19.2.07

CASTING EN SANTIAGO

PINCHA POR QUE UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS. E UNHA IMAXE CON PALABRAS VALE MÁIS QUE 2000?

12.2.07

"ELaBoranDo o MeU dEliriO" de Juan Carballo

"ELABORANDO O MEU DELIRIO"
Será na Casa da Cultura de Vilagarcía
o venres 16 de febreiro ás 21.15 horas.

Artista convidados:
The Syndicate(Cuarteto de Jazz)
Moncho Nuñez e Karlos Abal (Cantautores) .
Ledicia Costas (Escritora)
Nuria Diaz (Montaxe Audiovisual)

mini log


5.2.07

CICLO DE CINE "ENTRE FRONTEIRAS" VIGO

NO AUDITORIO DA CASA DO CONCELLO DE VIGO (PRAZA DO REI S/N)
SESIÓNS AS 20:30
Unha selección de filmes que falan das fronteiras e dos límites xeográficos, históricos, reais ou imaxinarios; historias relacionadas cos problemas de identidade, coa integración ou marxinación social, cos conflitos fronteirizos, co nomadismo, co territorio individual e social, e os seus arredores.

PROGRAMA:
luns 5 febreiro
Camping à la Ferme, de Jean-Pierre Sinapi / Francia, 2005, 92’ cor- V.O.S.C.
luns 12 febreiro
Nomadak Tx, de Raúl de la Fuente / España, 2005, 87’ cor-V.O.S.C.
luns 19 febreiro
Todos nos chamamos Alí [Angst Essen Seele Auf], de R. W. Fassbinder / Alemaña, 1973, 93’ cor-V.O.S.C.
luns 26 febreiro
A última lúa [La última luna], de Miguel Littin / Chile, 2005, 105’ cor-V.O.S.C.

29.1.07

*****···. . . o frio da embaixada . . . ···*****

o frio ralentizou a maquinaria da embaixada e ainda estamos sen especificar contidos do próximo número do Despregable
o número 13
non hai doce sen trece, e ainda que lentos, esperamos saca-lo próximo número en febreiro
un saúdo dende a redacción


23.1.07

EXCURSIÓN MEDIO AMBIENTAL POR CAMBADOS

Chéganos outra nova refernte ao cuidado do medio ambiente, esta vez dende Cambados:


POLONOSO estase centrando na realización dun arquivo que reflexe a situación medioambiental do concello, con fichas para identificar os puntos críticos de contaminación, imaxes, videos e información.
Para isto, entre outras cousas, realizaremos unha excursión por diferentes zonas do concello para ir recopilando esta información, ademáis de pasar un día agradable, facendo deporte á vez que tomamos contacto coa natureza e coñecemos a súa problemática, tomaremos nota e ficharemos os vertedeiros incontrolados, os verquidos e as construccións que afean e perxudican as zonas naturais a través de fotografías, videos, anotacións...
(En caso de que chova, trasladarase a data para outro día. Esta vai ser a primeira de moitas saídas que nos fagan coñecer e concienciar a todos sobre a realidade medioambiental de Cambados.)

22.1.07

ACTO DE INFORMACIÓN SOBRE O VOLUNTARIADO NOS MONTES



Dende o departamento de Xuventude de Vilagarcía chéganos esta nova:
"A Concellería de xuventude e a asociación Adega levarán a cabo o vindeiro 27 de xaneiro ás 10.45 h. unha xornada de presentación do traballo do voluntariado en defensa do monte en Vilagarcía de Arousa.
Ás 12.00 h farase un percorrido polas principais zonas afectadas.
Prégase confirmación da asistencia no teléfno da Concellería de Xuventude: 986 099200 Extensión 211"

12.1.07

HANOM AUSSE


Non é novo, xa saiu o ano pasado dalgún lugar de Catoira. Non hai excusa para non ter publicado antes esta referencia, so certa deixadez e despiste, pero non ia pasar o 07 sen falar deste gran traballo (tamén recordo o anterior d.r.i.m.i.n. igualmente bo).

A reseña no blog ruido de musas

"Hanom ausse estivo xuntando anacos e restos e decidíu que era bo tempo de rematar unha etapa. Tres temas para deixar atrás e empezar de cero dende o porvir. 'Grubi Mércores' é un trip rampante po-las ponlas dos carballos que chega ós 14 minutos. Psicodelia de veigas sen niños de nespras. Que o disfruten.

1. Grubi Mércores (14:33) no Sendspace 33,07 mb
2. Hippie das veigas (5:46)
3. Non sei por qué segundos (3:00)"

Para escoitalo busca esta imaxe en http://www.aregueifa.net/

29.12.06

12.12.06

DESPREGABLE #11

O último Despregable do ano está nas librerías, pubs e tendas que se precien agardando a que as recollades por 1€. Nun principio e por causas económicas non faremos este ano o "agardado" anuario, teremos que facer bianuario o ano que ven... se é que chegamos.
A embaixada dará vacacións de nadal aos seus traballadoras/es e a ver se voltan para xaneiro... vos manteremos informados, porque aínda non as temos todas con nós.

No poster central atopades esta imaxe tomada en Rumanía por Joan Morera.

