27.9.07

35! certame audiovisual internacional liceo-casino vilagarcía

Cuba é o país invitado neste certame, que como podedes ver cambiou de imaxe de forma drástica. Hoxe é tanto ou máis importante, o deseño como os contidos... (ónde está o punk?)
O certame ven a celebrar xa o 35 aniversario... o cal dise pronto. E moitos nos preguntamos se algunha vez en vilagarcía houbo ese ambiente cultureta underground (non prefabricado por concelleiros de cultura e demáis axudantes) que fixo que xurdiran certames como este.
Tamén quería comentar, aquí vou falar en primeira persoa, que fun o ano pasado a algunha proxección... e case non había ninguén. A ver se entre todos lle damos un pouco apoio ao certame que seguro que nos vai ofrecer tardes divertidas e temas para tratar.
Leva aos teus pais, irmáns, tios, amigos, noivo, noiva, amante bandido, á irmá do rapaz que vai a escola co primo do teu veciño, a avoa que che daba a paga os domingos e so che daba para un freskito, "acho que che han chegar para chicles" dicía...
Para máis información 3w.certameaudiovisual.org

8 comentarios:

  1. Anónimo1/10/07

    Pois... graciñas po-la referencia, mais a risco de ser pesad@, tedes que escoitar o DiScazo das 11 banDaS da Vila que se fixo con versións de cine.... DSaludos...

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1/10/07

    que tipo de horarios son esos para un festival de cortos? quién va a ir a ver un corto a las 18.00, sólo jubilados y funcionarios que no tienen que trabajar por las tardes porque los demás no los vamos a catar ni de lejos, ni siquiera los de las 19.30 están muy bien pensados! y quién va a hacer los talleres... que estamos en pleno curso!! y los que trabajan?? mucho cambiar la imagen para luego dejar estos detalles al aire... menos diseño y más cabecita

    ResponderEliminar
  3. Anónimo1/10/07

    Pois tes toda a razón ruliña...
    toda toda...

    ResponderEliminar
  4. Ainda que a embaixada non suele andar con rodeos, si, hai que dicir que os horarios son unha... chafallada!!

    ResponderEliminar
  5. Anónimo1/10/07

    Tedes razón; xa se ve a cantidade de xente que vai ver teatro o resto do ano ás dez da noite, non sendo claro o que vén de Madrid. O ano pasado no certamen as sesións eran moito máis tarde e eramos catro matados.Desde as sete e media hasta as dez pódense ver moitas cousas que se van repetindo ao longo da semana; programan tamén a fin de semana, sinceramente paréceme un luxo de festival para un sitio no que a sensibilidade cultural está atrofiada.Parabéns e ánimo aos que andan detrás de todo isto!

    ResponderEliminar
  6. A unica vez que fun, foi invitado por o xa desaparecido ( en paz este) Roberto Camba, e o certo é que gostei do que vi, :) Saudos , penso que é un bo certame

    ResponderEliminar
  7. Anónimo2/10/07

    Es cierto, aurora, que el horario no es bueno... Para cinéfilo, que tiene todo mi respeto por comentarnos la atrofia cultural... (ego discrepo) Elegancia, respeto y menos prepotencia, please... y en cuanto al marketing, opino que nunca ha habido tal despliegue en el festival debido a los rancios que antes lo capitaneaban... desde el pasado año ha dado un giro espectacular gracias a su directora... enhorabuena Cruz!!

    ResponderEliminar
  8. entón todos de acordo, o certame está ben, e todos orgullosos de que se celebre, pero hai que considerar, para o ano, outros horarios máis asequibles a todo o mundo. vémonos nas salas! (incluso nas do teatro... cando ven unha boa...claro!)

    ResponderEliminar

di hola