1.4.09

que ben se pasa na fin de semana!!!


Boas xente!!
¿qué ides facer a fin de semana? por aquí tendes unhas ideas...

hoxe xoves, o venres e o sábado haberá unha nova ultranoite na sala nasa, desta volta adicada a Charles Darwin, prometedora...

o vernes 3, Luis Davila, inaugura mostra na galería Chroma de Vigo. A Luis entrevistámolo no despregable #18.

pasade a visitar a galería de foto xoguete creada por Carlos Puga e que ten unhas imaxes moi interesantes.

the homens tocarán o 5 no Aturuxo de Bueu.

ese mesmo día tocará Paco Charlín no Café Continental de Cambados.

ata o domingo pódese visitar no Marco a mostra do espacio anexo "amanha nao nasce ninguen" de Pedro Barateiro que se enmarca no proxecto "puntos de encontro/meeting points". E hoxe, ás 20.00, no salón de actos do museo, terá lugar a última conferencia-mesa redonda do ciclo 'A VIVENDA E A PAISAXE'.

o fanzine despregable #20, con entrevistas e reportaxes interesantíííísimos, aínda pódese atopar en todo tipo de antros e "locales cool", librerías e kioskos.

(imaxe vía janite)

1 comentario:

  1. interesante agenda, y tambien lo de linkear las noticiass, saludos

    ResponderEliminar

di hola