29.12.06

12.12.06

DESPREGABLE #11

O último Despregable do ano está nas librerías, pubs e tendas que se precien agardando a que as recollades por 1€. Nun principio e por causas económicas non faremos este ano o "agardado" anuario, teremos que facer bianuario o ano que ven... se é que chegamos.
A embaixada dará vacacións de nadal aos seus traballadoras/es e a ver se voltan para xaneiro... vos manteremos informados, porque aínda non as temos todas con nós.

No poster central atopades esta imaxe tomada en Rumanía por Joan Morera.

7.12.06

III MILLA SOLIDARIA


III milla solidaria
Data: 10 de decembro de 2006
Hora: 12.30
Saída: dsede o Auditorio de Vilagarcía (Rúa Elpidio Villaverde)
Percorrido: 1609 m
1 trofeo: gañador categoría masculina
1 trofeo: gañadora categoría feminina

5.12.06

XAQUÍN ROSALES NA REGUEIFA

"E unha ledicia para min ofrecervos estas “miradas dende a cuarta dimension” o meu pequeno libro de fotografias con textos da poeta salvadoreña Nora Mendez i musica de Manuel Carcache, espero que vos guste, podedes velo i descargalo en http://www.aregueifa.net.

algun dia atoparemonos, Xaquin
"


30.11.06

conciertazo gratis en santiago


CONCERTO SOLIDARIOSerá de BaldeData: 5 de decembro de 2006
Lugar: Multiusos do Sar. Santiago de Compostela
Hora: 21horas
Haberá buses gratuítos desde a Praza Roxa cada 15 minutos a partires das 20horas.

21.11.06

DESPREGABLE #11

...e non podía esperar a que saira! aquí tendes a portada.
O próximo número do fanzine ademáis de custar só 1€ ven cargadiño de entrevistas interesantes colaboradores de todas as disciplinas imaxinables e cun especial sobre o noso amado Tom Waits.
Máis info próximamente, e nunha semana estará nos kioskos, bares, pubs e discotecas ata se agotar!!
Saudos e saude!!!


17.11.06

artech 2006 en pontevedra


Para os que non vos puidestes apuntar, sempre tedes a posibilidade de ir a inauguración da mostra "conectando fronteiras", na Casa das Campás (zona vella de pontevedra) e na Sala X na Facultade de Belas Artes.

13.11.06

"SHAKE AND VIBRATE" SIXTIES WEEKEND EN OURENSE



2ª ediciòn
"Shake and Vibrate" sixties weekend
THE SUPERCOOL CLUB y BAD SEED (Asociación Recreativa Cultural) llevan más de diez años organizando actividades culturales como exposiciones, audiciones, conciertos, parties, proyecciones, en Ourense y en otras ciudades de Galicia. Hemos unido fuerzas desde la primera edición del "Shake And Vibrate" (Noviembre 2005) con el único propósito de conseguir que no dejeis de mover los pies, trayendo a nuestra ciudad lo mejorcito de la escena sixties actual, bandas y pinchadiscos, que gustosos comparten su "arte" con nosotros.
ACTIVIDADES:

VIERNES 17 NOVIEMBRE>
EN CONCIERTO:
KAISER GEORGE and THE HI RISERS( New York ,Escocia)
entrada> 10 euros
apertura puertas 21.00 h. comienzo show> 21.45 h.
sala ROCK CLUB(doctor fleming,5.OURENSE)

TOP DJ`S en acciòn en…
pub BADULAKE (praza do ferro,os viños)de 00.00 a 04.00 de la madrugada
y en ROCK CLUB de 04.30 a cierre.

SABADO 18 NOVIEMBRE >
EN CONCIERTO:
THE ANACIN(Leòn) + PIGMALIONS(Ourense)
entrada> 6 euros
apertura puertas: 21.00 h. / comienzo show: 21.30 h.
sala ROCK CLUB(doctor fleming,5.OURENSE)

TOP DJ`S en acciòn en…
pub BADULAKE (praza do ferro,os viños)de 00.00 a 04.00 de la madrugada
y en ROCK CLUB de 04.30 a cierre.

