8.6.09

devino tesoro (D_#21)

Fai xa un ano coñecimos a dous dos autores do fanzine Devino Tesoro, na feira encontro do Proxecto Edición que coordinou o CGAC, Berto Fojo e Nati Umpiérrez. A feira estivo bastante ben, sobre todo por estes grandes descubrimentos, que lle fan a calquera a vida máis alegre. Atopalo é bastante complicado, se unha non se achega a eventos deste estilo, pero estade alerta, poida que a partires de agora o busquedes e o atopedes... todo é cuestión de desexalo con verdadeira convicción.


Despregable: ¿Cal é a característica que definiría ao Devino Tesoro?
Berto Fojo: Realmente non aporta nada novo. É un fanzine de debuxos. Para moitos iso é suficiente. Non temos pretensións nin coñecemos a verdade suprema. E gústanos facelo.

D.: Básicamente é un fanzine de debuxos e bocetos, ¿parécese en algo a un "caderno de artista"?
B.F.: O único sitio onde nos atreviamos a soltármonos algo a melena era nos nosos cadernos. Todo intento de sairmos de aí soía rematar en parálise. E como tampouco é que estiveramos todo o día a rañar na barriga necesitabamos reivindicarnos dalgunha maneira. O resultado foi gracioso, porque os nosos nomes acompañaban a algunhas imaxes das que nos avergoñabamos, auténticas merdas das que xa non podiamos renegar. Ese era o espíritu. Pero ó invitar a outra xente a participar a cousa foise refinando. É o normal. Non coñezo a case ninguén a quen lle guste que se descubran os seus puntos débiles. Veremos onde leva esta sofisticación.

D.: Participades sempre os mesmos colaboradores ou ides variando?
B.F.: Desde o primeiro número mantémonos Nati Umpiérrez, Carletti López Traviesa e mais eu (Berto Fojo), que somos os que o coordinamos. Meu primo Carliños e Pelucas creo que tamén salen desde o principio. E Jaime Olmedo tamén se colou nos dous. Para o próximo número xa temos cousas de Alberto Iglesias, Carlos Pistola Verde, Olmo, Sara García, Manu Griñón... Só xente á que coñezamos e que nos gusten as súas cousas.

D.: Tendes algunha forma de distribución organizada? Por onde o movedes?
B.F.: O máis organizado que chegamos a facer foi pasarlle algunhas copias a Manu Griñón para que nolas movera en Jerseys Para Los Monos, a súa distribuidora de fanzines. Todo o demáis é moi chacho. Casi todo o mundo acaba por levar unha copia gratis aínda que por dentro ardamos coa rabia por non nos atrever a cobrarlles tres miserables euros. Podo prometer e prometo que iso rematou. Estamos botando a andar un proxecto chamado Tronquis baixo o cal pretendemos organizar cun pouco máis de seriedade unha serie de edicións entre as cales se atopa o Devino.

D.: Que vos atrae do formato impreso, se (frente a internnneee) é o máis difícil de materializar e mover?
B.F.: O cheiro a fin do mundo das tintas e a indescriptible sensación que supón ter un árbol morto entre as mans.
O ritual de currar entre os tres a maqueta recortando e pegando é bastante caótico e divertido. Pero creo que iso tamén rematou. Agora vivimos en Madrid e as fotocopias son máis caras que o salchichón. É o momento de pasármonos á maqueta dixitrónica.

D.: Coñecémosvos na feira-encontro do Proxecto-Edición, que tivo lugar en Pontevedra fai un ano, ¿cómo crees que funcionaría unha feira deste tipo se se realizase anualmente en Galicia?
B.F.: Non sei como funcionaría. O meirande problema que vexo en Galicia é toda esa xente que xestiona a cultural sen ter nin puta idea, sen ningún tipo de sensibilidade cara o artístico. Acaba por convertilo todo en simulacros insulsos. O que tocan transfórmano todo en basura, cos seus folletiños e as súas merdas.
¡Buf! Emociónome só de pensar en que un evento así se consolidase. Sería precioso. Imaxino un recinto cheo hasta o teito de fanzines estranos, de borralla, repleto de xente que confía no soporte autoeditado, chorando todos de emoción sen crer o que están a vivir. Oxalá Deus lea esta entrevista.

