30.12.09


Ilustración: Carlos Otero




16.12.09

DESPREGABLE + A casa do poeta

O número 22 do Despregable, ven acompañado desta vez cun poemario de Juan Carballo A casa do poeta, con ilustracións de Nuria Díaz.

Se estás interesada/o en recibilos ponte en contacto con nós no correo da embaixada.

5.12.09

nº2 do libro dezXquince

Chéganos unha agradable noticia, a publicación do 2º número dos libros de imaxes dezXquince editados por fotoxoguete, co "valor añadido" de que desta volta o artista protagonista é Luis Barreiro a quen entrevistamos no Despregable #22 que saiu esta mesma semana. Aquí deixámosvos a boa nova e unhas preciosas palabras escritas por Xavier Fernández.
dezXquince nº2"Entre tanto, algún lugar" / Luis Barreiro
Un día el poeta dijo: “el espacio o es interior o no existe. Lo otro es pura dimensión” (Carlos Oroza).
El autor inicia un camino, un viaje físico en la lejanía a un territorio ajeno y tal vez desconocido, y se enriquece en el caminar ascendente hacia las cumbres en un viaje interior necesario en el que acepta, al volver, los incidentes producidos por el instrumento mecánico que lo registra (la cámara).
Lo inevitable se convierte en confluente y en intencionalidad conmovedora.
RE-VELADOS los negativos, el accidente pasa a ser alumbramiento incorporado a la propia experiencia vivida. Porque si alguien pensó que la fotografía eran fotogramas aislados, aquí, Luis Barreiro nos descubre que ésta habita de manera necesaria los intersticios, superponiéndose como voces que claman y nos reclaman, y dotando de continuidad narrativa el andar, el vivir. Otras veces nos deslumbra de manera cegadora, donde aparentemente no hay nada o, tal vez, el exceso de luz nos impida ver el acontecimiento. Esto y más cosas es “entre tanto, algún lugar”.
Texto: Xabier Fernández
(Para comprar un libro dezxquince podéis poneros en contacto con: info@fotoxoguete.com.
Su precio es de 4€ más gastos de envío: 0.60€ si el envío se realiza mediante correo ordinario (Fotoxoguete no se hace cargo de pérdida ni deterioro), 3€ si se solicita su envío por correo certificado dentro de la península y de 4€ si es por correo certificado en Europa)

4.12.09

unha cita hoxe, en Cambados!


Hoxe inaugúrase a mostra 9 Olladas.
Nela participan varios fotógrafos que teñen colaborado co fanzine, como Gonzalo Salgado ou José Luiz Oubiña.
No pazo de Torrado, as 20.30 hrs.
Non faltedes!!!

26.11.09

DESPREGABLE # 22


O Despregable nº 22 fíxose de rogar pero xa está a punto de sair pola porta da imprenta.
Neste novo número entrevistamos a Luis Barrerio, un artista de Meaño que presentou a súa obra Aus Schmalegg no pasado Proxecta de Vilagarcía.
O noso poeta de referencia, Juan Carballo preséntanos o seu poemalibro “A Casa do Poeta” que ademáis dos seus versos, conta como é habitual coas ilustracións de Nuria Díaz, nun paso máis do seu macroproxecto músico-poético no que tamén se acompaña de Moncho Núñez en directo. (“A Casa do Poeta” está editado en colaboración coa Embaixada Prusiana, e que podedes conseguir con este mesmo exemplar).
Dende Cataluña chega ás nosas páxinas Llibert Fortuni, unha das figuras máis relevantes dos jazz estatal, que nos atendeu para falar dos seus novedosos proxectos, dende o Electric Quintet ata dirixir Big Bands, e por suposto o seu novo traballo: Triphasic.
Ana de Rada, a nosa corresponsal londinense falounos do graffiti nesa cidade a través dun espacio no que está permitido utilizar os sprays sen represalias.
No apartado de R.F. temos a visita de Emerson Díaz, fotógrafo guatemalteco que actualmente vive en Vilagarcía e que compartiu con nós as súas impresións desta parte do mundo.
O colectivo gráfico RuAn leva o blog
http://cgruan.blogspot.com/ e unha intensa actividade artística. Preséntanos "Levado de Ñapa" no apartado de banda deseñada do Despregable.
O artigo “Moonshine & Sunshine” de Eduardo Fernández achéganos á vida e obra do grandísimo Hank Williams, unha desas figuras tan enormes (e prematuras) coma insuficientemente recoñecidas.
Tamén vos ofrecemos varias entregas das ‘Crónicas Despregables’, ademáis de tóda-las seccións habituais, o boletín do SPJ; unha nova entrega de La Cara B que nos destripa a saga de filmes de Terminator, así como a nova entrega de Tarantino Malditos Bastardos. E por suposto para poñer o punto e final as nosas recomendacións de Ruídos Vs Melodías.