7.12.06

III MILLA SOLIDARIA


III milla solidaria
Data: 10 de decembro de 2006
Hora: 12.30
Saída: dsede o Auditorio de Vilagarcía (Rúa Elpidio Villaverde)
Percorrido: 1609 m
1 trofeo: gañador categoría masculina
1 trofeo: gañadora categoría feminina

5.12.06

XAQUÍN ROSALES NA REGUEIFA

"E unha ledicia para min ofrecervos estas “miradas dende a cuarta dimension” o meu pequeno libro de fotografias con textos da poeta salvadoreña Nora Mendez i musica de Manuel Carcache, espero que vos guste, podedes velo i descargalo en http://www.aregueifa.net.

algun dia atoparemonos, Xaquin
"


30.11.06

conciertazo gratis en santiago


CONCERTO SOLIDARIOSerá de BaldeData: 5 de decembro de 2006
Lugar: Multiusos do Sar. Santiago de Compostela
Hora: 21horas
Haberá buses gratuítos desde a Praza Roxa cada 15 minutos a partires das 20horas.

21.11.06

DESPREGABLE #11

...e non podía esperar a que saira! aquí tendes a portada.
O próximo número do fanzine ademáis de custar só 1€ ven cargadiño de entrevistas interesantes colaboradores de todas as disciplinas imaxinables e cun especial sobre o noso amado Tom Waits.
Máis info próximamente, e nunha semana estará nos kioskos, bares, pubs e discotecas ata se agotar!!
Saudos e saude!!!


17.11.06

artech 2006 en pontevedra


Para os que non vos puidestes apuntar, sempre tedes a posibilidade de ir a inauguración da mostra "conectando fronteiras", na Casa das Campás (zona vella de pontevedra) e na Sala X na Facultade de Belas Artes.

13.11.06

"SHAKE AND VIBRATE" SIXTIES WEEKEND EN OURENSE



2ª ediciòn
"Shake and Vibrate" sixties weekend
THE SUPERCOOL CLUB y BAD SEED (Asociación Recreativa Cultural) llevan más de diez años organizando actividades culturales como exposiciones, audiciones, conciertos, parties, proyecciones, en Ourense y en otras ciudades de Galicia. Hemos unido fuerzas desde la primera edición del "Shake And Vibrate" (Noviembre 2005) con el único propósito de conseguir que no dejeis de mover los pies, trayendo a nuestra ciudad lo mejorcito de la escena sixties actual, bandas y pinchadiscos, que gustosos comparten su "arte" con nosotros.
ACTIVIDADES:

VIERNES 17 NOVIEMBRE>
EN CONCIERTO:
KAISER GEORGE and THE HI RISERS( New York ,Escocia)
entrada> 10 euros
apertura puertas 21.00 h. comienzo show> 21.45 h.
sala ROCK CLUB(doctor fleming,5.OURENSE)

TOP DJ`S en acciòn en…
pub BADULAKE (praza do ferro,os viños)de 00.00 a 04.00 de la madrugada
y en ROCK CLUB de 04.30 a cierre.

SABADO 18 NOVIEMBRE >
EN CONCIERTO:
THE ANACIN(Leòn) + PIGMALIONS(Ourense)
entrada> 6 euros
apertura puertas: 21.00 h. / comienzo show: 21.30 h.
sala ROCK CLUB(doctor fleming,5.OURENSE)

TOP DJ`S en acciòn en…
pub BADULAKE (praza do ferro,os viños)de 00.00 a 04.00 de la madrugada
y en ROCK CLUB de 04.30 a cierre.

TOP DJ`S IN ACTION:
MIGUEL YGARZA (Madrid)
EMILIO "SMARTBOY" (Madrid)
CARLITOS "GAVILAN" YUGUEROS (Leòn)
NURIA " LA COBRA " SUAREZ (Leòn)
ALEX "BIG VOXXMAN" (Coruña)
SUPERCOOL DJ`S (Ourense)

Labra Sala Rock ClubC/ Dr. Fleming nº5, Ourense, 32003 Españaweb: www.rockclub.tk e-mail:
labra@rockclub.tk

9.11.06


Estrea da curta: E tí canto vales? a cargo dos /as alumnos/as do curso de curtametraxes levado a cabo pola Concellería de Xuventude de Vilagarcía.
O 10 de novembro ás 21.00 h. Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Coa actuación do grupo Tenderete

5.11.06

III XORNADAS CHÁMALLE X ((F. BB AA))


Fonte:DUVI Vigo
A exposición “Chámalle X”, que este ano acada á súa terceira edición, pretende realizar un achegamento aos artistas galegos da disciplina das accións, é dicir, creacións na que o centro da obra é o propio autor relacionándose cos espectadores nun tempo e espazo concretos. As creacións executaranse durante os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
As xornadas comezará coa presentación dos participantes do ciclo “Arte no parque”, desenvolvido durante o mes de agosto polo Centro Galego de Arte Contemporáneo. Os autores tratarán de achegar a súa visión sobre as accións levadas a cabo dentro da iniciativa, consistente na interpretación das mesmas no parque de Bonaval, en Santiago de Compostela. A continuación Andrés Senra amosará a súa performance “A tempestade” na sala de exposicións.
Unha mesa redonda en torno á figura de Pedro Garhel, un dos pioneiros no arte multimedia en España e falecido o ano pasado, inaugurará o programa do martes día 8. Na charla intervirán a artista Rosa Galindo e os comisarios de exposicións Karin Ohlenschläger e Fernando Suárez. Posteriormente terán comezo diferentes performances dos autores Ana Gil, As Tres Marías, Roi Fernández e María Cosmes.
A xornada de clausura principiará coa presentación da acción “Internet sen ordenador”, realizada por Juan Lesta e Belén Montero, integrantes do grupo DSK. O resto do programa estará composto polas performances de David Pérez, Hilario Álvarez, Rosa Galindo e Juan Hidalgo.

3.11.06