TOP DJ`S IN ACTION:
MIGUEL YGARZA (Madrid)
EMILIO "SMARTBOY" (Madrid)
CARLITOS "GAVILAN" YUGUEROS (Leòn)
NURIA " LA COBRA " SUAREZ (Leòn)
ALEX "BIG VOXXMAN" (Coruña)
SUPERCOOL DJ`S (Ourense)

Labra Sala Rock ClubC/ Dr. Fleming nº5, Ourense, 32003 Españaweb: www.rockclub.tk e-mail:
labra@rockclub.tk

9.11.06


Estrea da curta: E tí canto vales? a cargo dos /as alumnos/as do curso de curtametraxes levado a cabo pola Concellería de Xuventude de Vilagarcía.
O 10 de novembro ás 21.00 h. Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Coa actuación do grupo Tenderete

5.11.06

III XORNADAS CHÁMALLE X ((F. BB AA))


Fonte:DUVI Vigo
A exposición “Chámalle X”, que este ano acada á súa terceira edición, pretende realizar un achegamento aos artistas galegos da disciplina das accións, é dicir, creacións na que o centro da obra é o propio autor relacionándose cos espectadores nun tempo e espazo concretos. As creacións executaranse durante os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
As xornadas comezará coa presentación dos participantes do ciclo “Arte no parque”, desenvolvido durante o mes de agosto polo Centro Galego de Arte Contemporáneo. Os autores tratarán de achegar a súa visión sobre as accións levadas a cabo dentro da iniciativa, consistente na interpretación das mesmas no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela. A continuación Andrés Senra amosará a súa performance “A tempestade” na sala de exposicións.
Unha mesa redonda en torno á figura de Pedro Garhel, un dos pioneiros no arte multimedia en España e falecido o ano pasado, inaugurará o programa do martes día 8. Na charla intervirán a artista Rosa Galindo e os comisarios de exposicións Karin Ohlenschläger e Fernando Suárez. Posteriormente terán comezo diferentes performances dos autores Ana Gil, As Tres Marías, Roi Fernández e María Cosmes.
A xornada de clausura principiará coa presentación da acción “Internet sen ordenador”, realizada por Juan Lesta e Belén Montero, integrantes do grupo DSK. O resto do programa estará composto polas performances de David Pérez, Hilario Álvarez, Rosa Galindo e Juan Hidalgo.

3.11.06

1.11.06

ARTFUTURA 2006 - VIGO - ESTÉTICA DE DATOS

De novo voltaremos a Vigo para desfrutar deste festival da arte dixital. Como novidade este ano convócase o premio de creación de videoxogos para Play Station animando os creadores independientes.
Para todos os demáis temos arte, tecnoloxía e cultura dixital para quedar ben satisfeito durante unha temporada.
Este ano, a temática rondará en torno ao interés que está a suscitar en moitos creadores, o movimento constante de datos na rede, e como visuliza-lo de forma estética. Tamén abordará a media-arquitectura, ou como se poden integrar estes fluxos de datos nos espacios urbanos. 3w.artfutura.org




29.10.06

PROXECTO-EDICIÓN, PONTEVEDRA


O proxecto edición foi unha orixinal e atractiva proposta. Unha feira na que as diferentes publicacións, fora do sistema tradicional de edición, se deron cita. O Despregable tamén estivo alí gracias ao "acollemento" no stand de alg-a. Outras publicacións, como Criatura, La más bella, d(x)i, Shift, Polaqia, Wendy & Rita, Lalata... ocuparon os seus propios stands.
Representacións dos centros de arte galego, comunidades como alg-a, colectivos como sinsal etc...