Nos vos esquezades de mercar o #22 para a vosa colección!!

21.10.09

8.10.09

XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

a cita desta fin de semana é a banda deseñada en Ourense.
máis información na casa da xuventude

7.10.09

CAJA DE ACUARELAS

Esta "caixa de acuarelas" é o novo proxecto de Oscar Molina editado por Producciones Efímeras e que nos presentou Carlos Puga de Fotoxoguete.
Edicións exquisitas!


1.10.09

Momentos Vinilo 01- Quico Cadaval e "Os Coruños"

Este vídeo dunha actuación de Quico Cadaval no Vinilo do Grove, é divertidísimo.
Quico é un cras!
Gracias ao Vinilo por compartir estas risas!

29.9.09

Luis Barreiro

próximamente, no fanzine Despregable entrevistamos a Luis Barreiro, artista de Meaño que nos sorprendeu cunha serie de preciosas imaxes no pasado Proxecta 09. Esta é una das imaxes desa serie, Aus Schmalegg. Ademáis doutros moitos artigos e novidades. informaremos

22.9.09

2.9.09

tarde de sábado (29-08-09)


Á espera de imaxes profesionáis, deixamosvos un par de fotos tiradas esta fin de semana no torneo 3x3 de basket en cambados.

24.8.09

4º TORNEO BASKET 3X3


O sábado 29 queremos invitarvos de novo, ao 4º torneo de basket organizado pola embaixada e anidega. Hai 3 locais nos que podedes facer a vosa inscripción, o Rif, o Tetuán e a Leria. E se non ides xogar esperamos veros por alí disfrutando do espectáculo.


"(...) y todo sale de verdad del deporte (...)" El Cordobés.

21.8.09

DOLOROCK 09

en mosteiro (meis) este sábado a partir das 21.00 hrs
entrada de balde e acampada libre!
love of lesbian
niños mutantes
nudozurdo
the blows
+ dj.
máis info en dolorock


20.8.09

4º TORNEO DE BASKET 3X3

O sábado 29 queremos invitarvos de novo, ao 4º torneo de basket organizado pola embaixada e anidega.

Hai 3 locais nos que podedes facer a vosa inscripción, o Rif, o Tetuán e a Leria.
E se non ides xogar esperamos veros por alí disfrutando do espectáculo.

"(...) todo sale de verdad del deporte (...)" El Cordobés.

18.8.09

PROXECTA 09

mañán a tarde (20.30) inaugurarase no Auditorio de Vilagarcía a mostra fotográfica "Our World Now 2"
dos fotoxornalistas da prestixiosa axencia Reuters. unha ocasión única.
ademáis o festival proxecta, que se fai este ano por segunda vez, contará coa proxección da obra de numerosos e recoñecidos fotógrafos, na alameda as 22.30. Art in nature de Miguel Lasa, Camboya de Carlos Rubio, Bodas gitanas de Mónica Vila ou Miedo en los Grandes Lagos de José Cendón entre outros moitos.

(o cartel... un amaño cutre feito en 7 nanosegundos para ilustrar este post. gracias a Carlos Puga de Fotoxoguete por enviar a información!)

13.8.09

noites movidas en vilagarcía

urban vga onte á noite no cavadelo

chill out na praia de compostela


12.8.09

sol de día e chuvia de estrelas á noite

hoxe día 12 anuncian moita calor e chuvia de estrelas.
(e mañá toca L.Cohen en Vigo)
semella que chegou o verán, que xa era hora!

por Cambados as festas do Albariño xa remataron e por Vilagarcía están a piques de comezar as de S.Roque.

gustaríanos saber qué festexades no voso pobo ou aldea, qué concertos hai e todas esas cousas que está ben saber (por se alguén quere escapar das aglomeracións da auga!)

saúdos prusianos dende siam!

