Hoxe as oito da tarde, o noso derradeiro colaborador fotográfico, Emerson Díaz, inaugura exposición na Casa das Crechas (Santiago) coa mostra chamada Esencia da terra. Uk´ux Ulew na que amosa a cultura de onde provén, a Maia, e as súa vontade por perdurar.
Esta é a información que nos chegou onte:"A metade da poboación guatemalteca é indíxena. Son seis millóns de persoas que pertencen a 22 etnias, que falan 22 linguas, que resisten ante a imposición colonial, que resisten ante a globalización, que resisten ante o xenocidio. Son os Maias, unha cultura ancestral que se nega a morrer."
Se non podes ir hoxe a inauguración, a mostra estará ata o día 1 do próximo mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
di hola