24.8.09

4º TORNEO BASKET 3X3


O sábado 29 queremos invitarvos de novo, ao 4º torneo de basket organizado pola embaixada e anidega. Hai 3 locais nos que podedes facer a vosa inscripción, o Rif, o Tetuán e a Leria. E se non ides xogar esperamos veros por alí disfrutando do espectáculo.


"(...) y todo sale de verdad del deporte (...)" El Cordobés.

21.8.09

DOLOROCK 09

en mosteiro (meis) este sábado a partir das 21.00 hrs
entrada de balde e acampada libre!
love of lesbian
niños mutantes
nudozurdo
the blows
+ dj.
máis info en dolorock


20.8.09

4º TORNEO DE BASKET 3X3

O sábado 29 queremos invitarvos de novo, ao 4º torneo de basket organizado pola embaixada e anidega.

Hai 3 locais nos que podedes facer a vosa inscripción, o Rif, o Tetuán e a Leria.
E se non ides xogar esperamos veros por alí disfrutando do espectáculo.

"(...) todo sale de verdad del deporte (...)" El Cordobés.

18.8.09

PROXECTA 09

mañán a tarde (20.30) inaugurarase no Auditorio de Vilagarcía a mostra fotográfica "Our World Now 2"
dos fotoxornalistas da prestixiosa axencia Reuters. unha ocasión única.
ademáis o festival proxecta, que se fai este ano por segunda vez, contará coa proxección da obra de numerosos e recoñecidos fotógrafos, na alameda as 22.30. Art in nature de Miguel Lasa, Camboya de Carlos Rubio, Bodas gitanas de Mónica Vila ou Miedo en los Grandes Lagos de José Cendón entre outros moitos.

(o cartel... un amaño cutre feito en 7 nanosegundos para ilustrar este post. gracias a Carlos Puga de Fotoxoguete por enviar a información!)

13.8.09

noites movidas en vilagarcía

urban vga onte á noite no cavadelo

chill out na praia de compostela


12.8.09

sol de día e chuvia de estrelas á noite

hoxe día 12 anuncian moita calor e chuvia de estrelas.
(e mañá toca L.Cohen en Vigo)
semella que chegou o verán, que xa era hora!

por Cambados as festas do Albariño xa remataron e por Vilagarcía están a piques de comezar as de S.Roque.

gustaríanos saber qué festexades no voso pobo ou aldea, qué concertos hai e todas esas cousas que está ben saber (por se alguén quere escapar das aglomeracións da auga!)

saúdos prusianos dende siam!

6.8.09

fin de semana!


é venres e para moitos comeza a fin de semana.
nótase que estamos en pleno mes de agosto, non tanto polo clima, como pola cantidade de eventos e festiváis que terán lugar nos próximos días.


o
desordes creativas é unha parte do festival brincadeira en Ordes, que se celebrará o sábado e o domingo.

outros festiváis como
troula na banda ou o alternavigo nos que disfrutar de música de todo tipo.

por suposto
o marisquiño en Vigo, un campeonato de skate que na súa IX edición xa ampliou a súa oferta ata se converter nun festival con música, street art, breakdance, mountainbike... e +.

o festival dos abrazos é un mix de danza, música, teatro, cine e outras expresións artísticas en Compostela e que durará todo o mes de agosto.

os museos tamén refrescan a súa programación e oferta. O
MARCO de Vigo organiza o III concursos para novos comisarios.

que pasedes unha divertida fin de semana!

(imaxe do interior do marco de vigo)

5.8.09

festa dos bighotes no RIF

as festas temáticas adoitan ser divertidísimas e no RIF de Cambados ocurréuselles facer unha sobre "bighotes", unha moda que volve forte!
xa sabes pon un bighote na túa vida se queres ir a última!
tedes máis fotos no seu blog.

3.8.09

BARSOWIA #14

chegan novas dende polaqia xa que o novo número do fanzine de banda deseñada Barsowia xa saiu ás rúas.
según nos informan no seu mail este número 14 ten as siguientes características:
"108 páxinas. Portada a cor, interior en branco e negro.Textos en galego
PVP 6 euros.
18 Autores nesta ocasión, entre polaqos, galegos, españois e máis xente que anda polo mundo adiante, dende New York a Venezuela, pasando por Nova Zelanda.
A portada deste nº 14 corre a cargo do insigne Polaqo Sergio Covelo.
"
a portada é moi chula, verdade?

(info via polaqia)