6.8.09

fin de semana!


é venres e para moitos comeza a fin de semana.
nótase que estamos en pleno mes de agosto, non tanto polo clima, como pola cantidade de eventos e festiváis que terán lugar nos próximos días.


o
desordes creativas é unha parte do festival brincadeira en Ordes, que se celebrará o sábado e o domingo.

outros festiváis como
troula na banda ou o alternavigo nos que disfrutar de música de todo tipo.

por suposto
o marisquiño en Vigo, un campeonato de skate que na súa IX edición xa ampliou a súa oferta ata se converter nun festival con música, street art, breakdance, mountainbike... e +.

o festival dos abrazos é un mix de danza, música, teatro, cine e outras expresións artísticas en Compostela e que durará todo o mes de agosto.

os museos tamén refrescan a súa programación e oferta. O
MARCO de Vigo organiza o III concursos para novos comisarios.

que pasedes unha divertida fin de semana!

(imaxe do interior do marco de vigo)

5.8.09

festa dos bighotes no RIF

as festas temáticas adoitan ser divertidísimas e no RIF de Cambados ocurréuselles facer unha sobre "bighotes", unha moda que volve forte!
xa sabes pon un bighote na túa vida se queres ir a última!
tedes máis fotos no seu blog.

3.8.09

BARSOWIA #14

chegan novas dende polaqia xa que o novo número do fanzine de banda deseñada Barsowia xa saiu ás rúas.
según nos informan no seu mail este número 14 ten as siguientes características:
"108 páxinas. Portada a cor, interior en branco e negro.Textos en galego
PVP 6 euros.
18 Autores nesta ocasión, entre polaqos, galegos, españois e máis xente que anda polo mundo adiante, dende New York a Venezuela, pasando por Nova Zelanda.
A portada deste nº 14 corre a cargo do insigne Polaqo Sergio Covelo.
"
a portada é moi chula, verdade?

(info via polaqia)

30.7.09

O DESPREGABLE 22 COMEZOU A XIRAR

Bo día!
este número 22 estase a demorar, ainda que xa non nos extrañamos porque o tempo-espacio nas oficinas da embaixada ten outra dimensión.
Un día, de súpeto, ponse a xirar por si mesmo, e acaba collendo forma, así que si queredes colaborar aínda estades a tempo.
(críticas musicáis-arte-cine-imaxe-bd-ilustración)
esperamos as vosas aportacións literarias
saúdos prusiáns!

21.7.09

REVENIDAS 09 (BOA FESTA)





moi bo ambiente
música animada e variada
...pensando na festa de revenidas... definitivamente chegamos a conclusión de que non hai que gastar un diñeiral para fardar de festas.

9.7.09

ERROR VIDEO


ERRORvideo es un espectáculo audiovisual conducido por:
ERROR vj' a.k.a. CALPURNIO. Dibujante de comics e ilustrador, y director y guionista de dibujos animados, autor del popular personaje "El Bueno de Cuttlas". Calpurnio es además, uno de los videojoqueys más veteranos y sorprendentes del panorama internacional.
OLAF LADOUSSE, artista francés residente en Madrid, editor del prestigioso fanzine "¡Qué Suerte!". Miembro hiperactivo del grupo LCDD (los Caballos de Dusseldorf). Ladousse es un reconocido maestro del "circuit bending" (instrumentos autofabricados a partir de juguetes y continentes reciclados)
En sus actuaciones en directo, ERRORvideo recorren un amplio espectro de estilos, desde el minimalismo electrónico más radical a la psicodelia más delirante. Sus mezclas en vivo de imágenes y sonidos electro-naif proporcionan al espectador UN MASAJE NEURONAL AL FILO DEL CAOS, EN LA FRONTERA EN QUE LA PSICODELIA, LA CIENCIA ELECTRÓNICA Y LA RAZÓN SE MEZCLAN ENTRE SÍ.
Más información, temas musicales, video y fotografías en:

http://www.calpurnio.com/
http://www.errorvideo.com/
http://www.myspace.com/error_video
http://www.myspace.com/lcdd
http://www-us.flickr.com/photos/papelcontinuo/sets/953565

7.7.09

mi tesoro... mi devino tesoro

Traemos frescas, nuevas e hilarantes noticias del submundo de los fanzines galegos!!!!

