29.5.10

Bos días!
Aquí deixamos unha información que nos chega dende a nave de Circonove:
"Estimadas/os amigas/os:

Dende Circonove, nave de circo, enviamos información sobre os Cursos de Clown que vos ofrecemos para os meses de xuño e xullo do 2010. Se queredes participar, confirmade o voso interese respostando a este e-mail e eviaremosvos unha ficha de inscripción para que poidades reservar unha praza.
CURSO INTENSIVO DE IMPROVISACIÓN E CLOWN (imparte Antón Coucheiro)
Rirse dun mesmo, facer rir, aceptar o ridículo, pensar en absurdo, vivir no surrealismo, improvisar cada intre, lanzarse ó baleiro... Con ferramentas propias do c lown e con exercicios orientados a deixar de pensar de maneira racional, aprenderemos a improvisar e a crear situacións cómicas. Tamén a crear personaxes, a montar escenas, a fixar as impros, a analizar os sketches. Cinco días para dar renda solta ó noso paiaso e para aprender a manexar todo ese material creativo.
Orientado para os que teñen algunha experiencia escénica e queren aproximarse ó universo dos clowns, para os que nunca fixeron nada e queren iniciarse, para os que xa son paiasos e queren profundizar máis e tamén para os que queren facer todo o contrario e os que non, buscaremos a personalidade cómica individual de cada quen.
Do luns 14 ó venres 18 de xuño
Horario: 4 horas de ma&n tilde;á ou de tarde (a determinar segundo os alumnos)!
Total 20 horas
prezo: 60 euros

CURSO INTENSIVO DE HÁPPENNING NA RÚA (imparte Antón Coucheiro)

A arte de facer o que che peta na rúa e non só que non te leven preso, se non que che dean cartos! O háppening é unha disciplina artística que provén das performances e do living theatre dos anos 60, e que, pasada polo filtro dos clowns, remata por converterse nun estilo de facer shows na rúa. A improvisación, a escoita, o inxenio, a empatía, a capacidade de crear situacións cómicas co que acontece en cada momento, a habilidade de converter en actores á xente que pasa, a sorpresa, o humor, todo isto e moito m&aacu te;is é o háppening.
Aprenderemos certa técnica e ferramentas básicas do háppenning (seguimentos, gags, comunicación co público, interactuación coa xente, como pasar a gorra), e tamén algunhas impros de grupo. É indispensable ter algunha experiencia escénica previa ou ter feito o curso anterior.
Do luns 5 ó venres 9 de xullo
Horario: de 17:00 a 21:00
Total 20 horas

prezo: 60 euros
Se se fan os dous cursos o prezo é de 100 euros
< b>Antón Coucheiro é actor, director e clown. T! raballa habitualmente en teatro, na rúa e na TV. Ten dirixido curtametraxes e espectáculos de circo e de teatro. É membro fundador de PistaCatro e da compañía Arrepentimentos de Padrón."

No hay comentarios:

Publicar un comentario

di hola