D.: Está nalgún punto o nome do fanzine relacionado coa bebida alcohólica?
B.F.: Como non sexa que ámbalas cousas dan puto asco...
Transcribo o fragmento da entrevista radiofónica con Cañita Brava que nos iluminou:
-"Nos encontramos en los estudios de locución con Cañita Brava, una de las figuras que vienen este año a las fiestas de San Mamés. Hola, Cañita. ¿Qué tal?"
-"Sí. En el pueblo de Santandé. Se llama el pueblooo... es un pueblooo... muyyy... muy bonito. Por devino te... ¡Devino Tesoro! Este pueblooo... ¡Devino Tesoro!"
Velaí toda a verdade.
D.: Traballades como copyleft o copyrright!? é dicir...
B.F.: É algo que, sinceramente, nunca nos chegamos a plantexar. Os nosos colaboradores tampouco esixiron nunca nada ó respecto. supoño que se confía en que a estes niveles ninguén cha dea. Aínda que hai moito boitre ó axexo. De feito vou anunciar algo: a xente pode facer o que lle saia do espiritu co fanzine, pero como vexamos a alguén sacando euros o facendo o listo coas imaxes, ímoslle meter un trallazo que lle van sair os dentes polo naris. De tódolos xeitos, é difícl lucrarse cos contidos do zine.

D.: O fanzine é autosuficiente ou tendes que recurrir a outras “fontes de ingreso?
B.F.: De autosuficiente nada. E menos vendendo un fanzine de 130 páxinas a 3 euros. E se regalas ou rebaixas o precio da metade da tirada, nin che conto. Fomos bastante pailáns ata o de agora e perdéronse bastantes cartos. Como non estamos para tiralos trataremos de ser máis estrictos coas contas. Ademáis, a aqueles que realmente valoran este tipo de iniciativas non lles importa pagar 3, 4 ou 5 euros. É un intercambio no que ámbalas partes quedan satisfeitas. Diso se trata: nin foder nin que che fodan. E todos contentos. Regalar é de prepotentes.

D.: ¿Para cando un novo número?
B.F.: Está no forno. Non adianto datas, pero tentaremos que o poidas levar á praia.


E nós o levaremos na bolsa, xunto co SPF 50 PLUS e as palas para xogar.
texto: Cristina
(artigo do fanzine despregable #21)

5.6.09

venres-sábado-domenica

(Por fin chega a fin)
Esta noite na igrexa de San Bieito de Fefiñáns, actuará
Mateo Arnáiz dentro da programación de Espazos Sonoros.
En Santiago terá lugar o Festival Vibracional TPS, con improvisacións durante toda a fin de semana.




hoxe é o día internacional do medio ambiente. a película documental Home dirixida polo fotógrafo Yann Arthus-Bertrand e producida por Luc Besson estrearase en tódo os medios para concienciar e animar a xente a aportar o seu gran de area na conservación do planeta.

(por suposto, tamén se estrea Terminator Salvation)

4.6.09

liba colectivo

a fin de semana pasada, coñecimos no Serralves en Festa de Porto ó colectivo liba.

3.6.09

o despregable en washington d.c.


saludos dende Galicia a Washington para a periodista Elvira Palomo quen nos envía esta foto!
ao despregable sempre lle gustou viaxar.

28.5.09

SUPER8, el nuevo espectáculo de Voadora

congratuleixons por la pedazo promo a voadora!

27.5.09

Una jam es una fiesta, una reunión de colegas donde cada uno aporta lo mejor que tiene con el único fin de pasarlo bien.... La chavalada de Pontevedra organizamos esta tercera Jam da Chicharra dentro del programa "Noites Abertas", un proyecto del Concello de Pontevedra que tiene como finalidad el ofrecer alternativas de ocio para las noches del fin de semana. Así que la Chicharra, nuestro festival de cultura urbana en la ciudad, abarca todo aquello que nos interesa: música rap, graffiti, breakdance... nuestra intención es apoyar a los artistas locales e intentar que cada nueva edición sea un punto de reunión para la juventud de la ciudad y un referente dentro de la comunidad gallega... y esperamos compartirlo con todos aquellos que se acerquen al Local de Música de Pontevedra el dia 30 de mayo.
!!! La oferta musical de este año en la Chicharra viene muy fresquita !!!

