Este número 5 ven cerrar o primeiro ano de actividades da Embaixada, a pintura de Fernando Arenaz, The Sonics, Charlie Parker, Cine Asiático, banda deseñada e moito máis ... son algúns dos temas dos que falaremos no Despregable de novembro-decembro se sodes socios xA o podedes reclamar, senón o atoparedes nos bares e librerías de costume ...e proximamente a festa de presentación... >>un saúdo prusián<<
A mostra fotográfica Periferias, pódese ver dende o pasado venres día 4 na Sala Caixanova da Casa da Cultura en Vilagarcía de Arousa. O feismo urbanístico é o tema principal da serie de fotografías de Rosales, tendo unha segunda lectura na situación de Galicia como periferia da producción artística. A pesar desta situación a calidade artística da nosa terra pode competir con calquer outro lugar do mundo. A Embaixada Prusiana foi a promotora do evento, así que esperamos a vosa visita.
Somos unha asociación cultural do salnés formada no 2005.
Editamos o fanzine Despregable, unha publicación independente composta de entrevistas, reportaxes, crónicas... todas elas relacionadas co mundo da arte e da música.
Intentamos comprender e coñecer mellor o panorama cultural galego i en concreto do salnés, e sobre todo disfrutalo.