aglutina a máis de 45 artistas plásticos galegos de diferentes idades, tendencias e facetas artísticas, incluido graffiti.
A mostra, títulada "Retallos", reponde a plantexamentos totalmente libres tanto formais como conceptuais.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 15.


ASOCIACION GALEGA DE ARTE E CULTURA (A.G.A.E.C.)
Rua Nova de Abaixo, 10 - 1º soto
Local 314 (Galerías Belén)
15706 Santiago de Compostela
e-mail:
agaec2004@yahoo.es
Centro Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n36630
Cambados

24.5.07

FESTiVAL do NORtE diend


O tempo acompañou como nunha tregua, dentro desta locura de tempo.
Abriron o venres, o ceo e máis os concertos. Entre os "actuantes", Fernando Alfaro, triángulo de amor bizarro, delorean ou the sunday drivers (todo un descubrimento...)
Unha sorpresa para nós foi que nos entrevistaran no chiringuito que a radio galega tiña montado xusto ao lado do escenario, no programa musical studio3, foi divertido.
O sábado deluxe moveu a todo o personal, lori meyers fixo un pouco do mesmo, ectoplasma "o mellor grupo nacional do momento" segundo nos comentou o "illense"... un público animado, divertido e unha organización impecable, en fin, que así da gusto ir a un festival.
Pois
ata o ano que ven, e ainda que supoñemos que non repetirá ningún, cousa que danos moita mágoa, esperamos facer moitos outros descubrimentos.
(¯'·._do it_.·'¯)

12.5.07

DESPREGABLE#13

seguimos descubrindo novos talentos no despregable. sen ir moi lonxe, de feito, na mesma vilagarcía, atopamos a Sekone, un xenio que non sae dunha lámpara máxica senón da boquilla dun spray. na portada unha das súas creacións (non, non é unha foto). unha entrevista a Triángulo de Amor Bizarro, un grupo dos máis prometedores do ámbito rexional e cunha proxección máis aló (moito máis). un resumo do marzopop, un día na rodaxe da curta "cadeas", o seminario permanente de jazz de pontevedra. entrevistamos, case en exclusiva, a fernándo gutiérrez, creador de superchaco. un paseo pola laboral de xixón...
en definitiva, moito para ler e para descubrir co case sempre asombroso final de "made in galicia".
:::e todo isto por só 1€:::

1.5.07

intro·comics diend!


Fin da experiencia cos cómics en intro·comics a cargo da Embaixada Prusiana.
Salvando algúns pequenos percances de novatos, a xente quedou bastante contenta coa iniciativa. Gracias a todo-los que axudaron nesta odisea:
Carlos, Isa, María, David, Jaime, Kike, Sandra, Gonzalo (gracias polas fotos), medios de comunicación, Xaquín, Mon etc...


20.4.07

intro·comics


BUFF!! NON VO-LO PERDADES!!

12.4.07

IV ANIVERSARIO MUNDO VERMELLO


O FANZINE MUNDO VERMELLO DE VILAGARCÍA ENVÍANOS ESTA NOVA
"Con motivo da IV Aniversario da nosa revista Mundo Vermello, imos celebrar o vindeiro sábado 14 de abril unha festa na praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa.
Convidámosvos a todos a que asistades.

Gracias e Salud."

4.4.07

...............BOXX................

Boxx é unha exposición inaugurada o pasado xoves no Bar Asociación cultural Reviravolta, en Pontevedra (ó lado do Campillo, pola carreteira que circunvala e que vai dar cara o Lerez dende o concello). Está aberta a partir das 18H.

A mostra é de 7 alumnos de belas artes e as imaxes son da inauguracion. Os seus psudonomes ou motes artísticos son Canya, Muru, Pou, Güi, N.R, Ár Bones, Lou.

A maioría do exposto está a venda. Permanecerá aberta durante 15 días, así que si pasades estas vacións por Pontevedra pasade a tomar unha birra, escoitar música gherrilleira e comprar unha xoia.

