Esta é a auténtica portada do número 3 do Despregable xa nas vosas librerias, nos vosos bares e demáis antros culturais... En breve o número 4... non hai tempo que perder!
O xOves 11 as 10.30 da noite, nas escaleiras do Auditorio, presentamos o noso fanzine. Un pequeno acto, no que ademáis de pinchar algo de música e presentar a nosa publicación, poderemos ver un solo de danza a cargo de Uxía Vaello que interpretará a súa peza "Paquita". ¡E para rematar brindaremos cun pouco de champán! Vémonos alí!!!
Somos unha asociación cultural do salnés formada no 2005.
Editamos o fanzine Despregable, unha publicación independente composta de entrevistas, reportaxes, crónicas... todas elas relacionadas co mundo da arte e da música.
Intentamos comprender e coñecer mellor o panorama cultural galego i en concreto do salnés, e sobre todo disfrutalo.