24.10.06

Banda Deseñada do Despregable #10


Aquí tendes a banda deseñada que acompañou ao último Despregable publicado que ainda está nas librerías.
É obra de Dani Abella, un rapaz madrileño colaborador da Embaixada Prusiana.
O apartado de banda deseñada do fanzine tivo colaboradores ata agora, galegos como Ginola, Roi Fernández ou Nuria Díaz.
Se alguén ten interese en publicar algún comic pode escribirnos a embaixadaprusiana@yahoo.es e tentaremos publicalo.
No próximo número viñetas de Xaime Asensi...

18.10.06

CHARLA-OBRADOIRO DE LINUX E SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA


ESTA É A INFORMACIÓN QUE NOS CHEGOU HOXE SOBRE UN OBRADOIRO A CERCA DE LINUX E DO SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA DENTRO DE DOUS FINS DE SEMANA:

"Con esta Charla-Obradoiro o que queremos é reflexionar sobre a importancia de contar con software na propia lingua para avanzar no proceso de normalización, nomeadamente entre a mocidade e no eido socioeconómico (...) Falará Roberto Brenlla, economista pola USC e socio fundador e presidente de AGNIX ata xullo de 2006 (...) Na charla obradoiro ofreceremos aos asistentes un cd co GNIX e outro OpenOffice.org en galego, ademáis de diverso material."

PROGRAMA // MÉRCORES-XOVES // CERTAME AUDIOVISUAL // VILAGARCÍA


MAIS SINXELO TODAVÍA
mais sinxelo todavía
máis sinxelo todavía

16.10.06

PROGRAMA // MARTES // CERTAME AUDIOVISUAL // VILAGARCÍA



O DITO, UN POUCO MÁIS DE OFERTILLA PARA MAÑÁ!! OS DE HOXE ESTIVERON MOI BEN (A MAIORÍA)
NO AUDITORI DE VILLAGARCI
NON

15.10.06

xxxIv certame audiovisual 2006 Vilagarcía de Arousa



Fai unha semana que deu comezo este certame xa coñecido en tódo-los circuitos de creadores audiovisuais, a lo menos, de España. Con importantes premios e cada ano, máis participantes.
Moitas veces pasamos por alto os eventos que están tendo lugar ao noso redor e non disfrutamos deles. Estaría ben apoiar este certame coa presencia de todos, xa que seguro que nos vai gustar e porque ademáis, porque da moita mágoa sair un domingo e atopar árbores recén prantadas rotas e tiradas polo chan. Isto so demostra que o noso nivel cultural sigue tendendo á baixa.
Para a semana que ven temos os seguintes eventos relacionados co certame:

10.10.06

HAIKU INICIA A SÚA XIRA


"Ante la necesidad de definirse con etiquetas que a casi todos/as incomodan, HAIKU se sitúa, por propia iniciativa, como una banda de rock. Una banda que se queda con lo esencial del metal o el hardcore y avanza hacia un estilo propio permitiéndose el lujo de llegar a todos/as sin que nadie pierda su identidad."
Para atopar máis información sobre este grupo pincha na imaxe. O próximo concerto é xa! mañá en Ordes.
-11 Octubre: Festival Desordes (Ordes). 15-12€. 20:00 h.Haiku, Boikot, Konflikto, Zenzar y Kastomá.

Para ver as demáis datas pincha aquí


5.10.06

XVIII XORNADAS DE BANDA DESEÑADA EN OURENSE

Esta é a información que nos pasaron dende LAB·OU*, fai un mes:
«Ainda non está pechado de todo o programa, pero de momento temos confirmadas exposicións dos autores Albert Monteys, Manel Fontdevila, Alberto Vázqez (creador do cartel deste ano) e Miguel Porto do colectivo Polaqia, dos gañadores do Injuve e dos gañadores do concurso Galiza Crea. Estase a estudar a posibilidade de que o Lab·ou fixese un experimento colectivo con todos os autores que estivesen pola cidade. De momento non podemos adiantar moito máis deste tema. Manterémosvos informados das últimas novidades a través deste blog.» Lab·Ou é un novo espacio na rede que tendes que visitar, o link está ahí... á dereita!! Afirman que a maioría das actividades serán esta fin de semana.

