30.3.10

VII FESTA MUNDO VERMELLO EN VILAGARCÍA

Chégaunos ó buzón da embaixada a seguinte mensaxe:

"Xa queda menos para a Festa Mundo Vermello VII!
Informámoste dos detalles para que podas disfrutar de toda as actividades que temos preparadas para ti.
¡Todo de balde! 3 de abril na praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa.

POLA MAÑÁ, MÁIS ACTIVIDADES Este ano abrimos o espacio Vermello xa pola mañá. Dende as 11:00 na mesma praza da peixería:
- GRAFITADA POPULAR, na cal podes pasarte a expresar as túas inquietudes artísticas.
- Proxección do documental DISPARAR A UN ELEFANTE (Alberto Arce / Mohammad Rujailah), documental editado baixo licencia Creative Commons, no cal se reflexa a operación "Plomo Fundido ", o exercito israelí bombardea a franxa de Gaza dende o 27 de decembro de 2008 ata o 18 de xaneiro de 2009, cun saldo de 1412 palestinos mortos.

POLA NOITE, ¡FESTA!
Ás 22.00 horas comezan os concertos.¡Seremos moi puntuales!
3 grupos galegos e un DJ que promete ruido caña e baile:

TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO   
http://www.myspace.com/trianguloamorbizarro
NOISE PROJECT http://www.myspace.com/noiseproject
RAMBLIN´ ROSE http://www.myspace.com/theramblinroseband
DJ NOISEABUNDO
ATENTOS Ó BLOG
http://mundovermello.blogspot.com/ "

Aproveitaremos para deixar, tamén de balde, uns exemplares do número no que entrevistamos a TAB, busca o teu DESPREGABLE gratuito no recinto da praza da peixería.

1 comentario:

di hola