30.7.07

Young Folks

festival Paredes de Coura 2007


Hola a todas/os: transmitímosvos a información sobre o festival portugués que nos chegou estes días entre o correo da embaixada. Recordamos con nostalxía aquel ano no que fumos ilusionados a este festival... agora é o teu turno. Non perdas o cartel cheo de incribles e suculentos concertos:



"La cuenta atrás ha comenzado y el Festival Paredes de Coura presenta un cartel de lo más apetecible que cuenta con artistas de la talla de Babyshambles, Dinosaur Jr., Sonic Youth, Peter Bjorn & John, CSS...
Si después de que conozcan el cartel del Festival Heineken Paredes de que Coura comienzan a sentir una agitación en el cuerpo, no es de extrañar.
Finalmente la música que se va a consumir en cuatro días tiene energía suficiente para provocar millones de sensaciones por todo el cuerpo y mente.
FECHAS
12, 13, 14 y 15 de agosto

LUGAR
Paredes de Coura. Playa Fluvial de Tabuão, en la región del Miño

ESCENARIOS
Los conciertos se distribuyen en cuatro escenarios: Escenario Heineken, Escenario Ruby, Escenario Afterhours y Escenario Ibero Sounds"

..............................o link o tendes aquí:


.................................... un exemplo do que se escoitará de novo aquí ou alí... ???

24.7.07

m3stura3


aquí tendes o cartel do terceiro festival m3sturas que se está a celebrar en Cambados
da man da Embaixada Prusiana.
Hoxe concertos!!

12.7.07

DESPREGABLE #14


o venres xa estará na rúa o número 14 do despregable.
neste número con entrevistas a:
_Cornelius
_Fran Meana y Jana López
_Xaquín Rosales

e reportaxes sobre:
_o festival do norte
_en pé de pedra: danza para paseantes

e as colaboracións especiales de:
_Akeno Omokoto
_Peto Leal
_Manuel Silva

1 eiro, a la la la la lo lo mejol lo llevo yo!!

2.7.07

NÓS E A REDE


O "comezo" do "verán" trae algunhas novas dentro da destartalada oficina da embaixada prusiana.

Por un lado estamos a preparar, xa moi agobiados, a próxima entrega do fanzine. Xa podemos anticipar algún artigo, como as entrevista ao grupo vilagarcián Cornelius, ao fotógrafo tamén vilagarcián Xaquín Rosales e a dous artistas (galega e asturiano) que ofrecen unha fresca e descarada visión da arte contemporánea. Moitas outras reportaxes e colaboracións de todo tipo que seguro que vos farán pasar un bo rato.

Por outro lado ao longo do mes de xullo terá lugar o proxecto artístico Nós e a rede. As primeiras intervencións serán en Vilagarcía, despois en Cambados e por último na Illa. A embaixada está metida ata a gorxa neste evento e colabora moi de perto, xunto co artista cambadés Saúl Otero, na organización deste ambicioso proxecto. Haberá performance, exposicións fotográficas, poesía, música e pintura-graffiti. (iremos informando máis detidamente).

A finais de xullo repetiremos por terceiro ano consecutivo o M3STURAS 3, con música de Cornelius, El bosque Ambulante, mostras e proxeccións audiovisuais, todo en Cambados.

Outra opción para o ocio e cultura da fin de seman veraniega.