16.6.07

EN PÉ DE PEDRA 2007

Outro ano máis poderemos disfrutar deste maravilloso encontro nas rúas da zona vella e xardíns de Santiago de Compostela. Será a próxima fin de semana.
É unha experiencia única e unha visita obligada xa que neste festival conséguese de forma especial unha unión case mística entre pedra-danza-paseante que e imposible non percibir.
Este ano o festival internacional contará cos seguintes artistas:

PARTICIPANTES
DACM Francia
HISAKO HORIKAWA Xapón ESTREA
RARAVIS- ANDRÉS CORCHERO Cataluña
AKEMI TAKEYAAustria presentación en Galicia
ANA MARTINS Portugal presentación en España
EL BAILADERO-MÓNICA VALENCIANO Canarias ESTREA
TANZVEREIN ERDBERG Austria presentación en España
CAPERUCITA POCO ANIMAL Cataluña presentación en Galicia
COMPAÑÍA DANIEL ABREU Madrid
PURO E DURO
Programa de 5 solos consecutivos de danza en un mismo espacio:
UXÍA P. VAELLO Galicia ESTREA (UXÍA GO GO GO!!)
ESTELA LLOVES Galicia ESTREA
LAURA MARRERO Canarias ESTREA
DIEGO ANIDO Galicia ESTREA
ANUSKA ALONSO Galicia ESTREA

Máis información en:

12.6.07

KAMICAZE PISTACATRO en Santiago o Xoves





CDG, Pista Catro
Neste espectáculo cómico, dirixido a todos os públicos, hai teatro, novo circo, ilusionismo e música en directo. Trátase dunha creación colectiva con dirección de Hernán Gené (premio Max 2005 ao mellor espectáculo de teatro por Sobre Horacios y Curiacios de Teatro de La Abadía).


Kamikaze Compañía: Coprodución entre o Centro Dramático Galego e Pista CatroCreación colectiva Dirección: Hernán GenéElenco: Antón Coucheiro, Natalia Outeiro, Manuel Lago, Pablo Reboleiro, Xabier Mera, Borja Fernández e Alfonso MedinaEscenografía e vestiario: Carlos Alonso e Sandra CostasAuxiliar de dirección: Marcos CarballidoProdución: Xosé DíazXefe técnico: Alfonso CastroAdestrador de danza aplicada ao circo: David LoiraAdestrador para os números de acrobacia: Glen


A homenaxe a un amigo recentemente falecido é o pretexto para que o espectáculo cobre vida por medio dunhas misteriosas personaxes, que se dan cita no funeral para mostrar o seu pesar ao tempo que defenden un modo de vida artística tan arriscado como persoal. Os protagonistas son sete persoas que proveñen do circo, do teatro, do ilusionismo e da música e que, arredor do concepto kamikaze, no sentido romántico do termo (un salto ao baleiro, un camiño suicida, camiñar pola corda frouxa...), ensamblan as súas experiencias e coñecementos individuais nunha montaxe innovadora e multidisciplinar.

(copi-pasti da páxina compostela cultura)

5.6.07

PROXECTO EDICIÓN encontro-feira 07

O proxecto edición consta de varias ofertas. Entre as distintas actividades, unha das máis atractivas é o encontro-feira.
Recoméndocho se es desas persoas que disfruta e devora todo tipo de revistas, fanzines e pubicacións orixinais, divertidas, independentes, a información sabrosa e fresca do extra-radio, a arte plasmada en fotocopias.
Non é unha sinxela feira de mostras para captar compradores, é un mercado de ideas, inspirador e innovador onde seguro que vas atopar algo que encenda a bombilla que temos enriba da cabeza, case sempre off, e pases uns días de felicidade regocixándote no placer do recente descubrimento.
Nós esperamos poder estar representados co noso propio stand, e ofrecerte todo o noso entusiasmo selado nesas páxinas semi-satinadas do Fanzine Despregable.
Búscanse colaboradores (cantos máis mellor).
Será para outubro, se repiten a localización do ano pasado, en Pontevedra. Vos manteremos informados en todo momento.

1.6.07

NOVOS HORIZONTES. Artistas contemporáneos de Francia

miniatura de imaxes da mostra de NOVOS HORIZONTES. Artistas contemporáneos de Francia NOVOS HORIZONTES reúne a un grupo de creadores que nos últimos anos comezaron a despuntar na escena artística internacional. A exposición articúlase ao redor de diferentes temas que se entrecruzan e que deixan intuír un fío condutor, unha común preocupación dos artistas cara ao seu contexto social e político. Nados todos eles en Francia, forman parte dunha xeración que aborda temas moi latentes no panorama social, político e cultural da Francia actual.

A selección da comisaria agrupa, de modo intencionado, a unha grande maioría de artistas que son pouco coñecidos fóra das fronteiras do seu país, xunto a outros con máis presenza e traxectoria no contexto internacional, co fin de ofrecer ao público un panorama o máis completo posible da escena artística actual en Francia.
Dentro desta diversidade, a análisie de contidos permite unha clasificación en varios eixos temáticos: as obras que teñen á relixión como tema central —os retratos dunha comunidade de Clarisse Hahn e o problema da identidade nos vídeos de Valérie Mréjen— combínanse coa análise do contexto sociopolítico —as críticas e crónicas modernas do mundo capitalista en Bruno Serralongue e Vincent Labaume; as tramas terroristas e a paranoia colectiva en Alain Declerq— e coas particulares interpretacións da sexualidade e a violencia na instalación de Philippe Meste ou na ambigüidade transgresora de Brice Dellsperger.

A relación co mundo da infancia, do cine e do cómic de Corinne Marchetti, Katia Bourdarel, Amandine Sacquin, ou Virginie Barré, contrasta coa aguda e irónica visión da sociedade actual nas obras de Bruno Peinado, Patrick Jeannes, e nas fotografías de Fabien Rigobert. A reflexión sobre a imaxe en movemento e a súa interacción co público, sexa a través da televisión, o vídeo ou as novas tecnoloxías, está ben representada na instalación visual e sonora de Julien Discrit no panóptico central, o eclipse virtual de Laurent Grasso, o vídeo interactivo de Martín Le Chevallier, ou a videoinstalación de Élodie Huet, que esixe a participación de dous visitantes para ser entendida por completo. Todas estas obras fálannos da relación espazo-tempo, e a súa capacidade de comunicación co espectador.