A Manel Cráneo e Xaime Asensi pertencen estas imaxes.

http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=9691

29.3.07

BARSOWIA #9


DENDE A EMBAIXADA PRESENTÁMOSVOS O NÚMERO 9 DO FANZINE BARSOWIA

"Presentando unha ducia de nomes do país e dous ilustres convidados lusos, Barsowia continúa a ser a publicación de cómic mundial con máis autores galegos de banda deseñada... ¡E de primeira liña! Coa factura inmellorable dunha portada de Brais Rodríguez e un novo deseño de publicación de Álvaro López, o Barsowia é como sempre 100% cómic e contén catorce historias cun pleno case total do actual plantel do colectivo independente Polaqia.
Barsowia gañou o Premio do Público do Saló de Barcelona ao mellor fanzine de España en 2005 e este ano opta ao mesmo galardón na categoría oficial.


Abre o número unha historia do Oeste moi distinta ao típico duelo de pistoleiros: "Westernland", por un David Rubín en estado de graza e flamante acaparador de catro candidaturas aos premios de Barcelona. En "Domésticos", Kike Benlloch e Brais Rodríguez desvelan coma ninguén o que hai realmente tras iso ao que lle chaman verdadeira amizade... No seu estilo inconfundible, Susa Monteiro lévanos ao mar de sombras de "Adeus tristeza", mentres que Hugo Covelo asina nada máis e nada menos ca "O correo de Barsowia", e dá resposta ás innumerables misivas que invaden el Correo Imperial Polaqo. Jose Domínguez e Kike Benlloch en "O ladrón da choiva", Diego Blanco ("Tanque Familiar") nun relato sen título e, de novo, o gran Brais Rodríguez en "A pantasma de Breixo", usan con destreza o pincel a modo de bisturí para que afloren sentimentos que, a miúdo nos escapan no día a día. Mentres, o tándem formado por Andrea López e Kike Benlloch explora un universo onírico en "A igrexa do coñecemento", Roque Romero continúa a súa hipnótica evolución formal con "E vivirei no monstro". Paulo Monteiro realiza un impresionante despregue gráfico levándonos mediante "A canção do soldado" ás trincheiras da I Guerra Mundial. Tamén encontrarás un conto de bichos raros sen escrúpulos titulado "Recadadores" por Gochi e Kike e a continuación do universo de Álvaro López ("Feliz Cumpleaños, May", "El Jardín Atómico") mediante un novo capítulo de "Habitación 13" iniciado no tomo "Barsowia en Chamas". Inicio tamén, e de luxo, o da serie de Emma Ríos ("A Prueba de Balas") para o Barsowia: Un western chamado "Entre os ollos" digno de competir coa mesmísima Deadwood. E como guinda final, Sergio Covelo fainos gozar de "Un día perfecto". "

20.3.07

dulces sueños con Pablo Pérez

Pablo Pérez, a quen entrevistamos no fanzine Despregable, inaugura exposición este venres. Máis datos baixo todas estas liñas que él mesmo enviounos explicando a grandes rasgos esta mostra:
"Sweet Dreams are Made of this (Who am I to disagree), se asoma, a través de diferentes personajes, al fin de las utopías y los sueños que marcan el fin de adolescencia y el comienzo de la vida adulta. Tomando como título, la oscura y bonita canción que popularizaron Eurithmics, Sweet dreams presenta diferentes retazos de un estado de vigilia, que preguntan al espectador si ese yo adolescente que todos mantenemos en reserva sigue todavía temiendo a la oscuridad, y si todos aquellos falsos anhelos, y placebos propios de la condición adulta pueden hacer algo al respecto…
haciendo equilibrios entre nihilismo y hedonismo, Sweet dreams configura, sin salir de cama, una estética de la resistencia que nos atañe a todos, ya que abarca siempre importantes procesos emocionales y cognitivos, y apunta, fugazmente y con el dedo, hacia el lugar donde van a morir los sueños…"


