17.11.07

DESPREGABLE EN BCN


O DESPREGABLE xa estáa nas librerías máis selectas da cidade condal.
Arriba a librería do MACBA, e abaixo a do Caixa Forum.

7.11.07

CINEMAS DIXITÁIS EN CAMBADOS


CENTRO COMARCAL DO SALNÉS:SALA DE EXHIBICIÓN ALTERNATIVA

Cultura presenta Cinemas Dixitais, un circuíto alternativo de exhibición das producións audiovisuais galegasA Consellería de Cultura e a Axencia Audiovisual Galega presentan un novo e alternativo circuíto de exhibición, que baixo o nome de `Cinemas Dixitais’ ten como obxectivo achegar as producións audiovisuais galegas ás vilas de Galiza.
O sábado 10 de novembro ás 17:30 h. dará comezo no Centro Comarcal do Salnés coa proxección de ‘A Atlántida’ o primeiro ciclo, que achegará 8 telefilmes ao Centro Comarcal do Salnés.

Achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país son as necesidades que a Consellaría de Cultura vai cubrir con este proxecto. Teatros, auditorios, bibliotecas, casas de cultura ou salóns de actos converteranse en salas de cine grazas a esta nova rede de exhibición que a través do soporte dixital, DVD, vai achegar neste primeiro ciclo-piloto un total de 8 telefilmes de produción galega. Na actualidade, a Axencia Audiovisual xa está a traballar no seguinte programa, unha compilación de documentais temáticos que versarán sobre a memoria histórica, o urbanismo ou a muller.
“A Atlántida”, “Autopsia”, “Sara”, “A biblioteca da iguana”, “O tesouro (de Ánxel Fole)”, “Pataghorobi”, “O partido” e “Entre bateas” son os telefilmes elixidos que se van exhibir no Centro Comarcal do Salnés.

Desde novembro ata decembro o Centro Comarcal do Salnés acollerá a exhibición dos telefilmes, que foron seleccionados por contar cunha ampla presenza galega na súa produción. Neste primeiro ciclo piloto decidiuse apostar polos telefilmes, cine feito para televisión, un xénero que cada vez se está a producir máis en Galiza, e que conta cun maior respaldo da Consellaría.

Programación Cinemas Dixitais no Centro Comarcal do Salnés
A Atlántida - Sábado 10 de Novembro ás 17:30Autopsia - Sábado 17 de Novembro ás 17:30Sara - Sábado 24 de Novembro ás 17:30A biblioteca da iguana - Sábado 1 de Decembro ás 17:30O tesouro (de Ánxel Fole) - Sábado 8 de Decembro ás 17:30Pataghorobi - Sábado 15 de Decembro ás 17:30O partido - Sábado 22 de Decembro ás 17:30Entre bateas - Sábado 29 de Decembro ás 17:30
A entrada as diferentes sesións é de balde.