2.10.06

JAZZ LIVE!!
















"Na miña casa soa jazz... dende que o despregable nº10 chegou por correo co seu rejaliño"
A verdade é que non chegan a nosa "redacción" historias tan profundas coma esta tódo-los días!
Un gran cd, todo hai que dicilo, e dobre! gracias ao seminario pola súas colaboracións, entre todos estamos metendo jazz e despregables en moitas outras casas!

26.9.06

DESPREGABLE#10


XA ESTÁ NA RÚA O DESPREGABLE # 10
..DE VENTA EN ESTABLECEMENTOS AUTORIZADOS..

25.9.06


Esqueciamos publicar este maravilloso detalle que o inimitable Gogue tivo co noso fanzine Despregable.
Moitas gracias!!

MOCIDADE EN MARCHA


Dende cambados.tk, recibimos esta nova. (Neste primer boletín hai unha entrevista ao Despregable)
"Xa está na rúa o boletín por escrito de
Cambados.tk. Finalmente consta de catorce carillas, portada e contraportada en papel laranxa (non podía ser menos) no cal se poderán atopar artigos de opinión, de cultura, de crítica e mesmo unha homenaxe a Toñín. Se aínda non o tes PODES DESCARGALO DA PÁXINA WEB. "

20.9.06

O DESPREGABLE É A PISSA!!

Ingredientes para un Despregable Nº10:
-dúas ou tres culleres grandes de Gogue (que sempre lle da gracia ao sabor).
-un pouco de Fungo, ao gusto dos comensais.
-ken niimura, 300 gr. Dará colorido e textura ao aspecto final.
-sam peckimpack (uns fotogramas para espolvorear por enriba).
-olia lialina, ese toque ruso que sempre da consistencia ao asunto.
A continuación, añadir a base habitual de actualidade cinematográfica, banda deseñada, axenda cultural, sons e ruidos e melodías, o seminario permanente de jazz de pontevedra, a fotografía central e imprescindible... o de sempre pero cun sabor diferente!!
(agora a esperar a que saia de fornos fidalgo. Ao son da campana... todos á mesa!)


10.9.06


NEWZ DENDE O DVD CLUB ARTE I ENSAIO DE VIGO

PROYECCIONES DE LOS PREMIADOS EN CANS 2006
Tras el veranito volvemos con un nuevo ciclo de proyecciones; para todos aquellos que no pudisteis asistir al la tercera edición del Festival deCans.

DIA 14 de Septiembre HORA 9:30PM
-Ous dous lados da valla, Diego Méndez, premio del jurado al mejor cortometraje de animación.
-O señor dos mosquis, David Rubín, premio del público al mejor cortometraje de animación.
-Querote mal; Mireia Giró, premio del público al mejor cortometraje de ficción.
-Nais; Mario Iglesias. premio del jurado al mejor cortometraje de ficción.

www.festivaldecans.com
Las proyecciones son gratuitas más una caña.
COLABORAN: Vauxhall, Galeria Bacelos, Festival de Cans

7.9.06

RESUMO FÍLMICO DO TORNEO DE BASKET



Se pinchades na imaxe poderedes ver no youtube unha "curta" cedida por Chourizo Films sobre o que foi o torneo de basket deste verán (tan canastero) en Cambados.
Gracias a productora Chourizo Films e por suposto, a tódo-los participantes que cederon os dereitos de imaxe.

