24.10.07

aRt fuTura 2007 no Marco de Vigo


O art futura é un evento do que todos desfrutaredes se os gusta mínimamente a arte dixital, os videoxogos, ou simplemente os efectos producidos gracias á informática.
Hai 5 programas diferentes con distintas temáticas:
PROGRAMA A: art futura show 2007 // Pod Love
PROGRAMA B: 3D en España 2007 // Demos + Intros
PROGRAMA C: Full motion theatre
PROGRAMA D: 8 bit.
PROGRAMA E: Marcel·li Antúnez
Para máis información clickade no link do marco situado na columna da dereita.

22.10.07

DESPREGABLE #15 NAS RÚAS, AVENIDAS, ESTRADAS...

Queridos todos:
Xa está aquí o fanzine despregable. Menú variado para este outono tan atípico. Na portada Andrea Costas, unha artista galega, cunha obra impactante. Los hijos bastardos de Peter Lorre, un nome longo dabondo para un grupo que versionea aos grandes do rock and roll, Aregueifa, unha plataforma de música galega onde baixarte gratuitamente o traballo de moitos grupos galegos, Festival Paredes de Coura, Grindhouse e incluso unha breve reseña da serie V. A fotografía central é de Mónica Ferreirós e o comic de Sergio Covelo. Música, arte e cine.
Por un euro nas mellores librerías e bares do lugar.
Un saúdo e saude!!

2.10.07

D#15


Este despregable ten moitos colaboradores, e unha das sorpresas é unha nova sección adicada a serie b e a "pseudo serie b". Estrenámosnos coa serie "v" e cos films Grindhouse e ven da man de David A. de Fuck Comics.
Tamén estará Sergio Covelo cunha das súas bandas deseñadas, Mónica Ferreiros con imaxes fotográficas, Juan e a súa crónica do festival de Paredes de Coura, Kurko tamén coas súas crónicas festivaleiras, e distintas entrevistas ao grupo Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou a artista Andrea Costas, ao netlabel A Regueifa...
Agora xa non tardará moito... cremos.