Sweet Dreams Are Made Of This (Who Am I To Disagree?)
Viernes 23 Marzo/ 20:00h
Galería Espacio 48. Rúa do Vilar 48, Santiago de Compostela
tf: 981 575 568


19.3.07

O DESPREGABLE EN MIRAXES


o espazo cultural televisivo miraxes fixo referencia, o pasado sábado,
ao noso fanzine Despregable.
(ou a lo menos iso nos dixeron as amigas prusianas...)
seguimos aquí preparando moitas cousiñas, manteremosvos informados!

22.2.07

DESPREGABLE #12



portada do novo número
1 euro
todo exterior con mucha luz

21.2.07

FESTA DE PRESENTACIÓN DESPREGABLE #12

ao fin! o despregable xa está na imprenta dende onte a mañá!!
xa podo adiantar contidos, e esta vez hainos de todas as cores e estilos.
The Homens como grupo musical
Fuck Comics como opción comiquera
Pedro Vila Táboas como valor cinematográfico
Conversaciones con Mr. Rocks como rincón filosófico
Arco como crónica dunha viaxe
Kike Benlloch como tira de banda deseñada
Karlos Abal como imaxe a inquedar
e por suposto... un dossier co "mellor" do 2006!
próximamente nas librerías e demáis antros

A PRESENTACIÓN O SÁBADO E O DOMINGO! O SÁBADO NO RIF DE CAMBADOS E O DOMINGO NO CONTINENTAL DA MESMA VILA

SAUDOS PRUSIÁNS

20.2.07

JAZZ NO PRINCIPAL

Os compañeiros do fanzine, SPJ, pásannos esta información.
Se pinchas na imaxe verás mellor os datos.

19.2.07

CASTING EN SANTIAGO

PINCHA POR QUE UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS. E UNHA IMAXE CON PALABRAS VALE MÁIS QUE 2000?

12.2.07

"ELaBoranDo o MeU dEliriO" de Juan Carballo

"ELABORANDO O MEU DELIRIO"
Será na Casa da Cultura de Vilagarcía
o venres 16 de febreiro ás 21.15 horas.

Artista convidados:
The Syndicate(Cuarteto de Jazz)
Moncho Nuñez e Karlos Abal (Cantautores) .
Ledicia Costas (Escritora)
Nuria Diaz (Montaxe Audiovisual)

mini log


5.2.07

CICLO DE CINE "ENTRE FRONTEIRAS" VIGO

NO AUDITORIO DA CASA DO CONCELLO DE VIGO (PRAZA DO REI S/N)
SESIÓNS AS 20:30
Unha selección de filmes que falan das fronteiras e dos límites xeográficos, históricos, reais ou imaxinarios; historias relacionadas cos problemas de identidade, coa integración ou marxinación social, cos conflitos fronteirizos, co nomadismo, co territorio individual e social, e os seus arredores.

PROGRAMA:
luns 5 febreiro
Camping à la Ferme, de Jean-Pierre Sinapi / Francia, 2005, 92’ cor- V.O.S.C.
luns 12 febreiro
Nomadak Tx, de Raúl de la Fuente / España, 2005, 87’ cor-V.O.S.C.
luns 19 febreiro
Todos nos chamamos Alí [Angst Essen Seele Auf], de R. W. Fassbinder / Alemaña, 1973, 93’ cor-V.O.S.C.
luns 26 febreiro
A última lúa [La última luna], de Miguel Littin / Chile, 2005, 105’ cor-V.O.S.C.

