22.6.09

flocos.tv

como comenzastes o verán 09? polo salnés empezou moi soleado, esperemos que as nubes que acaban de sair desaparezan deprisa!

fai uns meses atopamos esta páxina, flocos.tv que é coma un cineclube na rede, ao alcance de todos os que teñades internet.

Pódense ver pezas completas de animación, ficción, documental e incluso cine experimental.
cando teñades un rato botádelle un ollo porque paga a pena.
De feito recibiu o premio Mestre Mateo 2008 a mellor obra interactiva.



E o despregable nº 22 xa está en marcha. Supoñemos que xa tendes o 21 nas vosas mans, senón aínda o podedes atopar nas librerías e pubs da zona!

2 comentarios:

  1. Non a coñeciades? pois o certo é que está moi ben. Por certo, en mandarvos algo estamos. SAúdos e apertas

    ResponderEliminar
  2. ok! esperamos recibir pronto ese "algo"! saudos!

    ResponderEliminar

di hola