4.9.06

XIRIA POP

::NEWZ::
IX FESTIVAL POPXIRIAPOP22 y 23 de Septiembre 2006. Carballo (A Coruña)Cervecería-Sala Dublín (C/ Fomento, 25)Entrada diaria: 9€. Bono dos días: 15€. Reserva de entradas en info@iwanna.org
Aforo limitado a 400 personas

28.8.06

DESPREGABLE 10#

Xa está en órbita o proxecto do #10 do Despregable, aquí está a chamada do fanzine para os que queirades colaborar coas vosas historias no número de setembro-outubro.
un saúdo tripulación e boa viaxe

24.8.06

NoiTe de MeiGas


As bruxas, fantasmas, espíritos, almas e pena e demais manifestacións do esotérico e o descoñecido son, por unha fin de semana, benvidos en Vilagarcía. A cidade despide o seu programa “Verán Vilagarcía” coa Noite de Ánimas, o venres, e a Noite das Meigas, o sábado.

21.8.06

Carlos Otero... mangámoslle este debuxo do seu fotolog, 3w.fotolog.com/krloshbueu esperemos que non lle pareza mal... impactounos moito e queremos que o coñezades.

Tamén aproveito para animar a todos aqueles que queiran colaborar co noso fanzine Despregable a enviar os seus comentarios de discos, de exposicións, imaxes fotográficas ou ilustracións, comics... sempre que vos apeteza publica-lo... xa que empeza a edición do #10
Gracias Carlos!

16.8.06

AGUA AGUA AGUA!!!!

Xaime Asensi envíanos esta ilustración, que representa claramente a rabia e a frustración que sentimos polo estrago ecolóxico que sufrimos estas dúas semanas.
A auga chega o famoso día da auga en Vilagarcía, pero aínda que relaxa a idea de que as lapas finalmente se apagen, a xente do mar comeza agora cunha nova preocupación, que as cinzas cheguen as rías e perxudiquen ao seu medio de vida, a pesca.
....quen e por que, e que soluciones hai é o que nos urxe agora....

14.8.06

GALICIA EN FOCO 2005 EN VILAGARCÍA


Galicia en Foco naceu en Ferrol no 1989.
É o primeiro movemento fotográfico que reivindica o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia.
Gracias a esta cita, pódese desfrutar das mellores imaxes fotoxornalísticas, sendo moitas delas tan curiosas coma a imaxe superior. Por outra banda resulta moi interesante o resumo que resulta do que foron as noticias do ano, dende as numerosas catástrofes que estamos a sufrir na nosa comunidade ata as situacións máis divertidas.
A exposición permanecerá aberta, na casa da cultura de Vilagarcía ata o 4 de setembro.
(A imaxe que acompaña este post foi a gañadora no ano 2005.)

8.8.06

REDE DE CURTAS NA RÚA

UNHA NOVIDADE ENVIADA POLO CONCELLO DE VILAGARCÍA:
Non olvides que a partir do 7 de agosto está aberto o prazo para o curso de Curtametraxes. Recorda que o curso está destinado a mozos e mozas a partires de 16 anos.

Cine na rúa:
11 de agosto ás 23.00 h.
Curtas:
O Boiro, Sólo para Chelo; El examinador; Sirenito; Choque; Sintonía; Birth, School Work death; Máis Madeira.

7.8.06

REPÍTESE A HISTORIA MULTIPLICADA POR MIL


PASARÁN ANOS E ANOS E ANOS E SEGUIRÁN SEN ATOPAR UNHA SOLUCIÓN AO PROBLEMA DE SEMPRE, AO PUTO PROBLEMA DE TÓDO-LOS VERÁNS EN GALICIA, HOXE DA MÁIS MEDO QUE NUNCA.
.SEN NATUREZA NON HAI NADA.

31.7.06

---O MARISQUIÑO---Oh! CAMARÓN---


4-5-6 de a-gusto
"la puresa no se puede perdé nunca cuando uno la lleve dentro de verdá no? entonsé lo único que veo es que la gente no me comprende no? como yo canto, mi manera de sentí todavía la gente no la ha entendío entonse yo...
no le echo cuenta..."