29.1.07

*****···. . . o frio da embaixada . . . ···*****

o frio ralentizou a maquinaria da embaixada e ainda estamos sen especificar contidos do próximo número do Despregable
o número 13
non hai doce sen trece, e ainda que lentos, esperamos saca-lo próximo número en febreiro
un saúdo dende a redacción


23.1.07

EXCURSIÓN MEDIO AMBIENTAL POR CAMBADOS

Chéganos outra nova refernte ao cuidado do medio ambiente, esta vez dende Cambados:


POLONOSO estase centrando na realización dun arquivo que reflexe a situación medioambiental do concello, con fichas para identificar os puntos críticos de contaminación, imaxes, videos e información.
Para isto, entre outras cousas, realizaremos unha excursión por diferentes zonas do concello para ir recopilando esta información, ademáis de pasar un día agradable, facendo deporte á vez que tomamos contacto coa natureza e coñecemos a súa problemática, tomaremos nota e ficharemos os vertedeiros incontrolados, os verquidos e as construccións que afean e perxudican as zonas naturais a través de fotografías, videos, anotacións...
(En caso de que chova, trasladarase a data para outro día. Esta vai ser a primeira de moitas saídas que nos fagan coñecer e concienciar a todos sobre a realidade medioambiental de Cambados.)

22.1.07

ACTO DE INFORMACIÓN SOBRE O VOLUNTARIADO NOS MONTES



Dende o departamento de Xuventude de Vilagarcía chéganos esta nova:
"A Concellería de xuventude e a asociación Adega levarán a cabo o vindeiro 27 de xaneiro ás 10.45 h. unha xornada de presentación do traballo do voluntariado en defensa do monte en Vilagarcía de Arousa.
Ás 12.00 h farase un percorrido polas principais zonas afectadas.
Prégase confirmación da asistencia no teléfno da Concellería de Xuventude: 986 099200 Extensión 211"

12.1.07

HANOM AUSSE


Non é novo, xa saiu o ano pasado dalgún lugar de Catoira. Non hai excusa para non ter publicado antes esta referencia, so certa deixadez e despiste, pero non ia pasar o 07 sen falar deste gran traballo (tamén recordo o anterior d.r.i.m.i.n. igualmente bo).

A reseña no blog ruido de musas

"Hanom ausse estivo xuntando anacos e restos e decidíu que era bo tempo de rematar unha etapa. Tres temas para deixar atrás e empezar de cero dende o porvir. 'Grubi Mércores' é un trip rampante po-las ponlas dos carballos que chega ós 14 minutos. Psicodelia de veigas sen niños de nespras. Que o disfruten.

1. Grubi Mércores (14:33) no Sendspace 33,07 mb
2. Hippie das veigas (5:46)
3. Non sei por qué segundos (3:00)"

Para escoitalo busca esta imaxe en http://www.aregueifa.net/

29.12.06

12.12.06

DESPREGABLE #11

O último Despregable do ano está nas librerías, pubs e tendas que se precien agardando a que as recollades por 1€. Nun principio e por causas económicas non faremos este ano o "agardado" anuario, teremos que facer bianuario o ano que ven... se é que chegamos.
A embaixada dará vacacións de nadal aos seus traballadoras/es e a ver se voltan para xaneiro... vos manteremos informados, porque aínda non as temos todas con nós.

No poster central atopades esta imaxe tomada en Rumanía por Joan Morera.

7.12.06

III MILLA SOLIDARIA


III milla solidaria
Data: 10 de decembro de 2006
Hora: 12.30
Saída: dsede o Auditorio de Vilagarcía (Rúa Elpidio Villaverde)
Percorrido: 1609 m
1 trofeo: gañador categoría masculina
1 trofeo: gañadora categoría feminina

5.12.06

XAQUÍN ROSALES NA REGUEIFA

"E unha ledicia para min ofrecervos estas “miradas dende a cuarta dimension” o meu pequeno libro de fotografias con textos da poeta salvadoreña Nora Mendez i musica de Manuel Carcache, espero que vos guste, podedes velo i descargalo en http://www.aregueifa.net.

algun dia atoparemonos, Xaquin
"


30.11.06

conciertazo gratis en santiago


CONCERTO SOLIDARIOSerá de BaldeData: 5 de decembro de 2006
Lugar: Multiusos do Sar. Santiago de Compostela
Hora: 21horas
Haberá buses gratuítos desde a Praza Roxa cada 15 minutos a partires das 20horas.