Ya está en la calle el tercer número del Devino Tesoro, a quienes entrevistamos en el pasado despregable #21
(si no lo tenéis podéis pinchar aquí para leer la entrevista completa).

Una portada diseñada por Nati Umpiérrez, bajo la que se encuentran 100 páginas de material infragráfico de altísimo rango, en las que disfrutar del trabajo de Pelucas, Jaime Olmedo, Carletti López, Nati Umpiérrez, Berto Fojo, Manu Griñón, Cobo, Josemaría, Haz, Alberto Iglesias, Mike Kent, Ana Sineiro, Sarita García, Olmo Cuña, Carlos ´Pistola Verde`, Silvia Chanelas e Iria. Artistazas/os todos ellos y verdad verdadera de la buena.

Por 5€ + gastos de envío.
Deja de comprar porquerías rebajadas de zara que ya tienes muchas camisetas!! pero un fanzine como este... esto sólo pasa una vez cada 75 años, como el cometa.

1.7.09

xoves "informativo prusiano"


Hola a todas/os por ahí!

Visitamos o novo blog de
santy gutiérrez , que fíxonos rir coa súa visión do "novo estado" de Michael Jackson (vía baobab estudio)

a festa das revenidas está a punto e programada para pasar a fin de semana do 17 e 18 xullo con sardiñada espectacular, concertos e festa rachada.

o colectivo
entremos na panificadora, de Vigo organizou a mostra fotográfica "Bread Up" no café Bizarre. Son visións de varios fotógrafos/as galegos sobre este singular edificio.

Falcatruada ten a súa axenda de concertos lista para poñer a todo o mundo a bailar e cantar. Visitade o seu
myspace para máis información.

O venres remata o plazo para inscribirse no curso de estéticas da animación que organiza a fundación luis seoane . Por outra banda, o MARCO de Vigo inaugura a 3ª mostra de puntos de encontro con Carlos Bunga.

A XXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas, comeza o venres día 3, cun orzamento menor pero coa mesma ilusión e calidade.

E por suposto, os dez anos do Pub Rif de Cambados, a nosa sede como asociación cultural e local espiritual do fanzine DESPREGABLE.
Feliz primer xoves de xullo do 2009!!

22.6.09

flocos.tv

como comenzastes o verán 09? polo salnés empezou moi soleado, esperemos que as nubes que acaban de sair desaparezan deprisa!

fai uns meses atopamos esta páxina, flocos.tv que é coma un cineclube na rede, ao alcance de todos os que teñades internet.

Pódense ver pezas completas de animación, ficción, documental e incluso cine experimental.
cando teñades un rato botádelle un ollo porque paga a pena.
De feito recibiu o premio Mestre Mateo 2008 a mellor obra interactiva.



E o despregable nº 22 xa está en marcha. Supoñemos que xa tendes o 21 nas vosas mans, senón aínda o podedes atopar nas librerías e pubs da zona!

17.6.09

URTAIN de Animalario en Vilagarcía

[O PRÓXIMO VENRES 19 NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA]
Urtain fue España. España acabó con Urtain. Se suicidó.
La idea de Juan Cavestany viene de la posibilidad de hablar de una época de España salida del franquismo hasta el final de su famosa transición marcada por las Olimpiadas de Barcelona 92.
Y por otro lado:
La historia de un hombre pequeño, peleándose de verdad con el mundo, intentando saber quién es, intentando descubrir: «¿Qué he hecho yo para que todo lo que hago sea tan sucio?», como él mismo decía.
La metáfora del boxeador y la lucha por la vida es recurrente, pero en nuestro caso, nuestra España, fue real.
Urtain fue utilizado como símbolo, como marca. La del toro, la del coñac, la España con dos cojones, la España de raza que tanto gustaba a Franco. ¡Y encima era vasco!
Necesitábamos un símbolo que saliera de la pobreza y el catetismo a base de hostias… ¡y lo encontramos!
Los políticos y la prensa se ocuparon de auparlo y cuando estaba en lo más alto del trapecio lo dejaron solo y sin red. Finales de los 70, la transición. Cada cual arrima el ascua a su sardina.
Urtain ya no interesa. El alcohol, el olvido y la falta de recursos se ocupan del resto.
Es paradójico que, mientras el deporte español triunfa en las olimpiadas de Barcelona 92, Urtain se suicida. Siempre he pensado que todo el deporte, la competición, tiene algo de fascista, y en el caso de Urtain su «raza» tampoco le aseguro la pensión.
Andrés Lima (director)

