CDG, Pista Catro
Neste espectáculo cómico, dirixido a todos os públicos, hai teatro, novo circo, ilusionismo e música en directo. Trátase dunha creación colectiva con dirección de Hernán Gené (premio Max 2005 ao mellor espectáculo de teatro por Sobre Horacios y Curiacios de Teatro de La Abadía).
Neste espectáculo cómico, dirixido a todos os públicos, hai teatro, novo circo, ilusionismo e música en directo. Trátase dunha creación colectiva con dirección de Hernán Gené (premio Max 2005 ao mellor espectáculo de teatro por Sobre Horacios y Curiacios de Teatro de La Abadía).
Kamikaze Compañía: Coprodución entre o Centro Dramático Galego e Pista CatroCreación colectiva Dirección: Hernán GenéElenco: Antón Coucheiro, Natalia Outeiro, Manuel Lago, Pablo Reboleiro, Xabier Mera, Borja Fernández e Alfonso MedinaEscenografía e vestiario: Carlos Alonso e Sandra CostasAuxiliar de dirección: Marcos CarballidoProdución: Xosé DíazXefe técnico: Alfonso CastroAdestrador de danza aplicada ao circo: David LoiraAdestrador para os números de acrobacia: Glen
A homenaxe a un amigo recentemente falecido é o pretexto para que o espectáculo cobre vida por medio dunhas misteriosas personaxes, que se dan cita no funeral para mostrar o seu pesar ao tempo que defenden un modo de vida artística tan arriscado como persoal. Os protagonistas son sete persoas que proveñen do circo, do teatro, do ilusionismo e da música e que, arredor do concepto kamikaze, no sentido romántico do termo (un salto ao baleiro, un camiño suicida, camiñar pola corda frouxa...), ensamblan as súas experiencias e coñecementos individuais nunha montaxe innovadora e multidisciplinar.
(copi-pasti da páxina compostela cultura)
Interesante proposta, magoa que de seguro non poderei ir :( un saudo
ResponderEliminarFoi divertida e entretenida, mais coido que había un 95% de clown e só un 5% de teatro (que tampouco pasa nada, é só pola idea previa que eu levaba)
ResponderEliminaren realidade estaría ben algo máis de actuación porque hai 2 ou 3 que son moi bos actores (aos demáis non os coñezo en acción)pero foi máxico de tódo-los xeitos
ResponderEliminar