21.11.06

DESPREGABLE #11

...e non podía esperar a que saira! aquí tendes a portada.
O próximo número do fanzine ademáis de custar só 1€ ven cargadiño de entrevistas interesantes colaboradores de todas as disciplinas imaxinables e cun especial sobre o noso amado Tom Waits.
Máis info próximamente, e nunha semana estará nos kioskos, bares, pubs e discotecas ata se agotar!!
Saudos e saude!!!


17.11.06

artech 2006 en pontevedra


Para os que non vos puidestes apuntar, sempre tedes a posibilidade de ir a inauguración da mostra "conectando fronteiras", na Casa das Campás (zona vella de pontevedra) e na Sala X na Facultade de Belas Artes.

13.11.06

"SHAKE AND VIBRATE" SIXTIES WEEKEND EN OURENSE



2ª ediciòn
"Shake and Vibrate" sixties weekend
THE SUPERCOOL CLUB y BAD SEED (Asociación Recreativa Cultural) llevan más de diez años organizando actividades culturales como exposiciones, audiciones, conciertos, parties, proyecciones, en Ourense y en otras ciudades de Galicia. Hemos unido fuerzas desde la primera edición del "Shake And Vibrate" (Noviembre 2005) con el único propósito de conseguir que no dejeis de mover los pies, trayendo a nuestra ciudad lo mejorcito de la escena sixties actual, bandas y pinchadiscos, que gustosos comparten su "arte" con nosotros.
ACTIVIDADES:

VIERNES 17 NOVIEMBRE>
EN CONCIERTO:
KAISER GEORGE and THE HI RISERS( New York ,Escocia)
entrada> 10 euros
apertura puertas 21.00 h. comienzo show> 21.45 h.
sala ROCK CLUB(doctor fleming,5.OURENSE)

TOP DJ`S en acciòn en…
pub BADULAKE (praza do ferro,os viños)de 00.00 a 04.00 de la madrugada
y en ROCK CLUB de 04.30 a cierre.

SABADO 18 NOVIEMBRE >
EN CONCIERTO:
THE ANACIN(Leòn) + PIGMALIONS(Ourense)
entrada> 6 euros
apertura puertas: 21.00 h. / comienzo show: 21.30 h.
sala ROCK CLUB(doctor fleming,5.OURENSE)

TOP DJ`S en acciòn en…
pub BADULAKE (praza do ferro,os viños)de 00.00 a 04.00 de la madrugada
y en ROCK CLUB de 04.30 a cierre.

TOP DJ`S IN ACTION:
MIGUEL YGARZA (Madrid)
EMILIO "SMARTBOY" (Madrid)
CARLITOS "GAVILAN" YUGUEROS (Leòn)
NURIA " LA COBRA " SUAREZ (Leòn)
ALEX "BIG VOXXMAN" (Coruña)
SUPERCOOL DJ`S (Ourense)

Labra Sala Rock ClubC/ Dr. Fleming nº5, Ourense, 32003 Españaweb: www.rockclub.tk e-mail:
labra@rockclub.tk

9.11.06


Estrea da curta: E tí canto vales? a cargo dos /as alumnos/as do curso de curtametraxes levado a cabo pola Concellería de Xuventude de Vilagarcía.
O 10 de novembro ás 21.00 h. Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Coa actuación do grupo Tenderete

5.11.06

III XORNADAS CHÁMALLE X ((F. BB AA))