10.6.09

RUSO NEGRO (DOMINGO EN VINILO)



Será o domingo 14 de Xuño ás 22:30h., 5 € de entrada. AFORO LIMITADO

VÍDEOS, FOTOS E DEMAIS INFO EN:
http://www.myspace.com/rusonegro

Ruso Negro é unha compañía galaico-italiana fundada por Ramón Orencio (ex lateral do Tambre Piel Santiago) e Simone Negrin (ex cociñeiro de Laura Pausini) para confundir música con humor.
Xa son moitos os que se riron deles en varias localidades de Galiza, en diversos festivais de Portugal, en distinguidos polígonos industriais de Castela e algún madrileño de vacacións en Baiona. Mofa e Befa, Quico Cadaval e Carlos Blanco son só algúns dos artistas que non pudieron evitar colaborar con Ruso Negro.

(INFO VÍA VINILO)

8.6.09

devino tesoro (D_#21)

Fai xa un ano coñecimos a dous dos autores do fanzine Devino Tesoro, na feira encontro do Proxecto Edición que coordinou o CGAC, Berto Fojo e Nati Umpiérrez. A feira estivo bastante ben, sobre todo por estes grandes descubrimentos, que lle fan a calquera a vida máis alegre. Atopalo é bastante complicado, se unha non se achega a eventos deste estilo, pero estade alerta, poida que a partires de agora o busquedes e o atopedes... todo é cuestión de desexalo con verdadeira convicción.


Despregable: ¿Cal é a característica que definiría ao Devino Tesoro?
Berto Fojo: Realmente non aporta nada novo. É un fanzine de debuxos. Para moitos iso é suficiente. Non temos pretensións nin coñecemos a verdade suprema. E gústanos facelo.

D.: Básicamente é un fanzine de debuxos e bocetos, ¿parécese en algo a un "caderno de artista"?
B.F.: O único sitio onde nos atreviamos a soltármonos algo a melena era nos nosos cadernos. Todo intento de sairmos de aí soía rematar en parálise. E como tampouco é que estiveramos todo o día a rañar na barriga necesitabamos reivindicarnos dalgunha maneira. O resultado foi gracioso, porque os nosos nomes acompañaban a algunhas imaxes das que nos avergoñabamos, auténticas merdas das que xa non podiamos renegar. Ese era o espíritu. Pero ó invitar a outra xente a participar a cousa foise refinando. É o normal. Non coñezo a case ninguén a quen lle guste que se descubran os seus puntos débiles. Veremos onde leva esta sofisticación.

D.: Participades sempre os mesmos colaboradores ou ides variando?
B.F.: Desde o primeiro número mantémonos Nati Umpiérrez, Carletti López Traviesa e mais eu (Berto Fojo), que somos os que o coordinamos. Meu primo Carliños e Pelucas creo que tamén salen desde o principio. E Jaime Olmedo tamén se colou nos dous. Para o próximo número xa temos cousas de Alberto Iglesias, Carlos Pistola Verde, Olmo, Sara García, Manu Griñón... Só xente á que coñezamos e que nos gusten as súas cousas.

D.: Tendes algunha forma de distribución organizada? Por onde o movedes?
B.F.: O máis organizado que chegamos a facer foi pasarlle algunhas copias a Manu Griñón para que nolas movera en Jerseys Para Los Monos, a súa distribuidora de fanzines. Todo o demáis é moi chacho. Casi todo o mundo acaba por levar unha copia gratis aínda que por dentro ardamos coa rabia por non nos atrever a cobrarlles tres miserables euros. Podo prometer e prometo que iso rematou. Estamos botando a andar un proxecto chamado Tronquis baixo o cal pretendemos organizar cun pouco máis de seriedade unha serie de edicións entre as cales se atopa o Devino.

