15.12.05

EMBAIXADA AUDIOVISUAL 05


EMBAIXADA AUDIOVISUAL 05
O día 23 de nadal, as 20:30hrs no Auditorio de Vilagarcía, poderedes asistir de forma gratuita, a proxección das curtas gañadoras do Festival de Cans de O Porriño, produccións galegas de gran calidade. Ademáis proxectaremos o documental Mariñeiros en Terra, que trata a catástrofe do Prestige dende o punto de vista dos máis afectados.

Vémonos alí, prusiáns do mundo....

12.11.05

e no interior ... o nº 5!!

Este número 5 ven cerrar o primeiro ano de actividades da Embaixada, a pintura de Fernando Arenaz, The Sonics, Charlie Parker, Cine Asiático, banda deseñada e moito máis ... son algúns dos temas dos que falaremos no Despregable de novembro-decembro
se sodes socios xA o podedes reclamar, senón o atoparedes nos bares e librerías de costume
...e proximamente a festa de presentación...
>>un saúdo prusián<<

6.11.05

PERIFERIAS de Xaquín Rosales


A mostra fotográfica Periferias, pódese ver dende o pasado venres día 4 na Sala Caixanova da Casa da Cultura en Vilagarcía de Arousa.
O feismo urbanístico é o tema principal da serie de fotografías de Rosales, tendo unha segunda lectura na situación de Galicia como periferia da producción artística.
A pesar desta situación a calidade artística da nosa terra pode competir con calquer outro lugar do mundo.
A Embaixada Prusiana foi a promotora do evento, así que esperamos a vosa visita.

23.10.05

O ÚLTIMO DESPREGABLE DO 2005???

Queridos prusiáns, achégase a data final para a recepción das vosas colaboracións ó Despregable nº5.

Collede a máquina de escribir, o ordenador, ou a pluma e non dubidedes en enviarnos as vosas críticas de cine, arte, música, fotos, comics...

24.9.05

DESPREGABLE #4

O mércores que ven sairá da imprenta o despregable máis outonal que temos publicado na vida.
Entre outras cousas falaremos de Uxía Vaello, unha bailarina vilagarciana do máis imaxinativa, tamén temos a colaboración dun catoirense que nos sorprendeu cun freaky comic, e Blanca R. Leal, fotógrafa vilagarciana cun especial sentido do humor. Esto entre outros moitos temas como o cine de David Lynch, The Flaming Lips etc etc...

24.8.05

DESPREGABLE #3

Esta é a auténtica portada do número 3 do Despregable xa nas vosas librerias, nos vosos bares e demáis antros culturais...
En breve o número 4... non hai tempo que perder!

8.8.05

PRESENTACIÓN DESPREGABLE #3 EN VILAGARCÍA


O xOves 11 as 10.30 da noite, nas escaleiras do Auditorio, presentamos o noso fanzine.
Un pequeno acto, no que ademáis de pinchar algo de música e presentar a nosa publicación, poderemos ver un solo de danza a cargo de Uxía Vaello que interpretará a súa peza "Paquita".
¡E para rematar brindaremos cun pouco de champán!
Vémonos alí!!!

21.7.05

M3STURA 2005

···aS xorNadas de HomeNaxe A tOÑin feitas realidade: ···
Venres 22:
ás 8.30: Mestura pictórica no Auditorio de Cambados
ás 10:00: Mestura Audiovisual
á noite Mixturas sónicas nos locais organizadores.
Domingo 24:
CONCERTOS as 23:00 na praza Alfredo Brañas de Cambados:
-bronkitis crónica
-el bosque ambulante
-new rippers

28.6.05

MOSTRA DIXITAL "delirium"


eSquecíasenos informar deste acontecemento tan prusián!! xa inauguramos a 2ª mostra da embaixada.
Nela poderedes ve-la obra de Nuría Díaz, artista arousá que está a piques de rematar belas artes en Pontevedra e que colaborou connosco no Despregable nº 2, na sección adicada a Banda Deseñada. Todo arte esta rapaza.
Ata o 17 de xullo no café Tetuán de Cambados. Non o perdades!!!

15.5.05

FESTA PRESENTACIÓN DESPREGABLE #2


A festa de presentación do nº2 do fanzine despregable no Rif de Cambados, con música en directo e monóloguistas!

DESPREGABLE #2


A PRESENTACIÓN MAÑÁ NO RIF-ROCK DE CAMBADOS! NON VO-LO PERDADES

31.3.05

FESTA PRESENTACIÓN FANZINE DESPREGABLE



A presentación no tupper ware de Santiago foi un éxito, gracias a todos por vir.

30.3.05

DESPREGABLE #1!!

CON MOITÍSIMA ILUSIÓN E TRABALLO OFRECÉMOSVOS
O NÚMERO 1 DO FANZINE DESPREGABLE!!

FESTA PRESENTACIÓN FANZINE DESPREGABLE

HOXE É O GRAN DÍA.... ESTA NOITE NO TUPPER WARE DE SANTIAGO FAREMOS UNA FESTA INCRIBLE CON MÚSICA EN DIRECTO, COCTELES PRUSIÁNS E POR SUPOSTO CON TODOS OS QUE QUEIRADES VIR...

27.3.05

Traxe de gala típico prusián.
NOTA: O da foto rouboulle a kaiser Xaco, o único traxe de gala prúsián coñecido ata o momento. Aquí o podedes ver lucíndoo descaradamente. Se alguén o veu ou ten algunha noticia do seu paradoiro non dudedes en avisar as autoridades.

COCTELES PRUSIÁNS....OS IDES PERDER?

o mércores 30 de marzo...presentación do número 1!! no tupper ware de santiago de compostela.
a partires das 11 da noite, máis ou menos, estaremos alí pinchando boa música e bebendo bos licores.
xa sabedes que tedes que levar garabata ou no seu defecto un bo traxe prusián de gala.
aquí tendes un exemplo de un traxe de gala...
ata pronto!! ate ja! (como diría joana!!)

24.3.05

festa de presentación en febreiro

DESPREGABLE #0


E agora un blog!, a embaixada estase a formar tamén na rede...
Comezamos hoxe a editar este blog, para contarvos todo aquilo que consideramos do noso e, coidamos que tamén, do voso interese.
Somos unha asociación non o esquezades! ;)