27.9.07

35! certame audiovisual internacional liceo-casino vilagarcía

Cuba é o país invitado neste certame, que como podedes ver cambiou de imaxe de forma drástica. Hoxe é tanto ou máis importante, o deseño como os contidos... (ónde está o punk?)
O certame ven a celebrar xa o 35 aniversario... o cal dise pronto. E moitos nos preguntamos se algunha vez en vilagarcía houbo ese ambiente cultureta underground (non prefabricado por concelleiros de cultura e demáis axudantes) que fixo que xurdiran certames como este.
Tamén quería comentar, aquí vou falar en primeira persoa, que fun o ano pasado a algunha proxección... e case non había ninguén. A ver se entre todos lle damos un pouco apoio ao certame que seguro que nos vai ofrecer tardes divertidas e temas para tratar.
Leva aos teus pais, irmáns, tios, amigos, noivo, noiva, amante bandido, á irmá do rapaz que vai a escola co primo do teu veciño, a avoa que che daba a paga os domingos e so che daba para un freskito, "acho que che han chegar para chicles" dicía...
Para máis información 3w.certameaudiovisual.org

26.9.07

NUT TEATRO EN VILAGARCÍA





Auditorio de Vilagarcía, o xoves día 27 as 21.00 hrs. Entrada libre y gratuíta.
Director: Carlos Neira
Actores: Arantxa Villar e Carlos Neira.
A través de un espacio vacío, la compañía NUT Teatro, presenta una propuesta escénica mínima, acercándonos a este texto en el que la fuerza de la palabra, sin más artificios, da cuenta de una lucidez brutal a la hora de acercarse al dolor y a la desesperanza.

20.9.07

GRACIAS SALA NASA
15 HORAS X 15 ANOS
A NASA entra na madurez, deixa de ser unha sala alternativa para convertirse nun teatro para toda a cidadanía. E o queremos celebrar tamén cunha festa especial, abrindo as portas da sala á cidade e ás súas xentes, propias e alleas. E para demostrar a vitalidade dun proxecto que foi medrando coa participación de moitísima xente, o 22 de setembro abriremos as portas a partir das 12 da mañá cun espectáculo-maratón de 15 horas de duración que irá mudando a cara e os contidos cada 15 minutos. Unha festa que contará coa participación de moitos dos artistas que lle deron vida á sala durante estes quince anos.
PROGRAMA PREVISTO:Entrada de balde ata completar o aforo (a partir das 22,30h. retiraranse as cadeiras)
12,00H. SESIÓN VERMÚ con: Os da Ría, Lilí Berlín, Bacana e Juanito Brothers.
13,30H. PRESENTACIÓN DO LIBRO "64x15", recopilación de ilustracións de Fausto para os programas da NASA, coa intervención da Comandancia da NASA e do propio Fausto
14,00H-15,30H. A COMER
15,30H. TERTULIA+CAFÉ
"Compostela: a cultura da cidade ou a cidade da cultura?"
17,00H. SESIÓN DE TARDE PARA TODOS OS PÚBLICOS con: Paula Carballeira, O Circo de Pulgas Carruselo, Berrobambán, Sol Felloza, Manu Lago, Kukas, Santi Prego.
19,00H. TARDE ALTERNATIVA con: Javier Abraldes, Nut Teatro, Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro, Pisando Ovos, Diego Anido, Branca Novo, María Lado e Lucia Aldao, Rebeca Montero e Nuria Sanz, Bucanero, Tristáns, Pepo Suevos, Peña flamenca do Calpe e Samesugas.
22,45H. SESIÓN DE NOITE con: Raqueliña e Merche (aéreos), Marta Pazos e Marcos Ptt, Ugia Pedreira, CArlos Santiago, Pinto D'herbón, Clara Gayo, Uxía Senlle, Carlos Blanco, The Combo Roxo, Pepe Penabade, Quico Cadaval, Pepa Yáñez, Antón Coucheiro, Ministros do Metal, Mofa e Befa, Emma Silva, Non Residentz, No es un árbol, Ruxe Ruxe, Garada K7 e Toni Lomba&Elio dos Santos

14.9.07

PRE-DESPREGABLE #15

o despregable #15 está en periodo de creación
se desexas publicar crónicas festivaleiras, comentarios de discos e cancións do verán, críticas de películas sangrantes e churrasqueiras, ou simplemente facer unha redacción do que foi o verán para ti, non dubides en escribirnos a embaixadaprusiana@yahoo.es e nós o publicamos.
(si vemos que tal)


4.9.07

Convocatoria Pública de Comics en Proxecto (Polaqia)


POLAQIA C.P.C.P.Convocatoria Pública de Cómics en Proxecto
A Asociación Cultural Polaqia abre as súas portas a novos colaboradores/as. Historias breves (para o próximo Barsowia 11), comic-books, álbums ou... ¿quen sabe que tolemia nos poderás propor? Se é bo e nos gústa, todo é posible.
Polaqia publica unha antoloxía semestral de relatos breves en galego (BARSOWIA), unha colección de novelas gráficas en castelán (ROMPEHIELOS), unha colección de minilibros de arte (POLAQIA SKETCHBOOK) e numerosos comic-books, algúns autoconclusivos e outros seriados.
De entrada non impomos formato, xénero, estilo, extensión nin absolutamente ningún tipo de condicionante. Só che pedimos que escollas o teu mellor material, mandar unha parte do traballo completamente acabada (un 10-20% estaría ben) e contar o resto. Podes enviar propostas en calquera idioma con tal de que o entendamos. Ten en conta tamén que en principio traballamos en B/N.
A data límite para esta convocatoria é o 31 de outubro. O 3 de decembro a asociación porase en contacto co/s elixido/s para tratar as condicións da publicación e, se hai acordo entre o colectivo e o autor, en principio temos intención de lanzar as novidades ao longo do primeiro semestre de 2008.
Toda comunicación con Polaqia farase a ( polaqia arrroba gmail punnnto com )
Polaqia é un proxecto independente, modesto pero ambicioso, especialmente no creativo. Fundouse en 2001 e está promovido e dirixido por doce autores de historieta. Funciona en base a recursos propios, sen apoio económico institucional nin respaldo empresarial. Non temos a capacidade dunha editorial de cómics, pero publicamos xa unas cantas cousas bonitas. O próximo pode ser teu, e non importa se es un autor consagrado ou un xenio ata agora descoñecido. De entrada, non te cortes.
Aproveitamos esta ocasión para mandarvos un abrazo a todos/as os que durante esta última edición de Viñetas desde o Atlántico vos pasastes a visitarnos, comprar os nosos cómics, compartir festas, lecturas e debuxos.

BASKET 3x3 SAN TOME 2007