D.: Que vos atrae do formato impreso, se (frente a internnneee) é o máis difícil de materializar e mover?
B.F.: O cheiro a fin do mundo das tintas e a indescriptible sensación que supón ter un árbol morto entre as mans.
O ritual de currar entre os tres a maqueta recortando e pegando é bastante caótico e divertido. Pero creo que iso tamén rematou. Agora vivimos en Madrid e as fotocopias son máis caras que o salchichón. É o momento de pasármonos á maqueta dixitrónica.

D.: Coñecémosvos na feira-encontro do Proxecto-Edición, que tivo lugar en Pontevedra fai un ano, ¿cómo crees que funcionaría unha feira deste tipo se se realizase anualmente en Galicia?
B.F.: Non sei como funcionaría. O meirande problema que vexo en Galicia é toda esa xente que xestiona a cultural sen ter nin puta idea, sen ningún tipo de sensibilidade cara o artístico. Acaba por convertilo todo en simulacros insulsos. O que tocan transfórmano todo en basura, cos seus folletiños e as súas merdas.
¡Buf! Emociónome só de pensar en que un evento así se consolidase. Sería precioso. Imaxino un recinto cheo hasta o teito de fanzines estranos, de borralla, repleto de xente que confía no soporte autoeditado, chorando todos de emoción sen crer o que están a vivir. Oxalá Deus lea esta entrevista.

D.: Está nalgún punto o nome do fanzine relacionado coa bebida alcohólica?
B.F.: Como non sexa que ámbalas cousas dan puto asco...
Transcribo o fragmento da entrevista radiofónica con Cañita Brava que nos iluminou:
-"Nos encontramos en los estudios de locución con Cañita Brava, una de las figuras que vienen este año a las fiestas de San Mamés. Hola, Cañita. ¿Qué tal?"
-"Sí. En el pueblo de Santandé. Se llama el pueblooo... es un pueblooo... muyyy... muy bonito. Por devino te... ¡Devino Tesoro! Este pueblooo... ¡Devino Tesoro!"
Velaí toda a verdade.
D.: Traballades como copyleft o copyrright!? é dicir...
B.F.: É algo que, sinceramente, nunca nos chegamos a plantexar. Os nosos colaboradores tampouco esixiron nunca nada ó respecto. supoño que se confía en que a estes niveles ninguén cha dea. Aínda que hai moito boitre ó axexo. De feito vou anunciar algo: a xente pode facer o que lle saia do espiritu co fanzine, pero como vexamos a alguén sacando euros o facendo o listo coas imaxes, ímoslle meter un trallazo que lle van sair os dentes polo naris. De tódolos xeitos, é difícl lucrarse cos contidos do zine.

D.: O fanzine é autosuficiente ou tendes que recurrir a outras “fontes de ingreso?
B.F.: De autosuficiente nada. E menos vendendo un fanzine de 130 páxinas a 3 euros. E se regalas ou rebaixas o precio da metade da tirada, nin che conto. Fomos bastante pailáns ata o de agora e perdéronse bastantes cartos. Como non estamos para tiralos trataremos de ser máis estrictos coas contas. Ademáis, a aqueles que realmente valoran este tipo de iniciativas non lles importa pagar 3, 4 ou 5 euros. É un intercambio no que ámbalas partes quedan satisfeitas. Diso se trata: nin foder nin que che fodan. E todos contentos. Regalar é de prepotentes.

D.: ¿Para cando un novo número?
B.F.: Está no forno. Non adianto datas, pero tentaremos que o poidas levar á praia.


E nós o levaremos na bolsa, xunto co SPF 50 PLUS e as palas para xogar.
texto: Cristina
(artigo do fanzine despregable #21)

5.6.09

venres-sábado-domenica

(Por fin chega a fin)
Esta noite na igrexa de San Bieito de Fefiñáns, actuará
Mateo Arnáiz dentro da programación de Espazos Sonoros.
En Santiago terá lugar o Festival Vibracional TPS, con improvisacións durante toda a fin de semana.




hoxe é o día internacional do medio ambiente. a película documental Home dirixida polo fotógrafo Yann Arthus-Bertrand e producida por Luc Besson estrearase en tódo os medios para concienciar e animar a xente a aportar o seu gran de area na conservación do planeta.

(por suposto, tamén se estrea Terminator Salvation)

4.6.09

liba colectivo

a fin de semana pasada, coñecimos no Serralves en Festa de Porto ó colectivo liba.