4.9.07

Convocatoria Pública de Comics en Proxecto (Polaqia)


POLAQIA C.P.C.P.Convocatoria Pública de Cómics en Proxecto
A Asociación Cultural Polaqia abre as súas portas a novos colaboradores/as. Historias breves (para o próximo Barsowia 11), comic-books, álbums ou... ¿quen sabe que tolemia nos poderás propor? Se é bo e nos gústa, todo é posible.
Polaqia publica unha antoloxía semestral de relatos breves en galego (BARSOWIA), unha colección de novelas gráficas en castelán (ROMPEHIELOS), unha colección de minilibros de arte (POLAQIA SKETCHBOOK) e numerosos comic-books, algúns autoconclusivos e outros seriados.
De entrada non impomos formato, xénero, estilo, extensión nin absolutamente ningún tipo de condicionante. Só che pedimos que escollas o teu mellor material, mandar unha parte do traballo completamente acabada (un 10-20% estaría ben) e contar o resto. Podes enviar propostas en calquera idioma con tal de que o entendamos. Ten en conta tamén que en principio traballamos en B/N.
A data límite para esta convocatoria é o 31 de outubro. O 3 de decembro a asociación porase en contacto co/s elixido/s para tratar as condicións da publicación e, se hai acordo entre o colectivo e o autor, en principio temos intención de lanzar as novidades ao longo do primeiro semestre de 2008.
Toda comunicación con Polaqia farase a ( polaqia arrroba gmail punnnto com )
Polaqia é un proxecto independente, modesto pero ambicioso, especialmente no creativo. Fundouse en 2001 e está promovido e dirixido por doce autores de historieta. Funciona en base a recursos propios, sen apoio económico institucional nin respaldo empresarial. Non temos a capacidade dunha editorial de cómics, pero publicamos xa unas cantas cousas bonitas. O próximo pode ser teu, e non importa se es un autor consagrado ou un xenio ata agora descoñecido. De entrada, non te cortes.
Aproveitamos esta ocasión para mandarvos un abrazo a todos/as os que durante esta última edición de Viñetas desde o Atlántico vos pasastes a visitarnos, comprar os nosos cómics, compartir festas, lecturas e debuxos.

4 comentarios:

  1. pareceme que é unha meta a que ainda non ei chegar...outra vez a ser :) Saudos

    ResponderEliminar
  2. jejeje o carallo e ter tempo...;)

    ResponderEliminar
  3. por certo pra cando sae o seguinte Despregable?

    ResponderEliminar
  4. o despregable XV sairá en outubro (ou eso esperamos) xa o estamos a preparar. ánimo para presentar algo no concurso de polaqia!!!

    ResponderEliminar

di hola