28.7.08

DESPREGABLE #18

Dentro de uns días sairá da imprenta o despregable #18. Moitos traballiños pasamos para sacar este número que sae, con un mes de 31 días de retraso... "all we need is time".
Neste exemplar atoparedes entrevistas sobre humor gráfico da man de Luis Davila, un buenense que xa leva tempo traballando no Faro de Vigo e que acaba de estar nas xornadas de comic de Cangas. De música temos a The Blows un grupo vigués que está a rachar en todos os festiváis, e o festival do norte, a crónica do evento. Na presentación grafitti temos a mr. mono para flipa-lo en cores. Chourizo films é de Cambados e o cine máis underground da comarca. E Juan Carballo de novo de xira cun novo poemario.

Todo isto, e moito máis en Despregable dende O Salnés para o mundo.

21.7.08

DAVIDA para o DESPREGABLE


Así é como tiñamos que ter publicado no número pasado o comic que Davida fixo para nós.
Este post fará as veces dunha "fe de erratas" e aproveitamos para darlle, públicamente, as gracias por todo!!

Para ver máis traballos de Davida pincha 3w.basuryya.blogspot.com e 3w.fuckcomics.blogspot.com

3.7.08

FESTIVAL CULTURA QUENTE (CALDAS)

Un festival gratuito que cada ano vai mellorando e variando a súa oferta musical, sen apalancarse nun estilo e sorprendendo con grupos dignos dun FIB ou un Festival do Norte.
Vaite cedo ou en transporte público para non atopar problemas de aparcamento.
Paralelo ao festival discurre o "kaldarte" no que artistas plásticos interveñen o espacio urbano coas súas creacións (previo paso por unha selección de proxectos).
Todos os que estamos preto de Caldas temos sorte!