26.11.09

DESPREGABLE # 22


O Despregable nº 22 fíxose de rogar pero xa está a punto de sair pola porta da imprenta.
Neste novo número entrevistamos a Luis Barrerio, un artista de Meaño que presentou a súa obra Aus Schmalegg no pasado Proxecta de Vilagarcía.
O noso poeta de referencia, Juan Carballo preséntanos o seu poemalibro “A Casa do Poeta” que ademáis dos seus versos, conta como é habitual coas ilustracións de Nuria Díaz, nun paso máis do seu macroproxecto músico-poético no que tamén se acompaña de Moncho Núñez en directo. (“A Casa do Poeta” está editado en colaboración coa Embaixada Prusiana, e que podedes conseguir con este mesmo exemplar).
Dende Cataluña chega ás nosas páxinas Llibert Fortuni, unha das figuras máis relevantes dos jazz estatal, que nos atendeu para falar dos seus novedosos proxectos, dende o Electric Quintet ata dirixir Big Bands, e por suposto o seu novo traballo: Triphasic.
Ana de Rada, a nosa corresponsal londinense falounos do graffiti nesa cidade a través dun espacio no que está permitido utilizar os sprays sen represalias.
No apartado de R.F. temos a visita de Emerson Díaz, fotógrafo guatemalteco que actualmente vive en Vilagarcía e que compartiu con nós as súas impresións desta parte do mundo.
O colectivo gráfico RuAn leva o blog
http://cgruan.blogspot.com/ e unha intensa actividade artística. Preséntanos "Levado de Ñapa" no apartado de banda deseñada do Despregable.
O artigo “Moonshine & Sunshine” de Eduardo Fernández achéganos á vida e obra do grandísimo Hank Williams, unha desas figuras tan enormes (e prematuras) coma insuficientemente recoñecidas.
Tamén vos ofrecemos varias entregas das ‘Crónicas Despregables’, ademáis de tóda-las seccións habituais, o boletín do SPJ; unha nova entrega de La Cara B que nos destripa a saga de filmes de Terminator, así como a nova entrega de Tarantino Malditos Bastardos. E por suposto para poñer o punto e final as nosas recomendacións de Ruídos Vs Melodías.

Nos vos esquezades de mercar o #22 para a vosa colección!!