DELAHOJA, tras 10 años de trayectoria en la escena musical gallega, presentan su primer disco con una curiosa mezcla de estilos e idiomas recién sacado del horno. "El Mordisco" presenta una temática de lo más diversa, abordando desde asuntos de candente actualidad hasta cuestiones de caracter personal, todo ello sin perder un ápice de la frescura y la fluidez con la que el grupo pontevedrés se desenvuelve.

AID viene desde Vigo con su trabajo "Jugando", lp autoeditado que está causando furor con su estilo novedoso y con el que está logrando una potente repercusion mediática luego de ganar el concurso Heineken Greenspace ´08.

Como novedad, este año presentábamos un certamen de maketas para grupos nóveles de rap;
GRAND´S ha sido seleccionado y sabemos que hacen del directo su mejor arma y que no dejaran a nadie indiferente.

Pero antes de los conciertos de la Chicharra, caldearemos el ambiente con nuestra particular Batalla de Mc's. Se abrirá la mesa de inscripciones a las once de la mañana para todo aquel que quiera apuntarse. !!! Premios en metálico !!!
Uno de los escasos campeonatos de bboying que se realizan en Galicia lo tenemos en la Chicharra; intentaremos que estas battles 2vs2 con el paso del tiempo vayan creciendo hasta convertirse en un atractivo nacional y que los diferentes grupos de bboys gallegos puedan disfrutar sin necesidad de salir de la comunidad. Tarima, Dj, Jueces... Inscripciones a partir de las once de la mañana y a las doce comenzarán los filtros de selección... Todo está preparado !!!
Desde la Chicharra creemos que el graffiti, como modalidad artística presente en todos los núcleos urbanos del mundo, merece un hueco en nuestra programación. A medio camino entre certamen y exhibición, en la tarde del sábado 30, o`Ras, Zire, Jota, Eseone y Deas llenarán de colores la explanada del Local de Música de Pontevedra.
Tenéis toda la información del evento en la web
http://www.jamdachicharra.info/




(info vía CRAWLER)

21.5.09

DESPREGABLE #21

En poucos días (ou mesmo horas) sairá da imprenta o nº21 do fanzine DESPREGABLE.
Cargado ata as marxes de contidos variadísimos e colaboracións interesantísimas:


PORTADA DE PELUCAS

ENTREVISTA AO FANZINE "DEVINO TESORO"

ENTREVISTA AO GRUPO QUANT

ENTREVISTA A FUNDACIÓN LUIS SEOANE DA CORUÑA

ENTREVISTA A ELENA BUCH COA SÚA MOSTRA EN MONTEPORREIRO

REPORTAXE SOBRE PACO CHARLÍN

"TIRAS CÓMICAS" DE KALOSÚ

FOTOGRAFÍA CENTRAL DE SIRA BILBAO

CRÓNICA DO FESTIVAL DO NORTE

CRÓNICA DO FLU-POP

CARA B DE DAVIDA, CON MARTES 13

A "CRÍTICA LITERARIA" DE ANA DE RADA, SOBRE O LIBRO SONIC YOUTH, THE RISE OF THE ALTERNATIVE NATION

ADEMÁIS DA SELECCIÓN MUSICAL E DE BANDA DESEÑADA DE TÓDOLOS NÚMEROS.

20.5.09

BARSOWIA #13

máis novedades en polaqia

26.4.09

O DESPREGABLE NO FARO DE VIGO



Na edición arousa do faro de vigo de hoxe, Anxo Martínez fai unha reportaxe sobre os 20 números do despregable que publicamos nos últimos catro anos.

PD- A parte de informar, queremos facer unha "fe de erratas" xa que o fanzine non se vende no CGAC senón na librería Plaxio do MARCO de Vigo. Que tampouco se vende no MACBA, que os da foto somos 2 dos 3 autores do fanzine e que non somos parientes do medallista vilagarcián.

