29.3.07

BARSOWIA #9


DENDE A EMBAIXADA PRESENTÁMOSVOS O NÚMERO 9 DO FANZINE BARSOWIA

"Presentando unha ducia de nomes do país e dous ilustres convidados lusos, Barsowia continúa a ser a publicación de cómic mundial con máis autores galegos de banda deseñada... ¡E de primeira liña! Coa factura inmellorable dunha portada de Brais Rodríguez e un novo deseño de publicación de Álvaro López, o Barsowia é como sempre 100% cómic e contén catorce historias cun pleno case total do actual plantel do colectivo independente Polaqia.
Barsowia gañou o Premio do Público do Saló de Barcelona ao mellor fanzine de España en 2005 e este ano opta ao mesmo galardón na categoría oficial.


Abre o número unha historia do Oeste moi distinta ao típico duelo de pistoleiros: "Westernland", por un David Rubín en estado de graza e flamante acaparador de catro candidaturas aos premios de Barcelona. En "Domésticos", Kike Benlloch e Brais Rodríguez desvelan coma ninguén o que hai realmente tras iso ao que lle chaman verdadeira amizade... No seu estilo inconfundible, Susa Monteiro lévanos ao mar de sombras de "Adeus tristeza", mentres que Hugo Covelo asina nada máis e nada menos ca "O correo de Barsowia", e dá resposta ás innumerables misivas que invaden el Correo Imperial Polaqo. Jose Domínguez e Kike Benlloch en "O ladrón da choiva", Diego Blanco ("Tanque Familiar") nun relato sen título e, de novo, o gran Brais Rodríguez en "A pantasma de Breixo", usan con destreza o pincel a modo de bisturí para que afloren sentimentos que, a miúdo nos escapan no día a día. Mentres, o tándem formado por Andrea López e Kike Benlloch explora un universo onírico en "A igrexa do coñecemento", Roque Romero continúa a súa hipnótica evolución formal con "E vivirei no monstro". Paulo Monteiro realiza un impresionante despregue gráfico levándonos mediante "A canção do soldado" ás trincheiras da I Guerra Mundial. Tamén encontrarás un conto de bichos raros sen escrúpulos titulado "Recadadores" por Gochi e Kike e a continuación do universo de Álvaro López ("Feliz Cumpleaños, May", "El Jardín Atómico") mediante un novo capítulo de "Habitación 13" iniciado no tomo "Barsowia en Chamas". Inicio tamén, e de luxo, o da serie de Emma Ríos ("A Prueba de Balas") para o Barsowia: Un western chamado "Entre os ollos" digno de competir coa mesmísima Deadwood. E como guinda final, Sergio Covelo fainos gozar de "Un día perfecto". "

2 comentarios:

  1. Gracias por la difusión, chaval@s!!

    ResponderEliminar
  2. Avera que conseguilo e votarlle un ollo :) ou dous

    ResponderEliminar

di hola