Fonte:DUVI Vigo
A exposición “Chámalle X”, que este ano acada á súa terceira edición, pretende realizar un achegamento aos artistas galegos da disciplina das accións, é dicir, creacións na que o centro da obra é o propio autor relacionándose cos espectadores nun tempo e espazo concretos. As creacións executaranse durante os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
As xornadas comezará coa presentación dos participantes do ciclo “Arte no parque”, desenvolvido durante o mes de agosto polo Centro Galego de Arte Contemporáneo. Os autores tratarán de achegar a súa visión sobre as accións levadas a cabo dentro da iniciativa, consistente na interpretación das mesmas no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela. A continuación Andrés Senra amosará a súa performance “A tempestade” na sala de exposicións.
Unha mesa redonda en torno á figura de Pedro Garhel, un dos pioneiros no arte multimedia en España e falecido o ano pasado, inaugurará o programa do martes día 8. Na charla intervirán a artista Rosa Galindo e os comisarios de exposicións Karin Ohlenschläger e Fernando Suárez. Posteriormente terán comezo diferentes performances dos autores Ana Gil, As Tres Marías, Roi Fernández e María Cosmes.
A xornada de clausura principiará coa presentación da acción “Internet sen ordenador”, realizada por Juan Lesta e Belén Montero, integrantes do grupo DSK. O resto do programa estará composto polas performances de David Pérez, Hilario Álvarez, Rosa Galindo e Juan Hidalgo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
di hola