27.7.06

SEGUNDA FEIRA DO DISCO

ONTE COMEZOU NO VINILO A SEGUNDA FEIRA DO DISCO COA PRESENZA, ENTRE OUTROS, DO DESPREGABLE E DO SELO DE JAZZ FREE CODE RECORDS NO MESMO STAND.
HOXE SERÁ NO PUB EL AGENTE NARANJA EN PORTONOVO E MAÑÁ NA FÁBRICA DE CHOCOLATE EN VIGO.
UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA PARA ATOPAR ESES DISCOS E RAREZAS VARIAS QUE FAN TANTA ILUSICÓN. CON JUAN DE PABLOS DE AMENIZADOR MUSICAL E HOXE CONCERTO DE CORNELIUS.
AHÍ QUEDA!!

25.7.06

M3STURAS E O SON

Foi unha noite longa pero valeu a pena a espera. Non se pode dicir que non houbera variedade de estilos, públicos e tendencias á hora de subirse ao escenario, o cal xa é bon dabondo por si mesmo.

O tango máis canalla con Tenderete, o "panki" de Peinados Rebeldes, a lúdica frescura "electro-pop" de 6 p.m. , a experiencia de Airas e as boas dosis de rap de Nueva Radio F.M.
Polo momento non nos guía a experiencia
así que os asistentes teredes que perdoar a desorbitada tardanza no comezo dos concertos.

O venres que ven (28) nova sesión audiovisual no auditorio de Cambados,
as 21 hrs.
deicantón

12.7.06

M3STURA2

DE NOVO O M3STURA EN CAMBADOS NA SÚA SEGUNDA EDICIÓN
MESTURAS AUDIOVISUAIS, ARTÍSTICAS E POR SUPOSTO MUSICAIS EN DISTINTOS PUNTOS DO CENTRO HISTÓRICO DA VILA
ESPERAMOS PODER VERVOS A TODOS POR ALÍ...
(pincha no cartel para ver mellor a programación)



6.7.06

y no más. y no más.

un gran concerto "non todo o mundo pode levar eses mini pantalóns"
esperamos outra visita pronto ou perto locococuraaaaaaaahh

Aproveitamos para contarvos algo que non ten nada que ver con COCOROSIE (neste post nada ten que ver con nada...); é a creación dun Centro Coreográfico Galego en Coruña....
que será será?? whatever will be will be??
uxi profesora!!!

4.7.06

EXPECTANTES ANTE A APARICIÓN



O DESPREGABLE#9 ESTÁ A SAINDO DO HIPERESPACIO. O ATALLO NON SAIU DE TODO BEN POR UNS PROBLEMAS, ASÍ QUE ATERRARÁ COMO MOI CEDO A SEMANA QUE VEN.
MENTRES NÓS SEGUIMOS ESPERANDO (I EXPLORANDO)

3.7.06

M3STURA2 (II PARTE)

MESTURA AUDIOVISUAL II
MESTUR-ARTE II
MESTURAS MUSICAIS II
TODO TIPO DE MESTURAS EN CAMBADOS DENTRO DE 3 SEMANAS
organizan: Embaixada Prusiana + Colectivo Mestura.

esperemos que facilite as cousas: Concello de Cambados.

26.6.06

ISTO É EN PÉ

Como cada ano, este festival de danza fainos pasar uns días incribles en Santiago, e non so pola calidade das súas actuacións (Umeda, na imaxe, ¡que grande!) senón polas boas vibraciones que se perciben nos espectáculos.
Este ano puidemos ver unha gran presenza do teatro tanto a nivel de coreográfico como na profusión de diálogos.
xa comezou o vran, xa foi o en pé de pedra....
Ata o ano que ven.

15.6.06

Ainda que pareza mentira esta non é a p.páxina do MARCO pero é que non témo-la culpa de que os LUDD, vaian a actuar alí coa sua "obra_performance_concerto..." Census, o próximo sábado na clausura de Urbanitas.
Así que ás 20.00 hrs, e de balde, pódese voltar a disfrutar desta gran actuación.
Tamén estará neno escuro (foto superior) a quen vimos nas xornadas alg-as e de quen podo dicir que é moi moi moi moi recomendable.
haberá que ir... vamos, digo eu...