24.4.09

lluvioso (ma non troppo)

en abril... aguas mil, y así estamos
para compensar el mal tiempo, tenemos doble concierto en el RIF ROCK .
y en la agenda de 3w.novaxove.com hay un montón de ideas para vivir estos días "intensamente"


buen fin de semana!

22.4.09

23 Abril Día do libro


Mañá día 23 de abril, é o día do libro = 10% dto.

17.4.09

aXustando aXendas

que tal a semana?
Agora queda o mellor!! e aquí tendes algunhas ideas que chegaron á nosa redacción para aproveitar estes chuviosos días de abril.

De concertos...
hoxe, venres, tocará na sala Son de Cangas Sevigny. The Homens, no Bar Liceum de Porriño e Som do Galpón na sala Mardi Gras de Coruña. Todos a partir das 23.00 h. (vía Falcatruada)


Isi Vaamonde presentará novo disco no Rif Rock de Cambados o sábado a partir das 23.30 h.

O sábado en Pontevedra terá lugar a festa de presentación do Festival do Norte na sala Karma coa actuación de Francisco Nixon. Sortearán camisetas, chapas e o máis importante... Abonos para o festival!

En plan cultureta...

Hoxe inaugúrase a mostra de fotografía de Jose Luiz Oubiña na Quinta de San Amaro, en Meaño, as 20.00 h.

A mostra "Luz instantánea" na Fundación Luis Seoane de Coruña, permanece en cartel dendo o pasado xoves. (Esta fundación ten un novo director a quen entrevistaremos no próximo nº 21 do Despregable.)

No Centro de Interpretación da Ría de Arousa (o edificio rosa sobre pilares que hai na praia de Compostela) tamén pódense visitar ata o 5 de xullo as fotos de Miguel Riopa, quen colaborou con nós no fanzine, sobre a America's Cup 08.

Tamén achéganse noticias do Festival de Paredes de Coura, onde estarán NIN e The Rascals.

E na Embaixada, estamos traballando duro para sacar o fanzine nº 21 o antes posible. Estaredes informados a través deste blog!

12.4.09

°• • ° upcoming 21 ° • • °

Xa estamos preparando o fanzine nº 21!

para colaboracións podes contactar con nós en: embaixadaprusiana@yahoo.es

9.4.09

festivais d'un día

¡semana santa musical en Vilagarcía e Cambados!
hoxe celébrase a festa de presentación do FLU POP no sound bar Climax de Cambados, e o venres 10 será o festival no pabellón de San Tomé.
En Vilagarcía a festa do VI aniversario de Mundo Vermello, traerá á Praza da Peixería más música.
Tamén o sábado, é o 3º aniversario do Gotham Club, non faltedes!

7.4.09

concentración en defensa da sala nasa

a sala nasa saeu a rúa para defenderse das acusacións de ser un nido de terroristas.
as veces que estivemos alí, é certo que estivemos a piques de morrer... pero de risa (ou de bailar demasiado!)

1.4.09

que ben se pasa na fin de semana!!!


Boas xente!!
¿qué ides facer a fin de semana? por aquí tendes unhas ideas...

hoxe xoves, o venres e o sábado haberá unha nova ultranoite na sala nasa, desta volta adicada a Charles Darwin, prometedora...

o vernes 3, Luis Davila, inaugura mostra na galería Chroma de Vigo. A Luis entrevistámolo no despregable #18.

pasade a visitar a galería de foto xoguete creada por Carlos Puga e que ten unhas imaxes moi interesantes.

the homens tocarán o 5 no Aturuxo de Bueu.

ese mesmo día tocará Paco Charlín no Café Continental de Cambados.

ata o domingo pódese visitar no Marco a mostra do espacio anexo "amanha nao nasce ninguen" de Pedro Barateiro que se enmarca no proxecto "puntos de encontro/meeting points". E hoxe, ás 20.00, no salón de actos do museo, terá lugar a última conferencia-mesa redonda do ciclo 'A VIVENDA E A PAISAXE'.

o fanzine despregable #20, con entrevistas e reportaxes interesantíííísimos, aínda pódese atopar en todo tipo de antros e "locales cool", librerías e kioskos.

