29.10.06

PROXECTO-EDICIÓN, PONTEVEDRA


O proxecto edición foi unha orixinal e atractiva proposta. Unha feira na que as diferentes publicacións, fora do sistema tradicional de edición, se deron cita. O Despregable tamén estivo alí gracias ao "acollemento" no stand de alg-a. Outras publicacións, como Criatura, La más bella, d(x)i, Shift, Polaqia, Wendy & Rita, Lalata... ocuparon os seus propios stands.
Representacións dos centros de arte galego, comunidades como alg-a, colectivos como sinsal etc...

24.10.06

Banda Deseñada do Despregable #10


Aquí tendes a banda deseñada que acompañou ao último Despregable publicado que ainda está nas librerías.
É obra de Dani Abella, un rapaz madrileño colaborador da Embaixada Prusiana.
O apartado de banda deseñada do fanzine tivo colaboradores ata agora, galegos como Ginola, Roi Fernández ou Nuria Díaz.
Se alguén ten interese en publicar algún comic pode escribirnos a embaixadaprusiana@yahoo.es e tentaremos publicalo.
No próximo número viñetas de Xaime Asensi...

18.10.06

CHARLA-OBRADOIRO DE LINUX E SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA


ESTA É A INFORMACIÓN QUE NOS CHEGOU HOXE SOBRE UN OBRADOIRO A CERCA DE LINUX E DO SOFTWARE LIBRE EN VILAGARCÍA DENTRO DE DOUS FINS DE SEMANA:

"Con esta Charla-Obradoiro o que queremos é reflexionar sobre a importancia de contar con software na propia lingua para avanzar no proceso de normalización, nomeadamente entre a mocidade e no eido socioeconómico (...) Falará Roberto Brenlla, economista pola USC e socio fundador e presidente de AGNIX ata xullo de 2006 (...) Na charla obradoiro ofreceremos aos asistentes un cd co GNIX e outro OpenOffice.org en galego, ademáis de diverso material."

PROGRAMA // MÉRCORES-XOVES // CERTAME AUDIOVISUAL // VILAGARCÍA


MAIS SINXELO TODAVÍA
mais sinxelo todavía
máis sinxelo todavía

16.10.06

PROGRAMA // MARTES // CERTAME AUDIOVISUAL // VILAGARCÍA



O DITO, UN POUCO MÁIS DE OFERTILLA PARA MAÑÁ!! OS DE HOXE ESTIVERON MOI BEN (A MAIORÍA)
NO AUDITORI DE VILLAGARCI
NON

15.10.06

xxxIv certame audiovisual 2006 Vilagarcía de Arousa



Fai unha semana que deu comezo este certame xa coñecido en tódo-los circuitos de creadores audiovisuais, a lo menos, de España. Con importantes premios e cada ano, máis participantes.
Moitas veces pasamos por alto os eventos que están tendo lugar ao noso redor e non disfrutamos deles. Estaría ben apoiar este certame coa presencia de todos, xa que seguro que nos vai gustar e porque ademáis, porque da moita mágoa sair un domingo e atopar árbores recén prantadas rotas e tiradas polo chan. Isto so demostra que o noso nivel cultural sigue tendendo á baixa.
Para a semana que ven temos os seguintes eventos relacionados co certame:

10.10.06

HAIKU INICIA A SÚA XIRA


"Ante la necesidad de definirse con etiquetas que a casi todos/as incomodan, HAIKU se sitúa, por propia iniciativa, como una banda de rock. Una banda que se queda con lo esencial del metal o el hardcore y avanza hacia un estilo propio permitiéndose el lujo de llegar a todos/as sin que nadie pierda su identidad."
Para atopar máis información sobre este grupo pincha na imaxe. O próximo concerto é xa! mañá en Ordes.
-11 Octubre: Festival Desordes (Ordes). 15-12€. 20:00 h.Haiku, Boikot, Konflikto, Zenzar y Kastomá.

Para ver as demáis datas pincha aquí


5.10.06

XVIII XORNADAS DE BANDA DESEÑADA EN OURENSE

Esta é a información que nos pasaron dende LAB·OU*, fai un mes:
«Ainda non está pechado de todo o programa, pero de momento temos confirmadas exposicións dos autores Albert Monteys, Manel Fontdevila, Alberto Vázqez (creador do cartel deste ano) e Miguel Porto do colectivo Polaqia, dos gañadores do Injuve e dos gañadores do concurso Galiza Crea. Estase a estudar a posibilidade de que o Lab·ou fixese un experimento colectivo con todos os autores que estivesen pola cidade. De momento non podemos adiantar moito máis deste tema. Manterémosvos informados das últimas novidades a través deste blog.» Lab·Ou é un novo espacio na rede que tendes que visitar, o link está ahí... á dereita!! Afirman que a maioría das actividades serán esta fin de semana.

2.10.06

JAZZ LIVE!!
















"Na miña casa soa jazz... dende que o despregable nº10 chegou por correo co seu rejaliño"
A verdade é que non chegan a nosa "redacción" historias tan profundas coma esta tódo-los días!
Un gran cd, todo hai que dicilo, e dobre! gracias ao seminario pola súas colaboracións, entre todos estamos metendo jazz e despregables en moitas outras casas!