5.6.07

PROXECTO EDICIÓN encontro-feira 07

O proxecto edición consta de varias ofertas. Entre as distintas actividades, unha das máis atractivas é o encontro-feira.
Recoméndocho se es desas persoas que disfruta e devora todo tipo de revistas, fanzines e pubicacións orixinais, divertidas, independentes, a información sabrosa e fresca do extra-radio, a arte plasmada en fotocopias.
Non é unha sinxela feira de mostras para captar compradores, é un mercado de ideas, inspirador e innovador onde seguro que vas atopar algo que encenda a bombilla que temos enriba da cabeza, case sempre off, e pases uns días de felicidade regocixándote no placer do recente descubrimento.
Nós esperamos poder estar representados co noso propio stand, e ofrecerte todo o noso entusiasmo selado nesas páxinas semi-satinadas do Fanzine Despregable.
Búscanse colaboradores (cantos máis mellor).
Será para outubro, se repiten a localización do ano pasado, en Pontevedra. Vos manteremos informados en todo momento.

7 comentarios:

  1. tedes posto o meu mail no blog, de todas formas pasovos os dous que teño:
    sandman_design_and_illustration@hotmail.com

    Akeno_@hotmail.com

    vemonos

    ResponderEliminar
  2. Interesante, a ver side aqui ala dou rematado o fancine de Paxaradas :=)

    ResponderEliminar
  3. Embaixadores :) pois o proxecto do fancine e soio a recopilación das paxaradas (dunha parte,quizais as 20 primeiras) pero inda non sei como o farei :) Saudos

    ResponderEliminar
  4. ánimo é sinxelo, traballoso pero sinxelo... xa nos dirás. un saudo e saude

    ResponderEliminar
  5. Grazas :) Conto con vos para darlle difusión pasade polo blog e votadelle un ollo a unha iniciativa que me propuxeron no foro de ilustrando ;) un chisco tarde pero...;)

    ResponderEliminar
  6. hummm contade coa minha colaboraçao pra iste evento.... xa nos veremos logo xa estou libre pra faceren o que sexa asi que remate o de barsowia poñome a facer algo pra vos... e haber se quitades a coña esta da contraseña que nunca consego que me vaia a primeira :)

    ResponderEliminar

di hola