(imaxe vía janite)

30.3.09

¡¡¡..FLU POP 09 y FESTIVAL do Norte 09..!!!


¡¡Feliz luns a tods!!
Sabemos por experiencia que é dificil empezar a semana, así que para endulzar un pouco o día, aquí tendes o cartel final do
Festival do Norte de Vilagarcía que será os días 1 e 2 de maio.

E unha novidade, o
FLU POP outro festi que faise en Cambados por primeira vez o próximo día 10 de abril.
Non falta nada e ademáis a un precio de "qué crisis??".

23.3.09

pLay-dOC 2009

A pasada fin de semana (onte!) rematou o festival pLay-dOC de Tui. Estivemos o sábado por alí e damos conta de que é un festi moi ben montado, cunha sala de proxeccións en toda regla e un material moi interesante.

As películas foron presentadas polos mesmos directores ou productores, algúns deles vidos de terras lonxanas como Lituania ou Polonia, ofrecéndonos aos espectadores sensacións distintas e moi interesantes sobre a súa obra, e permitindo ao público facer preguntas despois de cada proxección.

Para o ano que ven non faltaremos, e procuraremos avisar aos nosos lectores antes de que se celebre.

Felicidades a toda a organización do festival.


15.3.09

Encontro-feira.08

O video da feira encontro onde estivemos o ano pasado

8.3.09

TALLER FOTOXOGUETE

A partir del martes 10 de marzo abrimos el plazo para inscribirse en el taller de fotografía Fotoxoguete, "Detrás de la cámara" impartido por el fotógrafo Oscar Molina del 01 al 07 de noviembre del 2009 en Paderne, O Caurel en Lugo.

9.2.09

DESPREGABLE #20


dentro de pocos días ya tendremos el ventegenario fanzine despregable a la venta y a la vista

exposición de portadas en vigo (fuck comics)

Recibimos este mail dos amigos do fuck-comics:
"un poco a modo de cierre de los actos de presentación del ultimo número de nuestro fanzine, desde el colectivo Fuck Comics le invitamos a la ultima parada de nuestra “II Exposición e Ilustraciones” en el café La Galería (Ronda de Don Bosco Nº21 Bajo).

Con tal motivo nuestra exposición itinerante, que lleva ya un año recorriendo la ciudad de Vigo y Pontevedra se ha ampliado con nuevas obras de los miembros del colectivo.

La exposición permanecerá en La Galería hasta finales de febrero."

2.2.09

POLO SALNÉS CON RAMÓN CABANILLAS


El miercoles 11 de febrero a las 20 horas en el centro comarcal de O Salnés, en Cambados (Pontevedra), se presenta el libro "Polo Salnés con Ramón Cabanillas" de Eduardo Baamonde, y la inauguración de la exposición fotográfica con el mismo título "Polo Salnés con Ramón Cabanillas" con los fotógrafos de O Salnés:
Iñaki Abella, Quico Alvarez, Eduardo Apariz, Luis Barreiro, Mónica Irago,
Martina Miser, Emilio Moldes, Jose Luiz Oubiña,
Carlos Puga, Xaquín Rosales, Mónica Vila.

20.1.09

oito_artistas.gal


Este xoves as 20.00 hrs, inaugurase na Sala X da facultade de Belas Artes de Pontevedra a exposición oito_artistas.gal.
Permanecerá aberta ata o 27 de febreiro.
Nela expón un dos protagonistas do noso fanzine Despregable nº16 que saiu en febreiro do ano pasado, Pablo Sande (Tayo, Wom) a quen entrevistamos para a nosa sección de intervencións artísticas nas rúas.

