
O "comezo" do "verán" trae algunhas novas dentro da destartalada oficina da embaixada prusiana.
Por un lado estamos a preparar, xa moi agobiados, a próxima entrega do fanzine. Xa podemos anticipar algún artigo, como as entrevista ao grupo vilagarcián Cornelius, ao fotógrafo tamén vilagarcián Xaquín Rosales e a dous artistas (galega e asturiano) que ofrecen unha fresca e descarada visión da arte contemporánea. Moitas outras reportaxes e colaboracións de todo tipo que seguro que vos farán pasar un bo rato.
Por outro lado ao longo do mes de xullo terá lugar o proxecto artístico Nós e a rede. As primeiras intervencións serán en Vilagarcía, despois en Cambados e por último na Illa. A embaixada está metida ata a gorxa neste evento e colabora moi de perto, xunto co artista cambadés Saúl Otero, na organización deste ambicioso proxecto. Haberá performance, exposicións fotográficas, poesía, música e pintura-graffiti. (iremos informando máis detidamente).
A finais de xullo repetiremos por terceiro ano consecutivo o M3STURAS 3, con música de Cornelius, El bosque Ambulante, mostras e proxeccións audiovisuais, todo en Cambados.
Outra opción para o ocio e cultura da fin de seman veraniega.














