Fonte:DUVI Vigo
A exposición “Chámalle X”, que este ano acada á súa terceira edición, pretende realizar un achegamento aos artistas galegos da disciplina das accións, é dicir, creacións na que o centro da obra é o propio autor relacionándose cos espectadores nun tempo e espazo concretos. As creacións executaranse durante os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
As xornadas comezará coa presentación dos participantes do ciclo “Arte no parque”, desenvolvido durante o mes de agosto polo Centro Galego de Arte Contemporáneo. Os autores tratarán de achegar a súa visión sobre as accións levadas a cabo dentro da iniciativa, consistente na interpretación das mesmas no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela. A continuación Andrés Senra amosará a súa performance “A tempestade” na sala de exposicións.
Unha mesa redonda en torno á figura de Pedro Garhel, un dos pioneiros no arte multimedia en España e falecido o ano pasado, inaugurará o programa do martes día 8. Na charla intervirán a artista Rosa Galindo e os comisarios de exposicións Karin Ohlenschläger e Fernando Suárez. Posteriormente terán comezo diferentes performances dos autores Ana Gil, As Tres Marías, Roi Fernández e María Cosmes.
A xornada de clausura principiará coa presentación da acción “Internet sen ordenador”, realizada por Juan Lesta e Belén Montero, integrantes do grupo DSK. O resto do programa estará composto polas performances de David Pérez, Hilario Álvarez, Rosa Galindo e Juan Hidalgo.

3.11.06

1.11.06

ARTFUTURA 2006 - VIGO - ESTÉTICA DE DATOS

De novo voltaremos a Vigo para desfrutar deste festival da arte dixital. Como novidade este ano convócase o premio de creación de videoxogos para Play Station animando os creadores independientes.
Para todos os demáis temos arte, tecnoloxía e cultura dixital para quedar ben satisfeito durante unha temporada.
Este ano, a temática rondará en torno ao interés que está a suscitar en moitos creadores, o movimento constante de datos na rede, e como visuliza-lo de forma estética. Tamén abordará a media-arquitectura, ou como se poden integrar estes fluxos de datos nos espacios urbanos. 3w.artfutura.org




29.10.06

PROXECTO-EDICIÓN, PONTEVEDRA


O proxecto edición foi unha orixinal e atractiva proposta. Unha feira na que as diferentes publicacións, fora do sistema tradicional de edición, se deron cita. O Despregable tamén estivo alí gracias ao "acollemento" no stand de alg-a. Outras publicacións, como Criatura, La más bella, d(x)i, Shift, Polaqia, Wendy & Rita, Lalata... ocuparon os seus propios stands.
Representacións dos centros de arte galego, comunidades como alg-a, colectivos como sinsal etc...

24.10.06

Banda Deseñada do Despregable #10


Aquí tendes a banda deseñada que acompañou ao último Despregable publicado que ainda está nas librerías.
É obra de Dani Abella, un rapaz madrileño colaborador da Embaixada Prusiana.
O apartado de banda deseñada do fanzine tivo colaboradores ata agora, galegos como Ginola, Roi Fernández ou Nuria Díaz.
Se alguén ten interese en publicar algún comic pode escribirnos a embaixadaprusiana@yahoo.es e tentaremos publicalo.
No próximo número viñetas de Xaime Asensi...

18.10.06

CHARLA-OBRADOIRO DE LINUX E SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA


ESTA É A INFORMACIÓN QUE NOS CHEGOU HOXE SOBRE UN OBRADOIRO A CERCA DE LINUX E DO SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA DENTRO DE DOUS FINS DE SEMANA:

"Con esta Charla-Obradoiro o que queremos é reflexionar sobre a importancia de contar con software na propia lingua para avanzar no proceso de normalización, nomeadamente entre a mocidade e no eido socioeconómico (...) Falará Roberto Brenlla, economista pola USC e socio fundador e presidente de AGNIX ata xullo de 2006 (...) Na charla obradoiro ofreceremos aos asistentes un cd co GNIX e outro OpenOffice.org en galego, ademáis de diverso material."

PROGRAMA // MÉRCORES-XOVES // CERTAME AUDIOVISUAL // VILAGARCÍA


MAIS SINXELO TODAVÍA
mais sinxelo todavía
máis sinxelo todavía