9.1.09

apúntate ao vinte


Estamos preparando o número 20 do fanzine despregable.
Se queres formar parte da plantilla deste novo exemplar aínda estás a tempo.
Envíanos os teus textos ou imaxes á embaixadaprusiana@yahoo.es

2.1.09

FUCK COMICS #4

xa saiu o novo número de fuck comics, e este sábado farase a presentación con doble concerto na sala roxy de vigo, se seguides libres da gripe non faltedes!
Podéis encontrar más información sobre el fanzine, la fiesta y el colectivo en:
http://www.fuckcomics.tk
http://fuckcomics.blogspot.com/
http://www.myspace.com/fuckcomics





30.12.08


FELIZ 2009

23.10.08

ART FUTURA NO MARCO DE VIGO




LUGAR: Salón de actos

HORARIOS:
· xoves e venres, de 20.00 a 21.30
· sábados, de 18.00 a 21.00
NOTA/ AVISO:
§ Como excepción, o venres 24 de outubro non haberá proxeccións, por coincidir coa xornada inaugural da exposición ‘Suso Fandiño’.
§ Como excepción, o domingo 16 de novembro haberá proxeccións, por coincidir coa Festa do 6º aniversario do MARCO.

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO





15.8.08

PROXECTA 08 (VILAGARCÍA DE AROUSA)

Pasámosvos información dunha das propostas máis interesantes dentro da programación cultural de Vilagarcía, que terá lugar o 19 deste mes na alameda (se chove na praza da Pescadería). Un traballo que mestura imaxe fotográfica e son.

10.8.08

3º TORNEO DE BASKET 3X3


ANIDEGA + EMBAIXADA PRUSIANA presentan:
3º Torneo de BASKET 3x3
SÁBADO 23 de AGOSTO en CAMBADOS
NO APARCAMENTO DO PASEO MARÍTIMO DE SANTOMÉ
O luns ábrese o período de inscricións que podedes formalizar nos seguintes locales,
e nos que poderedes contemplar as bases:

-Riff Rock
-Tetuán
-Leria
-Continental

E para ir abrindo boca, déixovos coas montaxes que Chourizo Filmsrealizou das dúas edicións anteriores:
2007
2006

28.7.08

DESPREGABLE #18

Dentro de uns días sairá da imprenta o despregable #18. Moitos traballiños pasamos para sacar este número que sae, con un mes de 31 días de retraso... "all we need is time".
Neste exemplar atoparedes entrevistas sobre humor gráfico da man de Luis Davila, un buenense que xa leva tempo traballando no Faro de Vigo e que acaba de estar nas xornadas de comic de Cangas. De música temos a The Blows un grupo vigués que está a rachar en todos os festiváis, e o festival do norte, a crónica do evento. Na presentación grafitti temos a mr. mono para flipa-lo en cores. Chourizo films é de Cambados e o cine máis underground da comarca. E Juan Carballo de novo de xira cun novo poemario.

Todo isto, e moito máis en Despregable dende O Salnés para o mundo.

21.7.08

DAVIDA para o DESPREGABLE


Así é como tiñamos que ter publicado no número pasado o comic que Davida fixo para nós.
Este post fará as veces dunha "fe de erratas" e aproveitamos para darlle, públicamente, as gracias por todo!!

Para ver máis traballos de Davida pincha 3w.basuryya.blogspot.com e 3w.fuckcomics.blogspot.com

3.7.08

FESTIVAL CULTURA QUENTE (CALDAS)

Un festival gratuito que cada ano vai mellorando e variando a súa oferta musical, sen apalancarse nun estilo e sorprendendo con grupos dignos dun FIB ou un Festival do Norte.
Vaite cedo ou en transporte público para non atopar problemas de aparcamento.
Paralelo ao festival discurre o "kaldarte" no que artistas plásticos interveñen o espacio urbano coas súas creacións (previo paso por unha selección de proxectos).
Todos os que estamos preto de Caldas temos sorte!


9.6.08

DESPREGABLE #18#

A plantilla do despregable fanzine anda a tope de traballo para ter o fanzine listo para xullo.
Se tes algo que comentar, amosar, criticar, aplaudir, fotografiar, deseñar... comunicar fala con elas...

Nos vemos!


3.5.08

SALVEMOS A PANIFICADORA DE VIGO!!

dEnde Vigo chéganos esta chamada:
"Estamos recadando sinaturas para salvar a panificadora de Vigo do derrubo, por favor, facede publicidade da web de recollida de sinaturas a fin de evitar que a especulación remate con este belo edificio. Moitas grazas"