26.4.09

O DESPREGABLE NO FARO DE VIGO



Na edición arousa do faro de vigo de hoxe, Anxo Martínez fai unha reportaxe sobre os 20 números do despregable que publicamos nos últimos catro anos.

PD- A parte de informar, queremos facer unha "fe de erratas" xa que o fanzine non se vende no CGAC senón na librería Plaxio do MARCO de Vigo. Que tampouco se vende no MACBA, que os da foto somos 2 dos 3 autores do fanzine e que non somos parientes do medallista vilagarcián.

24.4.09

lluvioso (ma non troppo)

en abril... aguas mil, y así estamos
para compensar el mal tiempo, tenemos doble concierto en el RIF ROCK .
y en la agenda de 3w.novaxove.com hay un montón de ideas para vivir estos días "intensamente"


buen fin de semana!

22.4.09

23 Abril Día do libro


Mañá día 23 de abril, é o día do libro = 10% dto.

17.4.09

aXustando aXendas

que tal a semana?
Agora queda o mellor!! e aquí tendes algunhas ideas que chegaron á nosa redacción para aproveitar estes chuviosos días de abril.

De concertos...
hoxe, venres, tocará na sala Son de Cangas Sevigny. The Homens, no Bar Liceum de Porriño e Som do Galpón na sala Mardi Gras de Coruña. Todos a partir das 23.00 h. (vía Falcatruada)


Isi Vaamonde presentará novo disco no Rif Rock de Cambados o sábado a partir das 23.30 h.

O sábado en Pontevedra terá lugar a festa de presentación do Festival do Norte na sala Karma coa actuación de Francisco Nixon. Sortearán camisetas, chapas e o máis importante... Abonos para o festival!

En plan cultureta...

Hoxe inaugúrase a mostra de fotografía de Jose Luiz Oubiña na Quinta de San Amaro, en Meaño, as 20.00 h.

A mostra "Luz instantánea" na Fundación Luis Seoane de Coruña, permanece en cartel dendo o pasado xoves. (Esta fundación ten un novo director a quen entrevistaremos no próximo nº 21 do Despregable.)

No Centro de Interpretación da Ría de Arousa (o edificio rosa sobre pilares que hai na praia de Compostela) tamén pódense visitar ata o 5 de xullo as fotos de Miguel Riopa, quen colaborou con nós no fanzine, sobre a America's Cup 08.

Tamén achéganse noticias do Festival de Paredes de Coura, onde estarán NIN e The Rascals.

E na Embaixada, estamos traballando duro para sacar o fanzine nº 21 o antes posible. Estaredes informados a través deste blog!

12.4.09

°• • ° upcoming 21 ° • • °

Xa estamos preparando o fanzine nº 21!

para colaboracións podes contactar con nós en: embaixadaprusiana@yahoo.es

9.4.09

festivais d'un día

¡semana santa musical en Vilagarcía e Cambados!
hoxe celébrase a festa de presentación do FLU POP no sound bar Climax de Cambados, e o venres 10 será o festival no pabellón de San Tomé.
En Vilagarcía a festa do VI aniversario de Mundo Vermello, traerá á Praza da Peixería más música.
Tamén o sábado, é o 3º aniversario do Gotham Club, non faltedes!

7.4.09

concentración en defensa da sala nasa

a sala nasa saeu a rúa para defenderse das acusacións de ser un nido de terroristas.
as veces que estivemos alí, é certo que estivemos a piques de morrer... pero de risa (ou de bailar demasiado!)

1.4.09

que ben se pasa na fin de semana!!!


Boas xente!!
¿qué ides facer a fin de semana? por aquí tendes unhas ideas...

hoxe xoves, o venres e o sábado haberá unha nova ultranoite na sala nasa, desta volta adicada a Charles Darwin, prometedora...

o vernes 3, Luis Davila, inaugura mostra na galería Chroma de Vigo. A Luis entrevistámolo no despregable #18.

pasade a visitar a galería de foto xoguete creada por Carlos Puga e que ten unhas imaxes moi interesantes.

the homens tocarán o 5 no Aturuxo de Bueu.

ese mesmo día tocará Paco Charlín no Café Continental de Cambados.

ata o domingo pódese visitar no Marco a mostra do espacio anexo "amanha nao nasce ninguen" de Pedro Barateiro que se enmarca no proxecto "puntos de encontro/meeting points". E hoxe, ás 20.00, no salón de actos do museo, terá lugar a última conferencia-mesa redonda do ciclo 'A VIVENDA E A PAISAXE'.

o fanzine despregable #20, con entrevistas e reportaxes interesantíííísimos, aínda pódese atopar en todo tipo de antros e "locales cool", librerías e kioskos.

(imaxe vía janite)