17.6.10

Despregable #23

Alegrámonos de comunicarvos que en poucos días estará listo o noso fanzine!! 
o número 23 do despregable ven, como sempre, cheo de contidos interesantes como a crónica do festival do norte, unha reportaxe sobre o estudio de deseño Nadadora, unha entrevista a Los Justicieros, etc.
A portada é unha colaboración coa designer Joana Machado, do estudio CÖLONIA de Porto. A imaxe, tomada por Joana no Xardín Botánico do Porto xa ten influido noutras publicacións que poidemos ver na cidade portuguesa. ;o)

10.6.10

50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega

Este Venres 11 de Xuño terá lugar a presentación do libro "50 anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega" de Fernando Fdz. Rego, publicado pola editorial Toxosoutos.


A presentación será en Santiago de Compostela, no Pazo das Musas (Rúa Nova) ás 20:00h. e contará coa actuación en directo da banda Noise Project. A obra recolle máis de 70 reseñas de bandas e artistas, coas súas discografías completas. Dende Andrés Do Barro e Los Tamara ata moitas das bandas do panorama actual galego. Ademáis o libro inclúe un dobre cd con moitos dos protagonistas. Fernando Rego, é entre outras cousas o responsable da web La Fonoteca, que é unha enorme base de datos da música española, con gran protagonismo da escena galega. E que para a ocasión tamén creou un blog específico: 50 Anos de Malditismo.

4.6.10

vaaaaaaaaaaaamonos!