23.1.07

EXCURSIÓN MEDIO AMBIENTAL POR CAMBADOS

Chéganos outra nova refernte ao cuidado do medio ambiente, esta vez dende Cambados:


POLONOSO estase centrando na realización dun arquivo que reflexe a situación medioambiental do concello, con fichas para identificar os puntos críticos de contaminación, imaxes, videos e información.
Para isto, entre outras cousas, realizaremos unha excursión por diferentes zonas do concello para ir recopilando esta información, ademáis de pasar un día agradable, facendo deporte á vez que tomamos contacto coa natureza e coñecemos a súa problemática, tomaremos nota e ficharemos os vertedeiros incontrolados, os verquidos e as construccións que afean e perxudican as zonas naturais a través de fotografías, videos, anotacións...
(En caso de que chova, trasladarase a data para outro día. Esta vai ser a primeira de moitas saídas que nos fagan coñecer e concienciar a todos sobre a realidade medioambiental de Cambados.)

2 comentarios:

  1. É unha iniciativa moi interesante, o problema e que non van chegar todas as cámaras do mundo para retratar todos os vertedoiros incontrolados que temos no pobo

    Pfff...

    ResponderEliminar
  2. chegan chegan!! ou polo menos para que axuden a concienciar ó personal que é un paso importante. co dificil que é ir tirar os mobles vellos o monte!!! co sinxelo que é deixalos ao lado do contenedor o martes... en fin...

    ResponderEliminar

di hola