29.1.07

*****···. . . o frio da embaixada . . . ···*****

o frio ralentizou a maquinaria da embaixada e ainda estamos sen especificar contidos do próximo número do Despregable
o número 13
non hai doce sen trece, e ainda que lentos, esperamos saca-lo próximo número en febreiro
un saúdo dende a redacción


23.1.07

EXCURSIÓN MEDIO AMBIENTAL POR CAMBADOS

Chéganos outra nova refernte ao cuidado do medio ambiente, esta vez dende Cambados:


POLONOSO estase centrando na realización dun arquivo que reflexe a situación medioambiental do concello, con fichas para identificar os puntos críticos de contaminación, imaxes, videos e información.
Para isto, entre outras cousas, realizaremos unha excursión por diferentes zonas do concello para ir recopilando esta información, ademáis de pasar un día agradable, facendo deporte á vez que tomamos contacto coa natureza e coñecemos a súa problemática, tomaremos nota e ficharemos os vertedeiros incontrolados, os verquidos e as construccións que afean e perxudican as zonas naturais a través de fotografías, videos, anotacións...
(En caso de que chova, trasladarase a data para outro día. Esta vai ser a primeira de moitas saídas que nos fagan coñecer e concienciar a todos sobre a realidade medioambiental de Cambados.)

22.1.07

ACTO DE INFORMACIÓN SOBRE O VOLUNTARIADO NOS MONTES



Dende o departamento de Xuventude de Vilagarcía chéganos esta nova:
"A Concellería de xuventude e a asociación Adega levarán a cabo o vindeiro 27 de xaneiro ás 10.45 h. unha xornada de presentación do traballo do voluntariado en defensa do monte en Vilagarcía de Arousa.
Ás 12.00 h farase un percorrido polas principais zonas afectadas.
Prégase confirmación da asistencia no teléfno da Concellería de Xuventude: 986 099200 Extensión 211"

12.1.07

HANOM AUSSE


Non é novo, xa saiu o ano pasado dalgún lugar de Catoira. Non hai excusa para non ter publicado antes esta referencia, so certa deixadez e despiste, pero non ia pasar o 07 sen falar deste gran traballo (tamén recordo o anterior d.r.i.m.i.n. igualmente bo).

A reseña no blog ruido de musas

"Hanom ausse estivo xuntando anacos e restos e decidíu que era bo tempo de rematar unha etapa. Tres temas para deixar atrás e empezar de cero dende o porvir. 'Grubi Mércores' é un trip rampante po-las ponlas dos carballos que chega ós 14 minutos. Psicodelia de veigas sen niños de nespras. Que o disfruten.

1. Grubi Mércores (14:33) no Sendspace 33,07 mb
2. Hippie das veigas (5:46)
3. Non sei por qué segundos (3:00)"

Para escoitalo busca esta imaxe en http://www.aregueifa.net/